Wikipedia:Asistente para a creación de artigos/Relevancia xeral: Diferenzas entre revisións
adaptando da páxina homónima da Wikipedia en castelán, publicada baixo licenza CC-BY-SA |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Protexido|tipo=semi}} |
|||
{{Asistente para a creación de artigos|1=linked|2=linked|3=boxed|4=plain|5=plain|6=plain|content= |
{{Asistente para a creación de artigos|1=linked|2=linked|3=boxed|4=plain|5=plain|6=plain|content= |
||
{{Asistente para a creación de artigos/Relevancia-caixa}} |
{{Asistente para a creación de artigos/Relevancia-caixa}} |
Revisión como estaba o 29 de outubro de 2012 ás 13:21
Se un tema obtivo unha cobertura significativa por parte de fontes fiables independentes, suponse que si satisfai os criterios de inclusión para que conte cun artigo propio na enciclopedia. |
Ante todo, Wikipedia é una enciclopedia. Iso significa que, pola súa propia natureza, as entradas de Wikipedia deben de gozar da suficiente relevancia para que sexan consideradas enciclopédicas.
Como saber se é relevante
Para que un tema sexa relevante, ten que ter sido obxecto de varias obras publicadas por fontes fidedignas e independentes ao tema tratado. Tódalas entradas teñen que ter un mínimo de relevancia enciclopédica para que o tema do artigo sexa aceptado en Wikipedia. Este requisito asegura que existe suficiente material dispoñible para redactar un artigo verificable e enciclopédico.
- As misións do Programa Apollo son relevantes. Por iso, cada misión conta cun artigo de seu.
- Por outra banda, os personaxes menores (ou secundarios) da serie Dragon Ball non motivan un artigo por separado, debido á pouca relevancia dos mesmos, á escasa información sobre eles e as poucas fontes que poderían achegarse. Por iso, fusiónanse tódolos personaxes secundarios nun artigo único (Lista de personaxes de Dragon Ball).
Lembra que un artigo unicamente está motivado cando o tema sexa de importancia, ou, expresado doutro xeito, a entrada ten que ser de natureza enciclopédica. Entradas a modo de guías, instrucións, manuais, listaxes de ligazóns, memorandos, directorios, anuncios... non son enciclopédicos e poderían ser eliminadas.