Fusion: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JAnDbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: fr:Fusion de genres musicaux
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Fusion
Liña 22: Liña 22:
[[hu:Fúziós zene]]
[[hu:Fúziós zene]]
[[ml:ഫ്യൂഷന്‍ സംഗീതം]]
[[ml:ഫ്യൂഷന്‍ സംഗീതം]]
[[ro:Fusion]]
[[sr:Фузија (музика)]]
[[sr:Фузија (музика)]]
[[sv:Fusion (musik)]]
[[sv:Fusion (musik)]]

Revisión como estaba o 8 de novembro de 2012 ás 10:07

O fusion (ou jazz-rock fusion ou jazz fusion) é un xénero musical que mestura elementos do jazz con outros estilos musicais, particularmente rock, funk, R&B, música electrónica e músicas folclóricas. Os álbunes de fusion (incluso os feitos polo mesmo artista) acostuman incluír varios destes estilos musicais.

A finais dos 1960, os músicos de jazz comezaron a mesturar as formas e as técnicas interpretativas do jazz cos instrumentos eléctricos do rock e os ritmos do soul e o R&B. Ó mesmo tempo, algúns artistas de rock comezaron a incluir elementos do jazz á súa música. Os 70 foron a década do fusion, mais o estilo seguiu vivo até hoxe. Máis ca coma un estilo musical codificado, o fusion pode verse coma unha tradición ou aproximamento musical. A unha parte do rock progresivo tamén se lle chama fusion.

O fusion é tipicamente instrumental, adoito con compases e ritmos complexos e temas moi longos, incluíndo longas improvisacións. Moitos dos máis eminentes músicos de fusion combinan un grande virtuosismo con complexas composicións e a improvisación en métricas raramente vistas noutras formais musicais occidentais. Entre compositores de jazz máis recoñecidos neste estilo atópanse Dave Brubeck e Don Ellis.

O fusion non recibe moita difusión nos medios tradicionais, posiblemente debido á súa complexidade, á falta de voces e á lonxitude usual dos temas. Aínda así en Xapón, Sudamérica e, sobre todo, en Europa ten moita máis acollida do que en Norteamérica (onde é máis comunmente coñecido coma jazz rock).

Véxase tamén

Outros artigos