Coello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: th:Oryctolagus
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 52: Liña 52:


[[Categoría:Lagomorfos]]
[[Categoría:Lagomorfos]]
[[Categoría:Especies invasoras]]


[[an:Oryctolagus cuniculus]]
[[an:Oryctolagus cuniculus]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2012 ás 15:37

Coello
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Lagomorpha
Familia: Leporidae
Xénero: Oryctolagus
Nome científico
Oryctolagus cuniculus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero lagomorfo, da familia dos Lepóridos, que existe en estado salvaxe, habendo tamén moitas subespecies domesticadas en case todo o planeta. Útil ás persoas pola súa carne, usada como alimento, e pola pel, usada para confeccionar vestiario. Crese popularmente que a pata de coello é un amuleto de boa sorte. Hoxe en día é tamén frecuente criar coellos como animais de compañía.

Os coellos distínguense das lebres por seren altriciais [1]

O tamaño dos coellos é variábel. Como todos os lagomorfos, posúen catro incisivos na mandíbula superior e dous na inferior que medran continuamente durante a súa vida. Nisto diferéncianse dos roedores, que posúen dous incisivos tanto na superior como na inferior. Os coellos teñen orellas longas, patas posteriores grandes e colas pequenas e suaves. Desprázanse saltando, para o que utilizan as súas poderosas patas posteriores. Para facilitar o movemento rápido estas se achan revestidas dunha cuberta grosa de pel que amortece o impacto dos pulos rápidos. Dependendo da especie poden atinxir unha velocidade de 15-20 m/s. Os coellos novos (cazapos, cazapellos ou láparos) parecen "camiñar" en vez de saltar.

Os coellos escavan redes de túneles, ou tobos ou coelleiras, nas que permanecen a maior parte do tempo.

O coello na cultura

O coello é un animal presente na cultura popular como símbolo de fertilidade e asociado tamén á Pascua. Polo seu carácter de animal de presa parece que se presta como símbolo da inocencia e do ser que non desexa mal para outros. Ademais, utilízase con frecuencia como símbolo de sexualidade, baseada precisamente na imaxe de inocencia xunto coa súa reputación como enxendrador (como o logotipo da revista Playboy).

Tamén é un arquetipo popular do trampulleiro, que utiliza o seu enxeño para vencer os seus inimigos, como aparece nas fábulas centroeuropeas e no personaxe de Bugs Bunny. Ademais deste último, teñen aparecido moitos outros coellos antropomórficos na literatura, como o Coello Branco das aventuras de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll e nas novelas de Beatrix Potter.

Un dos doce animais do Zodíaco chinés é un coello.

Disque as patas de coellos traen sorte, polo que se levan como amuleto.

Na tradición xaponesa, os coellos viven na Lúa, onde fan mochi, un petisco a base de arroz. Esta idea parte da interpretación visual dos mares da lúa como un coello de pé nas puntas dos pés mirando cara a esquerda e traballando cunha manteigueira.

O coello na cultura popular galega

En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño durmirá despois cos ollos abertos.

  • Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
  • ¡Inda o demo ten cara de coello!
  • Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
  • O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
  • Ó abade vello, polos e coello.
  • Ó coello fuxido, consello vido.
  • Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.

Notas

  1. Chámanse altriciais ás crías que nacen cegas, practicamente sen pelo e cunha mobilidade moi limitada, necesitando un largo proceso de aprendizaxe. Cando as crías nacen xa desenvolvidas se denominan precociais.

Véxase tamén