Valente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: ka:ვალენტი
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o [[imperio Sasánida]].
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o [[imperio Sasánida]].


Unha rebelión dos godos ao mando de [[Fritixerno]] deu lugar á batalla de [[batalla de Adrianópolis|Adrianópolis]], onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.
Unha rebelión dos godos ao mando de [[Fritixerno]] deu lugar á batalla de [[Batalla de Adrianópole (378)|Adrianópolis]], onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.


Do seu matrimonio con [[Alba Domnica]] naceu o ulterior cónsul [[Valentiniano Galates]] e dúas fillas, [[Anastasia]] e [[Carosa]].
Do seu matrimonio con [[Alba Domnica]] naceu o ulterior cónsul [[Valentiniano Galates]] e dúas fillas, [[Anastasia]] e [[Carosa]].

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2012 ás 08:57

Sólido romano coa efixie do emperador Valente

Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.

Traxectoria

Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arrianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatria (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.

De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.

Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.

Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.

Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópolis, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.

Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.

Imperio Bizantino

Segue a:
Valentiniano I
Valente
Precede a:
Graciano
Dinastía Valentiniana-Teodosiana