Vickers Wellington: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: he:ויקרס ולינגטון
m Bot: Substitución automática de texto (-Image: +Ficheiro:)
Liña 1: Liña 1:
{{Ficha_aeronave
{{Ficha_aeronave
| nome = Vickers Wellington
| nome = Vickers Wellington
| imaxe = Image:Vickers Wellington.jpg
| imaxe = Ficheiro:Vickers Wellington.jpg
| pé de foto = Wellington en 1940
| pé de foto = Wellington en 1940
| tipo = bombardeiro, anti-submarino
| tipo = bombardeiro, anti-submarino

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2012 ás 20:44

Vickers Wellington
Wellington en 1940
Tipobombardeiro, anti-submarino
FabricanteVickers-Armstrongs (Aircraft) Ltd.
Primeiro voo15 de xuño de 1936
Introducidooutubro de 1938
Retiradomarzo de 1953
Unidades construídas5.257

O Vickers Wellington foi un bombardeiro medio británico da Segunda Guerra Mundial. Foi o mellor bombardeiro bimotor da RAF durante a guerra, e soportou o peso dos bombardeos nocturnos ata a chegada dos catrimotores, como o Avro Lancaster. O Wellington continuou actuando durante toda a guerra realizando outras tarefas, sobre todo como avión anti-submarino. Deseñouse a partir dunha especificación de 1932 e entraría en servizo en 1938, sendo o único bombardeiro británico que foi producido durante todo o conflito.

O Wellington foi popularmente coñecido como Wimpy polos membros da RAF, pola personaxe J. Wellington Wimpy das historias de Popeye. O Wellington bautizado como "B for Bertie" foi protagonista da película de 1942 One of Our Aircraft Is Missing. Este foi un dos dous bombardeiros aos que lle deu nome Arthur Wellesley, 1º duque de Wellington, sendo o outro o Vickers Wellesley.

Historia operacional

O primeiro bombardeo da Royal Air Force na guerra foi protagonizado por Wellingtons dos escadróns No. 9 e No. 149, xunto con Bristol Blenheims, contra barcos alemáns en Brunsbüttel o 4 de setembro de 1939. Durante este ataque, os dous Wellingtons convertéronse nos primeiros avións en ser derrubados na fronte occidental. Os escadróns 9, 37 e 149 volveron actuar o 18 de decembro dese ano nunha misión contra barcos alemáns en Schillig e Wilhelmshaven. Os cazas da Luftwaffe acabaron con 12 dos bombardeiros e danaron eriamente outros tres; poñendo de manifesto a vulnerabilidade dos avións á hora de atacar cazas, ao non ter os tanques de combustible selados nin suficiente armamento defensivo. Particularmente, mentres as torretas do morro e a cola do avión protexíano dos ataques frontais ou traseiros, o Wellington non tiña defensas contra os ataques que viñan dende arriba e abaixo, xa que non se cria que estes ataques fosen posibles debido á alta velocidade dos aparellos involucrados. Como consecuencia disto, os Wellingtons foron trasladados a operacións nocturnas e participaron no primeiro ataque nocturno a Berlín, o 25 de agosto de 1940. No primeiro ataque de 1.000 avións a Colonia, o 30 de maio de 1942, 599 de 1.046 aeronaves eran Wellingtons (101 deles voados por tripulacións polacas).

Co Mando de Bombardeo, os Wellingtons realizaron 47.409 operacións, lanzando 41.823 toneladas de bombas e perdendo 1.332 avións en acción.