Robert Newton: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Nados en 1905 mediante HotCat
Beninho (conversa | contribucións)
m Categoría
Liña 39: Liña 39:
[[Categoría:Actores de Inglaterra]]
[[Categoría:Actores de Inglaterra]]
[[Categoría:Nados en 1905]]
[[Categoría:Nados en 1905]]
[[Categoría:Nados no condado de Dorset]]


[[ca:Robert Newton]]
[[ca:Robert Newton]]

Revisión como estaba o 1 de decembro de 2012 ás 11:00

Robert Newton, nado en Shaftesbury, Dorset, o 1 de xuño de 1905 e finado en Los Angeles o 25 de marzo de 1956, foi un actor inglés.

Traxectoria

A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.

Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.

Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham O baixel da ira: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).

Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.

Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.

Filmografía

Véxase tamén

Ligazóns externas