Literatura copta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 2711631 de 146.216.2.66 (conversa) rv. vandalismo
Liña 13: Liña 13:


Unha característica da literatura copta son os tratados populares, presentes en todo tipo de textos, grazas aos que se coñecen obras do [[gnosticismo]] (''Manuscritos de Nag Hammadi'') e do [[maniqueísmo]] (homilías, ''Kephaliaia'', os ''Salmos de Tomé'', etc.).
Unha característica da literatura copta son os tratados populares, presentes en todo tipo de textos, grazas aos que se coñecen obras do [[gnosticismo]] (''Manuscritos de Nag Hammadi'') e do [[maniqueísmo]] (homilías, ''Kephaliaia'', os ''Salmos de Tomé'', etc.).

==Literatura copta==
*[[Wolfgang Kosack]] Der koptische Heiligenkalender. Deutsch - Koptisch - Arabisch nach den besten Quellen neu bearbeitet und vollständig herausgegeben mit Index Sanctorum koptischer Heiliger, Index der Namen auf Koptisch, Koptische Patriarchenliste, Geografische Liste. Christoph Brunner, Berlin 2012, ISBN 978-3-9524018-4-2.



[[Categoría:Literatura]]
[[Categoría:Literatura]]

Revisión como estaba o 29 de novembro de 2012 ás 14:51

A literatura copta é unha das literaturas cristiás de Oriente, escrita en copto, lingua que é a fase máis recente do antigo exipcio.

Características

A literatura copta desenvolveuse a partir do século II coa expansión do cristianismo nun Exipto cuxa cultura tradicional estaba a esmorecer. Ten trazos comúns, polo tanto, coas literaturas siríaca, etíope, armenia e xeorxiana, xa que todas naceron pola necesidade de traducir tanto a Biblia como a liturxia cristiá, que na altura só eran accesíbeis en grego.

O desenvolvemento desta literatura influíu de xeito decisivo na separación da igrexa exipcia (monofisita) da de Bizancio (ortodoxa), contribuíndo á reacción nacionalista-relixiosa ao dominio político, relixioso e lingüístico do Imperio Romano de Oriente. Nas súas orixes atópanse versións de obras cristiás gregas e, con efecto, moitas destas coñécense hoxe grazas exclusivamente ás súas traducións ao copto. A literatura copta coñécese aínda mal, debido á pillaxe sufrida polos mosteiros e bibliotecas, e á grande cantidade de material aínda inédito. O que resta son fundamentalmente textos cristiáns, aínda que fican bastantes gnósticos e maniqueos.

O primeiro traballo acometido foi a tradución da Biblia, da que non se conservan versións completas, senón só reconstrucións dalgúns libros e un Novo Testamento. A literatura copta propiamente comeza cos "apócrifos", numerosas adaptacións libres do grego ou textos orixinais, escritos en ton lúdico e esaxerado. A maioría son relatos dos Feitos dos Apóstolos ou Evanxeos novos, cheos de milagres e acontecementos prodixiosos. Hai tamén un Apocalipse imaxinativo (non se pretendía transmitir un dogma exacto), que abunda nas atrocidades infernais e nas delicias paradisíacas. Redactáronse moitas vidas de santos e "apotegmas", episodios moralizantes breves que ilustran unha máxima producida por un santo. Estes textos apócrifos resultan estereotipados e inxenuos.

Descoñécese o nome da maior parte dos escritores coptos. Os de maior relevancia foron Pancomio (292-346), fundador dos mosteiros do Alto Exipto, e Scenutes (-451 aprox.).

Consérvanse fragmentos de dous textos novelescos laicos: unha historia de Alexandre Magno e outra da conquista de Exipto por Cambises, o derradeiro testemuño das pegadas do Exipto faraónico.

Unha característica da literatura copta son os tratados populares, presentes en todo tipo de textos, grazas aos que se coñecen obras do gnosticismo (Manuscritos de Nag Hammadi) e do maniqueísmo (homilías, Kephaliaia, os Salmos de Tomé, etc.).