Kaaba: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Cambio he:קעבה por he:כעבה
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: de:Kaabade:Al-Kaʿba
Liña 43: Liña 43:
[[cs:Ka'ba]]
[[cs:Ka'ba]]
[[da:Ka'ba]]
[[da:Ka'ba]]
[[de:Kaaba]]
[[de:Al-Kaʿba]]
[[dv:ކަޢުބާ]]
[[dv:ކަޢުބާ]]
[[el:Κάαμπα]]
[[el:Κάαμπα]]

Revisión como estaba o 22 de novembro de 2012 ás 00:22

Un peregrín realiza unha oración preto da Kaaba

Kaaba (árabe: الكعبة ou Al Ka'abah Al Musharafah : الكعبة المشرًّفة tamén: al-Bait ul Ateeq البيت العتيق e al-Bait ul Haram البيت الحرام) é unha construción reverenciada polos musulmáns, na mesquita sagrada de Masjid al-Haram na Meca, e é considerado polos devotos do Islam como o lugar máis sagrado do mundo, localizada nas coordenadas 21°25'24"M e 39°49'24"E.

A Kaaba é unha construción cúbica de 15,24 m de altura e está cercada por muros de 10,67 m e 12,19 m de altura. Está permanentemente coberta por unha manta escura con bordados dourados que é regularmente substituida. No seu interior aópase a Pedra Negra (Hajar-ul-Aswad), unha pedra escura de preto de 50 cm de diámetro, considerada unha das reliquias máis sagradas do Islam. É probabelmente o resto dun meteorito.

A Kaaba é o lugar máis sagrado do Islam, e centro das peregrinacións (hajj), e é para onde se vira o devoto musulmán durante os seus rezos diarios (salat).

No período pagán, a Kaaba probabelmente simbolizaba o sistema solar, abrigando 360 ídolos, sendo así unha representación zodiacal. Cando o profeta Mahoma repudiou todos os deuses pagáns e proclamou un Deus único, Alá, a Kaaba pasou de ser un centro de perigrinación pagá a un centro da nova fe.

O edificio foi varias veces restaurado, sendo a actual construción datada no século VII, substituindo a máis antiga que foi destruida no cerco de Meca en 683.

Segundo algunhas lendas islámicas, a Kaaba foi construida por Adán para adorar ao Señor Deus. Segundo o Corán, os fundamentos da Kaaba estableceunos Abraham, que recibiu a pedra negra do anxo Gabriel.

Hoxe, a Kaaba representa a casa de Deus. Para o musulmán, que se volta cara ela nas súas preces diarias, representa non só o centro do mundo, senón o centro do propio universo.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas