Administración única: Diferenzas entre revisións
Atención: sen referencias |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Atención|1=Sen referencias|data=novembro de 2012}} |
|||
A '''administración única''' foi unha proposta defendida por [[Manuel Fraga Iribarne]] como Presidente da [[Xunta de Galicia]] que esixía un impulso autonómico consistente nun avance no proceso de descentralización político-administrativa sobre a base do criterio ''unha función-un órgano''. |
A '''administración única''' foi unha proposta defendida por [[Manuel Fraga Iribarne]] como Presidente da [[Xunta de Galicia]] que esixía un impulso autonómico consistente nun avance no proceso de descentralización político-administrativa sobre a base do criterio ''unha función-un órgano''. |
||
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2012 ás 18:54
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2012) |
A administración única foi unha proposta defendida por Manuel Fraga Iribarne como Presidente da Xunta de Galicia que esixía un impulso autonómico consistente nun avance no proceso de descentralización político-administrativa sobre a base do criterio unha función-un órgano.
Obxectivos
A administración única trataba de acadar unha economía de gasto e unha superación das duplicidades administrativas dun xeito coherente cunha lectura avanzada do dereito á autonomía política recoñecido no artigo 2 da Constitución española e segundo o principio de subsidiariedade. Deste xeito, as funcións que de xeito eficaz e eficiente poden desenvolverse pola comunidade autónoma non deberían seguir retidas polo Estado central.
Buscábase un modelo político-administrativo estable potenciador do dereito á autonomía.
Mecanismos xurídico-políticos
A administración única inspirábase nas técnicas propias do chamado federalismo de execución contrastadas en Estados federados centroeurpeos de Alemaña e Austria ou a Confederación Helvética. Un modelo moi repetido por Manuel Fraga Iribarne foi o de Baviera. Propoñía mesmo superar o teito competencial do Estatuto de Autonomía a través da utilización das Leis de transferencia e delegación previstas no artigo 150.2 da Constitución. Relativas a Galicia chegaron a aprobarse dúas. A reducción substancial da presenza da administración xeral do Estado en Galicia que traería como consecuencia a proposta, compensábase dende un criterio de cohesión identificado coa lealdade constitucional, trasunto da lealdade federal nos Estados desa natureza. Figuras como os Gobernadores civís ou servizos como o SEPES, INEM ou os restos do IRYDA, ICONA etc. non terían sentido.
Propostas colaterais
A proposta de administración única era o corolario político-administrativo doutras ideas defendidas por Manuel Fraga Iribarne como o principio de autoidentificación como defensa da cultura e personalidade identitaria de Galicia como pobo dentro dunha España unida pero diversa. Asemade defendíase a constitución dunha Conferencia de Presidentes, un Senado autonómico análogo ao dos Estados Federais, un Consello Económico e Social estatal con presenza autonómica, o protagonismo das comunidades autónomas na elección dunha parte dos maxistrados do Tribunal Constitucional e a participación de Galicia nas institucións europeas incluído, en temas cruciais como a Pesca, no Consello de Ministros da Unión Europea. Isto neutralizaría a reabsorción competencial centralizadora pola vía da execución da normativa europea, as leis básicas estatais, a xurisprudencia do Tribunal Constitucional ou a ordenación xeral da economía.
O sucesor de Manuel Fraga, Alberto Núñez Feijoo non incorporou estas ideas ao seu discurso político. Estas desapareceron dos programas do Pardido Popular de Galicia a partir da VII lexislatura.