Convención sobre configuración: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
intento arranxar os contidos coa axuda de en.wp; retiro o marcador {{Atención}} (estaría ben que alguén con coñecementos disto revisase máis polo miúdo)
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''convención sobre configuración''' (tamén coñecida como '''programación por convención''') é un [[paradigma de deseño]] de [[software]] que busca reducir o número de decisións que os desenvolvedores deben tomar, gañando en simplicidade, aínda que non necesariamente perdendo flexibilidade.
A '''convención sobre configuración''' (tamén coñecida como '''programación por convención''') é un [[Paradigma de programación|paradigma de deseño]] de [[software]] que busca reducir o número de decisións que os desenvolvedores deben tomar, gañando en simplicidade, aínda que non necesariamente perdendo flexibilidade.


Cando a convención introducida por unha ferramenta coincide co comportamento desexado, non é necesario escribir ficheiros de configuración. Só cando o comportamento desexado varía con respecto á convención introducida é necesaria unha configuración explícita.
Cando a convención introducida por unha ferramenta coincide co comportamento desexado, non é necesario escribir ficheiros de configuración. Só cando o comportamento desexado varía con respecto á convención introducida é necesaria unha configuración explícita.

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2012 ás 15:28

A convención sobre configuración (tamén coñecida como programación por convención) é un paradigma de deseño de software que busca reducir o número de decisións que os desenvolvedores deben tomar, gañando en simplicidade, aínda que non necesariamente perdendo flexibilidade.

Cando a convención introducida por unha ferramenta coincide co comportamento desexado, non é necesario escribir ficheiros de configuración. Só cando o comportamento desexado varía con respecto á convención introducida é necesaria unha configuración explícita.

Esta configuración de balde achega un acercamento á programación que permite ó programador traballar cun nivel de abstracción superior.

Motivación

Algúns frameworks precisan múltiples ficheiros de configuración, cada un dos cales con moitas configuracións. Estes proporcionan información específica para cada proxecto, dende os enderezos URL ata os mapeados entre clases e táboas da base de datos. Un número elevado de ficheiros de configuración adoita indicar que o deseño dunha aplicación é innecesariamente complexo.[1]

Por exemplo, as primeiras versións do mapeador de persistencia Hibernate mapeaban entidades e os seus campos á base de datos describindo estas relacións en ficheiros XML. A maior parte desta información podía estar incorporada mapeando segundo a convención os nomes das clases aos nomes de táboas da base de datos, e os campos ás súas columnas, respectivamente. As versións posteriores deixaron de lado o ficheiro configuración XML e no canto diso empregaron estas convencións, cuxas desviacións poden ser indicadas mediante anotacións Java.

Usos

O framework coa asociación máis forte con este paradigma é Ruby on Rails, que popularizou este concepto. Hai outros frameworks dispoñibles, coma o Spring, JUnit e JBoss Seam, que fan aproximacións similares.

Notas

  1. C2 Wiki (01-09-2009). Too Many Parameters. C2 Wiki, 1 de setembro de 2009.

Véxase tamén

Ligazóns externas