One Piece: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 282: Liña 282:
</poem>
</poem>


* <font color="#950000">'''4. ''"Isto é un feito"'' [Sochi no suke] de Suitei Shojo. (Eps. 74-??).'''</font>
* <font color="#950000">'''4. ''"Isto é un feito"'' [Sochi no suke] de Suitei Shojo. (Eps. 74-81).'''</font>
<poem>
<poem>
:"O mundo é tan inmenso, que se un tesouro esconde,
:"O mundo é tan inmenso, que se un tesouro esconde,
Liña 289: Liña 289:
:carece de sentido, confíar en descubrilo por azar.
:carece de sentido, confíar en descubrilo por azar.
:Velaí.
:Velaí.
:..."
</poem>

* <font color="#950000">'''5. ''"Antes do amencer"'' [Before Dawn] de Ai-Sachi. (Eps. 82-??).'''</font>
<poem>
:"Incluso este lugar, que non dorme xamais,
:logrou prender no sono e dorme xa.
:Da noite para a mañá, presíntoo hai algo que,
:está a mudar aquí ó meu redor.
:..."
:..."
</poem>
</poem>

Revisión como estaba o 27 de outubro de 2012 ás 09:38

Modelo:Caracteresxaponeses

One Piece
FormatoAventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen
Creado porEiichiro Oda
IntérpretesAnimación
País de orixe Xapón
EpisodiosAínda en emisión (546)
Produción
Duración24'x Cap.
DistribuidorArait Multimedia
Emisión orixinal
Canle de orixeFuji TV
Formato de imaxe4:3 / 16:9
Primeiro episodio20 de outubro de 1999
Derradeiro episodio? de ? de 2???
Na rede
https://one-piece.com/comicsanime/comics.html
Twitter: Eiichiro_Staff Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

One Piece (ワンピース Wanpīsu?) é unha serie xaponesa de manga e anime de Eiichiro Oda. Pertence ao xénero de aventuras e acción (shonen).

Historia

O manga comezou a súa publicación o 4 de agosto de 1997 na revista semanal Shūkan Shōnen Janpu e ata o 18 de xuño de 2012 apareceron 671 capítulos que se publican tamén como tankōbon, polo de agora 65. A serie de televisión, producida por Toei Animation, principiou a súa emisión en 1999 e ata o 8 de xullo de 2012 leva emitidos 555 episodios. En Galicia a TVG emite a serie dentro do espazo Xabarín Club.

One Piece presenta as aventuras de Monkey D. Ruffy, un adolescente de 17 anos que adquiriu habelencias sobrenaturais ao comer un froito do demo e que pretende conseguir o seu máis gran devezo, o gran tesouro One Piece o que o transformaría no Rei dos Piratas.

Sinopse

Monkey D. Ruffy comeu de neno, accidentalmente, unha froita do demo. Ruffy, inspirado polo pirata Shanks, sae ao mar para atopar o gran tesouro "One Piece" e converterse así no Rei dos Piratas. Vinte e dous anos atrás, un pirata, Gol D. Roger, coñecido como o "Rei dos Piratas", foi executado, pero antes de morrer, falou acerca do seu famoso tesouro "One Piece". A súa morte propiciou o inicio da Era das Grandes Travesías, pois lanzou a incontables corsarios na procura do tesouro perdido.

Ruffy converteuse nun deles, ansiando ser o próximo "rei" e levantar áncora para coñecer amigos e ter aventuras con eles, tendo como meta o ansiado tesouro.

Nas súas aventuras, Ruffy derrota a numerosos adversarios e, na súa viaxe cara a Gran Ruta, coñece os diferentes personaxes que acaban formando parte da súa tripulación.

