Fernando Arrabal: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Engado: mzn:فرناندو آرابال |
m r2.7.2) (Bot: Engado: ar:فرناندو أرابال |
||
Liña 101: | Liña 101: | ||
[[an:Fernando Arrabal]] |
[[an:Fernando Arrabal]] |
||
[[ar:فرناندو أرابال]] |
|||
[[ca:Fernando Arrabal]] |
[[ca:Fernando Arrabal]] |
||
[[cs:Fernando Arrabal]] |
[[cs:Fernando Arrabal]] |
Revisión como estaba o 2 de novembro de 2012 ás 08:23
Fernado Arrabal, nado en Melilla o 11 de agosto de 1932, é un escritor e autor teatral español ligado a Francia.
Traxectoria
De neno sufriu a misteriosa desaparición do seu pai, condenado a morte e despois fuxido. A causa deste trauma, como escribiu Vicente Aleixandre, o coñecemento que achega Arrabal está tinguido dunha luz moral que está na materia mesma da súa arte. Aprendeu a ler e escribir en Ciudad Rodrigo (Salamanca). Ós dez anos recibiu o premio nacional de “superdotados”, e fixo os seus estudos universitarios en Madrid. Vive en Francia desde 1955. Con Alejandro Jodorowsky e Roland Topor fundou en 1963 o Grupo Pánico. É Trascendent Satrape (Pataphysique) do College de Pataphysique desde 1990.
Ten dirixido sete longametraxes, publicou catorce novelas, libros de poesías, varios ensaios e a súa famosa Carta al general Franco en vida do ditador. O seu teatro completo, editado en diferentes linguas, foi publicado en dous volumes de máis de dúas mil páxinas na Colección Clásicos de Espasa.
Premios
A pesar de ser un dos escritores máis controvertidos do seu tempo, recibiu o aplauso internacional pola súa obra (Gran Premio de teatro da Academia Francesa, o Premio Nabokov de novela, o Espasa de Ensaio, o World Theater, etc.) O Colexio de Patafísica distinguiuno co título de "Trascendente Sátrapa" (equivalente do Nobel para este Colexio). Foi finalista do Premio Cervantes 2001 co apoio de Camilo José Cela. O 14 de xullo de 2005 concedéronlle a Légion d`honneur.
Narrativa
- Baal Babilonia
- Fiesta y ritos de la confusión
- La torre herida por el rayo
- La virgen roja
- La hija de King Kong
- La extravagante cruzada de un castrado enamorado
- La matarife en el invernadero
- Levitación
- El mono
- La piedra iluminada
- El entierro de la sardina
- Un teniente abandonado
- Porté disparu
- Champagne pour tous
Coas súas novelas gañou o Premio Nadal e o Nabokov Internacional.
Obra poética
Varios libros, algúns ilustrados por Pablo Picasso, Salvador Dalí, René Magritte, etc., entre os que destacan:
- Mis humildes paraísos
- La piedra de la locura
Obra dramática
Unha centena de obras de teatro publicadas en dezanove volumes:
- El triciclo (1953)
- Fando et Lis (1955)
- Guernica (1959)
- La Bicicleta del condenado (1959)
- El Gran Ceremonial (1963)
- El arquitecto y el emperador de Asiria (1966)
- El Jardín de las delicias (1967)
- El laberinto (1967)
- Bestialidad erótica (1968)
- El Cielo y la Mierda (1972)
- El cementerio de automóviles (1959)
- Jóvenes bárbaros de hoy
- ...Y pusieron esposas a las flores
- La tour de Babel
- Inquisición
- Carta de amor (como un suplicio chino)
- La noche también es un sol
- Jóvenes bárbaros de hoy
- Delicias de la carne
Unha das súas obras dramáticas máis importantes é O arquitecto e o emperador de Asiria, unha obra pánica, escrita na segunda etapa da súa vida dramática. Arrabal é probabelmente o dramaturgo máis representado na actualidade.
Obra cinematográfica
- Fernando Arrabal realizou sete longametraxes como director:
- Viva la muerte
- Iré como un caballo loco
- El árbol de Guernica
- La Odisea del Pacífico
- Cementerio de automóviles
- ¡Adiós Babilonia!
- Borges: una vita di poesía
Ensaios
- La dudosa luz del día
- El Greco
- Bobby Fischer: el rey maldito
- Carta al Gral. Franco
- 1984: Carta a Fidel Castro
- Carta a Stalin
- Un esclavo llamado Cervantes
- Goya-Dalí
- Echecs et mythes
- Fêtes et défaites sur l'échiquier
- Les échecs féériques et libertaires
- Le frénétique du spasme (1991)
- Houellebecq!
En lingua galega
Os libros de Fernando Arrabal non foron aínda traducidos ao galego. Porén, si que foron representadas as súas obras:
- Fando e Lis: Sarabela Teatro (1980), Talía Teatro (1995)
- O triciclo: Sarabela Teatro (1985).
Fernando Arrabal escribe desde hai trinta anos a crónica do xadrez de L´Express; tódolos domingos os seus arrabalescos en El Mundo; a miúdo a tercera do ABC e de cando en vez unha opinión en El País.