A Gándara, Narón, Narón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
edición
→‎Poboación: táboa poboación da gándara
Liña 31: Liña 31:
==Poboación==
==Poboación==
Segundo datos do [[Instituto Galego de Estatística]] tiña 7.161 habitantes no ano [[2007]] dos cales eran 3.484 homes e 3.677 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano [[2003]] cando contaba con 6.488 habitantes. É o barrio máis populoso de Narón.
Segundo datos do [[Instituto Galego de Estatística]] tiña 7.161 habitantes no ano [[2007]] dos cales eran 3.484 homes e 3.677 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano [[2003]] cando contaba con 6.488 habitantes. É o barrio máis populoso de Narón.

<center>
<timeline>
Colors=
id:AA value:green
id:AE value:blue
id:lightgrey value:gray(0.9)
id:darkgrey value:gray(0.8)
id:sfondo value:rgb(1,1,1)
id:barra value:rgb(0.6,0.7,0.8)

ImageSize = width:600 height:300
PlotArea = width:500 height:200 left:60 bottom:45

DateFormat = yyyy
Period = from:0 till:7200


ScaleMajor = unit:year increment:1000 start:0

TimeAxis = orientation:horizontal
AlignBars = justify
ScaleMajor = gridcolor:darkgrey increment:1000 start:0
ScaleMinor = gridcolor:lightgrey increment:500 start:0
BackgroundColors = canvas:sfondo

PlotData=
width:50 mark:(line,white) align:left fontsize:12

bar:2007 from:0 till:7161 color:AA
bar:2003 from:0 till:6488 color:AE

PlotData=

bar:2007 at:7161 fontsize:XL text: 7.161 shift:(-60,-5)
bar:2003 at:6488 fontsize:XL text: 6.488 shift:(-60,-5)

TextData=
pos:(200,150) text: Evolución da poboación da Gándara.
</timeline>
</center>


==Imaxes da Gándara==
==Imaxes da Gándara==

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2012 ás 02:34

Coordenadas: 43°29′34.02″N 8°12′1.74″O / 43.4927833, -8.2004833

A Gándara

Praza da Gándara.
ParroquiaNarón
ConcelloNarón
Coordenadas43°29′34″N 8°12′02″O / 43.492783333333, -8.2004833333333Coordenadas: 43°29′34″N 8°12′02″O / 43.492783333333, -8.2004833333333{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Poboación7.161 hab. (2007)
editar datos en Wikidata ]

A Gándara é un barrio de Narón no concello de Narón na provincia da Coruña. Está situado no sur do concello e os seus límites son:

Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de Santiago Apóstolo. Esta parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a do Couto.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Historia

A ocupación máis antiga da zona na que hoxe está A Gándara atopouse en Lóngaras nun cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal Andrés Pena Graña. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual.

A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construción dunha ponte sobre a ría de Xuvia. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada AP-9. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o río Inxerto que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.

A construción da ponte das Pías supuxo o inicio do medre da Gándara como cidade dormitorio acollendo a unha onda de traballadores que se achegaban cas súas familias pola proximidade a Ferrol. A finais dos anos 1980 talouse toda a Gándara. Ata entón, dende a beira do mar ata a liña do ferrocarril era un monte principalmente de piñeiros. Aínda pódese ver unha pequena faixa verde dende O Colmeote ata a estrada da Gándara que lembra como era a Gándara entón. A Gándara eran dous topónimos: A Gándara de Abaixo (a zona máis próxima á estrada da Gándara) e a Gándara de Arriba (a parte próxima á rúa Concepción Arenal), as zonas onde concentrábase a poboación. O medre urbanístico entre as dúas zonas e a indefinición dos límites unificou A Gándara como topónimo nos anos 1990. A principios dos anos 1970 o colexio que había na Gándara era o de Santiago Apóstolo. Colexio de pago e no que os alumnos ían de uniforme. Posteriormente inaugurouse o do Feal, colexio público e gratuíto. Despois inaugurouse o colexio de A Solana e máis tarde o da Gándara.

A entrada de España na CEE trouxo imposta a reconversión naval. Como alternativa industrial construiuse o polígono da Gándara para acoller empresas alternativas ao naval. Unha parte do polígono está en Ferrol. Durante anos o polígono estivo baleiro. A chegada do hipermercado Alcampo iniciou o troco do nome e do uso. Pequenas empresas de servizos e comerciais comezaron a asentarse alí. Pasouse de Polígono Industrial da Gándara a Polígono da Gándara sen máis. Esta nova actividade encheu o polígono de concesionarios de coches, empresas de servizos e ata algunha industria que aproveitou para trasladarse alí como Fenya ou crearse con subvencións como Poligal. En terreos do polígono construiuse o Pavillón da Gándara e a Piscina municipal. A Gándara pasou de cidade dormitorio a centro de servizos. A apartura de Odeón en 2002 supuxo outro fito no crecemento do barrio.

Poboación

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 7.161 habitantes no ano 2007 dos cales eran 3.484 homes e 3.677 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando contaba con 6.488 habitantes. É o barrio máis populoso de Narón.

Imaxes da Gándara

Lugares e parroquias

Lugares de Narón

Barrios de Narón no concello de Narón, na provincia da Coruña

O Alto do Castiñeiro | O Couto | A Gándara | Piñeiros | A Solaina | Xuvia

Parroquias de Narón

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)