Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Zamora -> Zamora, España; arranxiños
Liña 8: Liña 8:


==Conquista de Coimbra==
==Conquista de Coimbra==
A conquista de [[Coimbra]] non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] [[Muhammad I]] reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.
A conquista de [[Coimbra]] non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de [[Córdoba, España|Córdoba]] [[Muhammad I]] reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.


Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada [[reconquista]] cristiá, chegando ata o [[río Mondego]], nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de [[Burgos]] e no que [[Zamora, España|Zamora]] non se pode dar como repoboada ata o ano [[893]].
Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada [[reconquista]] cristiá, chegando ata o [[río Mondego]], nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de [[Burgos]] e no que [[Zamora, España|Zamora]] non se pode dar como repoboada ata o ano [[893]].

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2012 ás 11:31

Hermenexildo Guterrez foi un líder da nobreza galega do século IX, fillo de Gutier Aloitez e a súa muller Elvira.

Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.

Aparece por primeira vez citado no ano 869, cando actúa como xuíz ao lado do seu sogro, -o conde Gaton do Bierzo- na resolución de preitos derivados da organización do territorio berciano. Na década de 870 aparece documentado como membro do Consello Real do monarca oventese. Ademais, desde o ano 873 é conde de Tui e Portucale (Porto). No ano 878 recupera por asalto coas súas tropas galegas a cidade fortificada de Coimbra, a máis meridional do reino de Galiza e que dependía desde o século VIII do Emirato de Córdoba.

Conquista de Coimbra

A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristián máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.

Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista cristiá, chegando ata o río Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmá, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.

Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social galego-cristián ao sur do río Douro. Este espazo tan avanzado xeograficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía, o condado Coimbricense, que xunto co Portucalense, serían o xermolo do futuro Reino de Portugal.

Dux de Galicia

Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca ovetense. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuíu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.

No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).

Liñaxe real

No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei galaico Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).

Liñaxe e descendencia

Foi fillo de Gutier Aloitez (810 - 875), Conde de Coimbra e de Elvira Anzures. Casou cerca do ano 860 con Hermesinda Gatoniz (? - 840) - filla de Gaton Ramirez Conde do Bierzo e de Exilona - coa que tivo os seguintes fillos:

  1. Gudilona Menendiz (862 -?).
  2. Árias Menendiz ou Arias Mendes (911-924).
  3. Elvira Menendiz (864 - Outubro de 921).
  4. Gutier Menendiz (880 - 933).
  5. Inderquina Menendiz (? – 947).
  6. Aldonza Menendiz (882-942).