César Rodríguez Álvarez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{InfFut2 | nome_xogador = Cesar | imaxe = | pé = | nome_completo = Cesar Rodríguez Álvarez | nacemento = [[29 de xuño]..."
 
Anton45 (conversa | contribucións)
Liña 73: Liña 73:
==Traxectoria==
==Traxectoria==
===Como xogador===
===Como xogador===
Formouse no ''Frente de Juventudes de León'' e no ano [[1939]] fichou polo [[FC Barcelona]] pero este cederiao a mediados da primeira tempada ao [[CE Sabadell]] e os dous anos seguintes o [[Granada CF]] xa que tiña que cumplir o [[Servizo militar]] en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de [[Segunda División Española|Segunda División]] e a xogar en [[Primeira División Española|Primeira]].
Formouse no ''Frente de Juventudes de León'' e no ano [[1939]] fichou polo [[FC Barcelona]] pero este cederiao a mediados da primeira tempada ao [[CE Sabadell]] e os dous anos seguintes o [[Granada CF]] xa que tiña que cumprir o [[Servizo militar]] en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de [[Segunda División Española|Segunda División]] e a xogar en [[Primeira División Española|Primeira]].


Unha vez de volta en [[Barcelona]] fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou dez trofeos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo e Copas Latinas. Tamén se proclamou pichichi co club catalán na tempada [[1948]]-[[1949|49]].
Unha vez de volta en [[Barcelona]] fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou dez trofeos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo e Copas Latinas. Tamén se proclamou pichichi co club catalán na tempada [[1948]]-[[1949|49]].

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2012 ás 22:17

Modelo:InfFut2 Cesar Rodríguez Álvarez, nado o 29 de xuño de 1920 en León e finado o 1 de marzo de 1995 en Barcelona foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de dianteiro. Irmán do tamén futbolista Ricardo Rodríguez Álvarez.

Traxectoria

Como xogador

Formouse no Frente de Juventudes de León e no ano 1939 fichou polo FC Barcelona pero este cederiao a mediados da primeira tempada ao CE Sabadell e os dous anos seguintes o Granada CF xa que tiña que cumprir o Servizo militar en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de Segunda División e a xogar en Primeira.

Unha vez de volta en Barcelona fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou dez trofeos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo e Copas Latinas. Tamén se proclamou pichichi co club catalán na tempada 1948-49.

Deixou o Barcelona no ano 1955 e tras xogar no Cultural Leonesa e no Perpignan retirouse xogando no Elche CF, sendo na última tempada xogador-adestrador, e subindo ao equipo dende a Terceira División a Primeira en so tres anos e proclamándose campión de Terceira e Segunda División.

Ca Selección de fútbol de España disputou un total de 13 encontros entre os anos 1945 e 1952, marcando seis goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

As súas cifras anotadoras levarono a ser o máximo goleador do FC Barcelona en encontros oficiais ata o 20 de marzo de 2012 cando o superou o arxentino Lionel Messi.

Como adestrador

Tras o gran éxito colleitado co Elche CF a quen deixou en Primeira División fichou polo Real Zaragoza para aos tres anos dirixir ao FC Barcelona. De ahi pasaría ao RCD Mallorca en 1965 con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo Celta de Vigo. En Vigo supliría a Rafael Yunta que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituido por Pepe Villar.

En 1967 ficha polo Real Betis Balompié pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano.

En Segunda División pasou por Mallorca e Hércules CF antes de retirarse no UE Sant Andreu.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Perfíl en Bdfútbol