Personaxes

Tripulación do Sombreiro de Palla

  • Ruffy: Ruffy é o capitán do barco e, xunto coa súa tripulación, comezara a aventura para atopar o tesouro que o pirata Gold Roger agochou na Gran Ruta e así converterse no Rei dos Piratas. A devoción por converterse en pirata compártea xunto cun amigo seu, Shanks o rubio, quen tamén lle regalou o sombreiro de palla que sempre leva enriba. É un rapaz alegre e despreocupado e ten unha habilidade moi curiosa: pode alongar todas as partes do seu corpo, xa que de pequeno inxeriu o Froito de Goma Goma (un dos moitos dos froitos do demo que lle outorgan a persoa que os come uns poderes extraordinarios en troques de non poder nadar).
  • Zoro: Zoro é un grande espadachín e a súa habilidade coa espada é coñecida en todo o mundo. É intelixente, calmado e prudente. Ten un aire misterioso, e un pasado moi triste e traumático: a súa amiga Kuina morreu de pequena e a partir de aí, Zoro propúxose converterse no mellor espadachín do mundo. É un grande amigo de Ruffy, ó que lle garda moito aprecio e ó que comprende moi ben. A pesares da súa imaxe perigosa e desafiadora, é un rapaz máis ben tímido e introvertido. Antes de coñecer a Ruffy, foi cazador de recompensas.
  • Nami: Cando tiña cinco anos, Nami foi testemuña da morte da súa nai adoptiva. O seu asasino, Arlong, raptouna despois dese suceso. Afortunadamente logrou fuxir e se incorporou ó grupo de piratas de Ruffy, para loitar contra xente coma Arlong. É boísima preparando estratexias e elaborando mapas. No pasado quixo liberar ó seu pobo natal, Cocoyashi, da opresión de Arlong, e despois de acadar o seu obxectivo, propúxose completar un mapa de navegación do mundo.
  • Usopp: Usopp non tivo unha infancia nada fácil, o seu pai marchou nun barco pirata e a súa nai morreu enferma. Usopp vivía coa esperanza de que seu pai volvería cunha menciña para curala, pero iso non puido ser. Despois, uns piratas chegaron a súa aldea e destruírona. Despois desta desgraza coñeceu a Ruffy, e xuntos lograron recuperar a paz e axudar a unha amiga de Usopp que estaba ameazada por Kuro, un pirata malvado. Esta recompensounos regalándolles o seu primeiro barco: o espírito de Merry. Usopp é algo mentireiro, pero un inventor xenial.
  • Sanji: É o cociñeiro do barco e considera a comida algo sagrado, xa que estivo a piques de morrer de fame xunto co seu amigo Zeff. Coa súa elegancia e as súas mañas na cociña ten moito éxito coas mulleres, pero realmente está namorado de Nami. Este rapaz é un loitador de primeira, as súas patadas son espectaculares e as súas pernas semellan hélices de helicóptero. Sanji é un fumador sen remedio cuxo meirande soño é atopar o Mar Total, un mar no que conviven todos os peixes do mundo.

