Festa Nacional de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: es:Fiesta nacional de España
EmausBot (conversa | contribucións)
Liña 18: Liña 18:
[[es:Fiesta nacional de España]]
[[es:Fiesta nacional de España]]
[[eu:Espainiako Egun Nazionala]]
[[eu:Espainiako Egun Nazionala]]
[[fr:Jour de l'Hispanité]]
[[fr:Jour de l'hispanité]]
[[ro:Ziua Hispanității]]
[[ro:Ziua Hispanității]]

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2012 ás 21:12

Ofrenda floral en Zaragoza á Virxe do Pilar -Patrona de Aragón- o Día da Hispanidade de 2004.

A Festa Nacional de España ou Día da Hispanidade (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español.

Celebración

A celebración ten lugar cada 12 de outubro, onde se celebra un desfile militar na Praza de Colón de Madrid no que asisten o Rei xunto á Familia Real e os representantes máis importantes de todos os poderes do Estado, ademais da maioría dos presidentes das autonomías españolas.

O Descubrimento de América en 1492 foi transcendental para o país iniciando un período de imposición lingüística e cultural en América. Todo iso ocorreu nunha época onde estaba finalizando o proceso de construción do Estado actual, coa integración dos diferentes reinos peninsulares nun único reino.

Coa chegada de Cristovo Colón a América haberá un período de conquistas as cales darán froito ao nacemento do Imperio Español, imperio que duraría desde o ano 1492 ata o ano 1898.