Xantina: Diferenzas entre revisións
m r2.7.3) (Bot: Engado: tl:Xanthine |
m r2.7.2+) (Bot: Cambio ar:كزانتين por ar:زانتين |
||
Liña 29: | Liña 29: | ||
[[Categoría:Bases nitroxenadas]] |
[[Categoría:Bases nitroxenadas]] |
||
[[ar: |
[[ar:زانتين]] |
||
[[bg:Ксантин]] |
[[bg:Ксантин]] |
||
[[ca:Xantina]] |
[[ca:Xantina]] |
Revisión como estaba o 3 de novembro de 2012 ás 03:55
As xantinas son substancias que pertencen a un grupo químico de bases purínicas que inclúen substancias endóxenas tales como a guanina, a adenina, a hipoxantina e o ácido úrico.
Etimoloxía
A palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até o desecado con ácido nítrico.
Tipos de xantinas
Desde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tamén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloideas en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estes compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño.
Consumo
Existen varias bebidas non alcohólicas provenientes de produtos vexetais que teñen xantinas. Por exemplo:
- As follas do té, Thea sinensis e os graos de café, Coffea arabica conteñen dun 1 a un 1,5% de cafeína.
- O cacao, Theobroma cacao, pode chegar a conter un 3% de teobromina.
- O té tamén contén unha porcentaxe importante de teofilina.
- As noces de kola, Cola acuminata, elaboradas por nativos de África Occidental.
- O guaraná, Paullinia cupana, propio do Brasil
- O mate, Ilex paraguariensis, bebida ben consumida en Paraguai, Arxentina, Uruguai, Brasil.
Efectos farmacolóxicos das xantinas
As xantinas teñen efectos semellantes en varios sistemas orgánicos; diferindo entre si principalmente nas súas potencias relativas.
- Acción estimulante do sistema nervioso central.
- Acción relaxante da musculatura lisa.
- Producen vasoconstrición da circulación cerebral.
- Estimula a contractibilidade cardíaca.
- Acción diurética.
- Estimulación da resposta contráctil do músculo esquelético.
- Síndrome de abstinencia.