Personaxes secundarios

  • Coby e Helmeppo: Coby é un rapaz que pertencía á cuadrilla de Alvida. Grazas a Ruffy, puido fuxir desta pirata e cumpriu o seu soño: formar parte da Armada. Helmeppo, era fillo dun dos capitáns máis feroces da Armada, o capitán Morgan. Cando este foi arrestado, foi dar en formar parte da Armada onda Coby.
  • Kaya e Merry: Kaya era amiga de Usopp, o cal lle axudaba a superar a súa enfermidade. Agradécelles ós Sombreiro de Palla a vitoria contra Kuro regalándolles o Espírito de Merry, o que sería o seu barco.
  • Kuina: Amiga de Zoro da infancia, sempre competían para saber quen era o mellor espadachín, sendo esta a que sempre gañaba. Kuina morreu despois de caer polas escaleiras e Zoro na súa honra fíxose a promesa de converterse no mellor espadachín do mundo.
  • Johnny e Yosaku: Son dous cazarrecompensas, amigos de Zoro do pasado. Estes rapaces foron ós que convenceron á tripulación para que foron ó Baratie na busca de Sanji.
  • Zeff Pés Vermellos: É un gran cociñeiro que lle ensinou a Sanji todo o que sabe, incluída a técnica da patada. Estivo a piques de morrer de fame xunto co seu pupilo.
  • Nojiko, Genzo e Bellemere: A primeira é a irmá adoptiva de Nami e o segundo o seu pai adoptivo. Rescataron a Ruffy de morrer afogado no Parque Arlong. A terceira é a súa nai adoptiva que morreu a mans de Arlong.
  • Shanks, o rubio: É un pirata amigo de Ruffy que posúe a súa propia tripulación. Shanks foi quen lle entregou a Ruffy o seu sombreiro de palla e tamén co que comparte o seu afán por converterse en pirata. Este capitán é un grande amigo de Ruffy: perdeu un brazo con tal de salvarlle a vida ó pequeno.
  • Gold Roger: Coñecido coma o Rei dos Piratas, foi quen agochou o One Piece (o tesouro que procura Ruffy) nalgún lugar da Gran Ruta.
  • Raboon: É o cachalote que atopan Ruffy e os seus amigos nos Cabos Xemelgos, á entrada da Gran Ruta. Cincuenta anos atrás coñecera a unha tripulación de piratas que lle prometera volver, pero como non o fixeron decidiu bater a cachola contra a Liña Vermella. Ruffy promételle que el si ha volver en troques de Raboon deixe de automancarse.
  • Dorry e Brogy: Son dous xigantes que coñecen os Sombreiro de Palla en Xardín Pequeno. Porveñen da illa de Erbaf, e foron desterrados para que pelexasen. Cando a tripulación de Ruffy os coñeceu, levaban cen anos coa súa contenda, pero a chegada da Gavela dos Barrocos á illa provocou que Dorry, Brogy e os piratas xuntasen forzas para combater aos inimigos.

Inimigos

  • Buggy, o pallaso: Este capitán pirata posúe unha poderosa tripulación coa que Ruffy, Zoro e Nami loitaron. Buggy inxeriu un froito do demo que lle deu a capacidade de fragmentar o seu corpo en anacos que pode manexar mentalmente. Tamén ten a “bala Buggy”, quen de destruír unha aldea enteira.
  • Don Krieg: É un dos capitáns piratas máis temidos do mar do Leste. Despois da negativa do restaurante Baratie por lle dar comida de balde, este decide abordalo e matar a todos os cociñeiros. Afortunadamente, a tripulación de Ruffy logrou detelo.
  • Ollos de Falcón: O mellor espadachín do mundo. Loitou contra Zoro a bordo do Baratie, pero o asisado amigo de Ruffy só obtivo unha derrota.
  • Arlong, o home peixe: Este pirata asasinou á nai de Nami e obrigou a esta que traballase baixo as súas ordes coma cartógrafa. Tiña a Vila Cocoyashi baixo as súas ordes, onde construíu o Parque Arlong, pero os Sombreiro de Palla lograron frear os seus plans.
  • Gavela dos Barrocos: É unha organización criminal baixo as ordes do xefe Crocodilo, cuxo soño era dominar o mundo, comezando polo Reino de Arabasta. Os axentes da banda organízanse por parellas e posúen alcumes en clave especiais: os homes son chamados por números e as mulleres teñen nomes de datas conmemorativas ou dos días da semana. Desenvolven traballos de espionaxe, roubo, asasinato e secuestro.

