Bermudas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m r2.7.2) (Bot: Cambio ckb:بەرموودا por ckb:بێرمیوودا
Liña 118: Liña 118:
[[bs:Bermudi]]
[[bs:Bermudi]]
[[ca:Bermudes]]
[[ca:Bermudes]]
[[ckb:بەرموودا]]
[[ckb:بێرمیوودا]]
[[cs:Bermudy]]
[[cs:Bermudy]]
[[cy:Bermuda]]
[[cy:Bermuda]]

Revisión como estaba o 24 de novembro de 2012 ás 14:03

Modelo:País Bermuda é un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forma parte do Territorio Británico de Ultramar. A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra de Bermuda en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

Historia

Descubertas polo español Juan de Bermudez, baixo o mandato británico obtiveron pronto grande autogoberno, establecendo o sistema lexislativo en 1620, o que o converte nun dos máis antigos do mundo.

A principios do século XX, cando o transporte moderno e os sistemas de comunicación desenvolvéronse, as Bermudas fixéronse un destino popular para turistas estadounidenses, británicos e canadenses ricos. Ademais, a tarifa decretada polos Estados Unidos en 1930 danou o comercio agrícola de exportación - principalmente de verduras frescas cos Estados Unidos - estimulando con iso o desenvolvemento da industria turística no territorio de ultramar, que, tras o comercio internacional, é a segunda en importancia económica da illa.

Durante a Segunda Guerra Mundial, as Bermudas adquiriron importancia como base militar debido á súa posición estratéxica no Océano Atlántico. En 1941, os Estados Unidos asinaron un acordo de préstamo-arriendo co Reino Unido dando aos británicos os destrutores do exército estadounidenses dabondo a cambio de dereitos de arriendo durante 99 anos para establecer bases navais e aéreas en Bermudas[Cómpre referencia]. As bases consistían en 5´8 km² de terra en gran parte reclamada ao mar. A Estación Aérea Naval estadounidense estaba sobre a Illa de Saint David, mentres o seu Anexo achábase ao final occidental da illa no Gran Fondeadero.

Desde o 1 de setembro de 1995, ambas as bases foron clausuradas, dado que eran bases británicas e canadenses na illa. As cuestións sen resolver acerca da retirada en 1995 das forzas estadounidenses - relacionadas principalmente con factores ambientais - atrasaron a volta formal das terras baixas ao Goberno de Bermudas. Os Estados Unidos formalmente devolveron as terras das súas bases en 2002.

Goberno e Política

Poder Executivo: A autoridade máxima é a Xefa de Estado, a raíña Isabel II do Reino Unido, representada en Bermuda polo gobernador John Vereker. O poder executivo local está a cargo do primeiro ministro Ewart Brown e o seu gabinete.

Poder Lexislativo: Bermudas posúe un sistema parlamentario bicameral. O senado componse de 11 membros, 5 deles son elixidos polo primeiro ministro, 3 polo líder da oposición e tres polo gobernador. A Asemblea está constituída por 40 membros elixidos por voto directo cada cinco anos. O primeiro ministro nomea o gabinete coa aprobación do gobernador.

Poder Xudicial: O máximo organismo é a Corte Suprema.

Partidos Políticos:

  • Partido Ambientalista (AP)
  • Partido Laborista Progresista (PLP)
  • Partido Nacional Liberal

Bermudas divídese en 3 departamentos e 15 municipios.

Economía

Artigo principal: Economía de Bermudas.

Demografía

54,8% da poboación é de raza negra, 34,1% branca e 6.4% multirracial. As illas teñen unha pequena, pero crecente, comunidade de asiáticos. Unha porción significativa da poboación é tamén descendente de portugueses(10%) como resultado da inmigración de habitantes das illas que pertencen ou pertencían a Portugal, en especial das Illas Azores, durante os últimos 160 anos.

Mapa de Bermudas

Cultura

Festas
Data Nome en galego Nome local
1 de xaneiro Ano Novo New Year's Day
24 de maio Día de Bermuda Bermuda Day
2º luns de xuño Aniversario da Raíña Queen's Birthday
Xoves antes o 1º luns en agosto Día da Emancipación Emancipation Day
Venres antes do 1º luns de anosto Somer's Day
1º luns de setembro Día do traballo Labour Day
11 de novembro Día do Recordo Remembrance Day
25 de decembro Día de Nadal Christmas Day
26 de decembro Boxing Day