Diada de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: sv:Kataloniens nationaldag
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 24: Liña 24:
*[http://www.11setembre1714.org A Batalla do 11 de setembro de 1714] {{ca}}
*[http://www.11setembre1714.org A Batalla do 11 de setembro de 1714] {{ca}}


[[Categoría:Cultura de Cataluña]]
[[Categoría:Festas de Cataluña]]
[[Categoría:Símbolos de Cataluña]]


[[ca:Diada Nacional de Catalunya]]
[[ca:Diada Nacional de Catalunya]]

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2012 ás 18:09

Ofrendas durante a Diada

O Día Nacional de Cataluña ou Diada ten lugar cada 11 de setembro en todo o territorio administrativo da actual Cataluña.

Historia

Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.

Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.

Institucionalización

O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:

Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.

e no artigo 8.3, que establece:

A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro

.

Véxase tamén

Ligazóns externas