Ángel Pestaña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Solidaridad Obrera (periódico)
m poño foto
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Quemades, Seguí i Pestaña.jpg|250px|miniatura|[[Salvador Quemades]], Seguí (no medio) e Ángel Pestaña (a dereita).]]

''' Ángel Pestaña''', nado en Santo Tomás de Ollas, [[Ponferrada]], [[Provincia de León|León]], o [[14 de febreiro]] de [[1886]] e finado en [[Barcelona]] o [[11 de decembro]] de [[1937]], foi un [[Anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] e posteriormente Deputado ás Cortes.
''' Ángel Pestaña''', nado en Santo Tomás de Ollas, [[Ponferrada]], [[Provincia de León|León]], o [[14 de febreiro]] de [[1886]] e finado en [[Barcelona]] o [[11 de decembro]] de [[1937]], foi un [[Anarcosindicalismo|anarcosindicalista]] e posteriormente Deputado ás Cortes.



Revisión como estaba o 20 de novembro de 2012 ás 22:27

Ficheiro:Quemades, Seguí i Pestaña.jpg
Salvador Quemades, Seguí (no medio) e Ángel Pestaña (a dereita).

Ángel Pestaña, nado en Santo Tomás de Ollas, Ponferrada, León, o 14 de febreiro de 1886 e finado en Barcelona o 11 de decembro de 1937, foi un anarcosindicalista e posteriormente Deputado ás Cortes.

Traxectoria

Orfo de pai desde moi novo, e sen chegar a coñecer á súa nai, viuse na obriga de gañarse a vida desde moi pequeno como reloxeiro. Con quince anos foi encarcerado durante tres meses en Sestao por unhas declaracións espontáneas nun mitin.

Tras viaxar polo norte de África e Francia, Pestaña estableceuse en Cataluña, converténdose nun activista anarquista local. Participou no congreso da Confederación Nacional do Traballo de 1918, sendo elixido por unanimidade como o redactor-xefe de Solidaritat Obrera, periódico da organización. Baixo a súa dirección, o periódico fixo unha campaña moi ofensiva contra a forza local da policía, acusando ó seu líder de estar a soldo da Alemaña imperial.

O 2 de abril de 1919, despois de que as protestas de La Canadiense sacudisen Cataluña, foi arrestado e detido e o periódico prohibido. Foi á Rusia bolxevique en marzo de 1920, para presentarse na Segunda Internacional e nas sesións preliminares da Internacional Sindical Vermella, coñecendo a Lenin, Trotski, Grigory Zinoviev, Karl Radek e outros líderes bolxeviques. Ó regreso foi detido outra vez.

Xunto ó seu mentor Salvador Seguí, Pestaña opúxose ós actos terroristas defendidos e realizados por outros membros da CNT. En agosto de 1922 foi vítima dun intento de asasinato mentres daba un discurso en Manresa, como parte das medidas de represión violenta tomadas polas autoridades españolas. A indignación que causou a través de España a noticia deste feito provocou a destitución de varios cargos gobernamentais, así como a fin da lexislación que validara o asasinato de activistas sindicalistas.

Despois de que Seguí caera vítima dun asasinato, Pestaña seguiu sendo a principal figura da CNT moderada. Esta postura fixo que se opuxera, xunto a Joan Peiró, a tódolos intentos por parte da FAI (fundada en 1927) de controlar a CNT durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera.

Despois da proclamación da Segunda República en 1931, o conflito entre Pestaña e a FAI profundizouse: Pestaña iniciou a aplicación do Manifesto dos Trinta, unha condena clara das tácticas da FAI, co que conseguiu ser expulsado da CNT en agosto. Fundou o Partido Sindicalista a finais de 1932.

O partido adheriuse á Fronte Popular, e Pestaña foi elixido para as Cortes Xerais nunha plataforma de fronte en 1936, como un dos dous representantes do partido (obtivo un escano por Cádiz). En outubro, xa iniciada a Guerra Civil, foi designado subcomisionado xeral para a guerra, pero tivo que dimitir por motivos de saúde en decembro. Morreu pouco despois, desintegrándose axiña o seu partido.

Obra

  • Terrorismo en Barcelona (Escrito en 1923 e publicado en 1979).
  • Setenta días en Rusia (1924).
  • Lo que aprendí en la vida (1933).
  • Por qué se constituyó el Partido Sindicalista (1935).
Predecesor:
Joan Peiró
Progreso Alfarache
Secretario Xeral da CNT
1929 - 1929
1930 - 1932
Sucesor:
Juan López
Manuel Rivas