Testamento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: be:Завяшчанне
MastiBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: hi:इच्छापत्र
Liña 49: Liña 49:
[[fr:Testament (droit)]]
[[fr:Testament (droit)]]
[[he:צוואה]]
[[he:צוואה]]
[[hi:इच्छापत्र]]
[[hr:Oporuka]]
[[hr:Oporuka]]
[[hu:Végrendelet]]
[[hu:Végrendelet]]

Revisión como estaba o 26 de novembro de 2012 ás 14:41

Un testamento é o documento mediante o cal o testador (persoa que outorga testamento) expón a súa vontade de establecer o futuro das súas propiedades mortis causa (expresión latina que quere dicir "por causa da morte") e explica a forma en que se ha de dividi-la súa herdanza e a quen se lle ha de entregar cada parte. No testamento, o testador debe designar ós herdeiros, persoas que ademais de recibir unha porción das propiedades do defunto, xestionan a sucesión. Ademais de todo o dito, o testador ten a posibilidade de asignar a herdeiro ou a cada legatario unhas cuotas, de tal forma que reciban unha parte das propiedades sen especificar cales.

Clases

En España o Dereito civil común establece (á marxe dos testamentos especiais) tres clases de testamentos:

  • O testamento hológrafo é o escrito do puño e letra do testador, non podendo estar escrito por ningún medio mecánico. Esta clase de testamento non debe ser presentado ante notario, aínda que posteriormente á morte debese constatar que está conforme a Dereito.
  • O testamento notarial pechado é o que o testador presenta ante notario xa elaborado, sen que este saiba o seu contido. Este tipo de testamento pode ser elaborado por medios mecánicos, aínda que en tal caso o testador debe asinar en todas e cada unha das páxinas. Así mesmo, o testador debe asinar tódalas páxinas cando, non sabendo escribir, encarga a outro que llo escriba.
  • O testamento notarial aberto é aquel redactado polo notario de acordo coa vontade do testador. É o máis habitual. Queda rexistrado nos arquivos da notaría.

Outros testamentos

Outros testamentos, non recoñecidos polo dereito sucesorio común, son:

  • O testamento mancomunado propio do costume galego e incorporado á Lei de Dereito civil de Galicia, é o outorgado por varias persoas na mesma escritura ante notario, na mesma forma que o testamento aberto. O testamento mancomunado regulado en Galicia corresponde aos cónxuxes que testan conxuntamente. Neste caso pódense incluír disposicións correspectivas, que son aquelas nas que os testadores dispoñen dun ben común para o supervivente á morte do outro.
  • O testamento por comisario é aquel no que o testador delega a capacidade de testar noutra persoa, habitualmente o cónxuxe, mediante escritura pública na que ademais pode imporlle ó comisario algunhas condicións, tales como a duración da delegación, a disposición de certos bens, a institución obrigatoria de herdeiros etc.

Requisitos para testar

Cando se outorga testamento notarial, deben acudir dúas testemuñas ó outorgamento cando:

  • O requiran o notario ou o testador.
  • O testador sexa cego ou demente en intervalo lúcido.

En España están impedidos para testar, entre outros, os menores de 14 anos e os que non están en pleno uso das súas facultades mentais. Non obstante, o feito de que os menores de idade poidan testar é bastante pouco común, sendo o límite máis común o da maioría de idade.

Executores do testamento

Son aquelas persoas ás que o testador encarga na escritura testamentaria o feito de levar a cabo, tanto administrativa como realmente, as disposicións incluídas no testamento. Non tódalas figuras están recoñecidas por tódolos sistemas de dereito de sucesións, nin todas poder ter cabida en tódolos tipos de testamentos. Entre eles cóntase:

Os testamenteiros son persoas ás que o testador encarga no testamento que realicen determinadas funcións á súa morte, tales como paga-lo enterro e o funeral, se o houber, sufraga-los legados en metálico, contactar cos herdeiros, etcétera.

O testador pode establecer con respecto ó cargo de testamenteiro:

  • Que quen o exerza reciba uns honorarios.
  • Que varias persoas o exerzan de maneira mancomunada.

Asemade, en previsión de que o testamenteiro abandone renuncie ó seu cargo, ou sexa cesado, pode determinar unhas persoas como substitutas. En todo caso, aínda sendo voluntario exercer de testamenteiro, o que renuncie perderá os seus dereitos na herdanza, excepto disposición en contrario do testador.