Valente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de [[Xuliano]]. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o [[Credo de Nicea]]. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por [[Procopio]], un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en [[Tracia]] e [[Asia Menor]], Valente conseguiu derrotar a Procopio en [[Thyatria]] ([[Lidia]]) en [[366]], executando ao rebelde o [[27 de maio]] do mesmo ano.
Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de [[Xuliano]]. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o [[Credo de Nicea]]. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por [[Procopio]], un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en [[Tracia]] e [[Asia Menor]], Valente conseguiu derrotar a Procopio en [[Thyatira]] ([[Lidia (provincia romana)|Lidia]]) en [[366]], executando ao rebelde o [[27 de maio]] do mesmo ano.


De [[366]] a [[369]] Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos [[terwingos]] que apoiaran a Procopio.
De [[366]] a [[369]] Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos [[terwingos]] que apoiaran a Procopio.

Revisión como estaba o 27 de novembro de 2012 ás 11:38

Sólido romano coa efixie do emperador Valente

Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.

Traxectoria

Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatira (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.

De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.

Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.

Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.

Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópolis, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.

Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.

Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano I
Valente
Precede a:
Graciano
Dinastía Valentiniana-Teodosiana