Episodios

Dobraxe

  • Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
  • Data: 2008-2012.
  • Dirección: Alfonso Valiño.
  • Tradución: María Alonso Seisdedos.
  • Reparto da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Monkey D. Ruffy Daniel Lema Mayumi Tanaka
Zoro Rorona Nacho Castaño Kazuya Nakai
Nami Montse Davila Akemi Okamura
Usopp Manuel Pombal Kappei Yamaguchi
Sanji Gaspar Somoza Hiroaki Hirata
Nefertari Vivi / Miss Wednesday Beatriz García Misa Watanabe
Nico Robin / Miss All-Sunday Teresa Santamaría Yuriko Yamaguchi
Coby Ana Lemos Mika Doi
Helmeppo Antón Olmos Koichi Nagano
Capitán Morgan Alfonso Valiño Ginja Banjo
Shanks Óscar Fernández Shuichi Ikeda
Gol D. Roger Antón Cancelas Chikao Ohtzuka
Capitán Fumeta Alfonso Valiño Ginzo Matsuo / Mahito Oba
Tashigi Xermana Carballido Noda Junko
Capitán Buggy Andrés Bellas Shigeru Chiba
Alvida (gorda) Amelia Rodríguez Yoko Matsuoka
Alvida (fraca) Miriam Aldrei Yoko Matsuoka
Mohji, o domador Xosé Manuel Rodríguez Shigenori Soya
Cabaji, o acróbata Antón Rubal Endo Moriya
Capitán Kuro Antón Ja Koichi Hashimoto
Jango Luís Iglesia Kazuki Yao
Señorita Kaya Marián Muíño Mariko Kouda
Merry Monti Castiñeiras Jin Domon
Kuina Beatriz García Machiko Tokoshima
Mestre Koshiro Antón Olmos Unshou Ishizuka
Johnny Óscar Fernández Masaya Takatsuka
Yosaku Antonio Rey Yasuhiko Tokoyama
Zeff Pés Vermellos Alfonso Valiño Koji Yada
Patty Antón Cancelas Tetsu Inada
Carne Antón Olmos Shinobu Satouchi
Tenente Fullbody Gonzalo Faílde Hideo Ishikawa
Don Krieg Luís Iglesia Tachiki Fumihiko
Ollos de Falcón Xosé Tanas Takeshi Aono
Gin Monti Castiñeiras Kenichi Ono
Nojiko Isabel Vallejo Wakana Yamazaki
Bellemere Teresa Santamaría Noriko Hidaka
Genzo Xosé Manuel Rodríguez Kozo Shioya
Arlong Miguel Pernas Jurota Kosugi
Kuroobi Xoán Diéguez Hisao Egawa
Octo César Cambeiro Toshiyuki Morikawa
Raoul Paco Barreiro Koji Yada
Pai Daddy Xosé Tanas Tohru Furuya
Carol Masterson Chelo Díaz Konami Yoshida
Carmen Nora Abad Asako Dodo
Apis Chelo Díaz Masami Suzuki
Erik Monti Castiñeiras Ryusei Nakao
Nelson Royale Antón Cancelas Junpei Takiguchi
Crocus Bernardo Xosé Goro Naya
Mr. 9 Antón Olmos Yasuhiro Takato
Mr. 8, Igarapoi / Igaram Miguel Pernas Keichi Sonobe
Miss Monday Charo Pena Makiko Ohmoto
Mr. 5 Carlos Jiménez Masaya Takatsuka
Miss Valentine Ana Lemos Fumiko Orikasa
Vice-Almirante Garp Miguel López Varela Hiroshi Naka
Mr. 3 Matías Brea Nobuyuki Hirayama
Miss Goldenweek Helena Amoedo Akiko Nakagawa
Dorry Alfonso Agra Daisuke Gori
Brogy Antón Cancelas Tetsu Inada
Mr. 0 / Crocodilo Gonzalo Faílde Ryuzaburo Otomo
Mr. 2 / Bon Clay Antón Rubal Kazuki Yao
Wapol Paco Barreiro Bin Shimada
Dolton Monti Castiñeiras Kenichi Ono
Kureha Ana Maciñeiras Masako Nozawa

Música de One Piece

Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando dende os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galega[1] e os capítulos nos que soan:

Inicio

  • 1. "Somos!" [We are!] de Hiroshi Kitadani. (Eps. 1-47).

"Crea un soño e rumbo a el
traza o teu ronsel
á procura do tesouro
que hai por descubrir
..."

  • 2. "Cre" [Believe] de Folder5. (Eps. 48-??).

"Des que lembro, no futuro eu crin
tanto me ten se hai xente que se burla de min
esa luz que che sae da paixón
atrápame coma un imán ó teu carón
..."

Final

  • 1. "Lembranzas" [Memories] de Maki Otsuki. (Eps. 1-30).

"Mil veces mil no meu maxín
sendo eu pequena pintaba
de verde anil só para min
o mapa que soñaba
..."

  • 2. "Corre, corre, corre!" [Run, run, run!] de Maki Otsuki. (Eps. 31-63).

"Teño o corazón a rebordar de sentimentos
soño ter a man sen te soltar por un instante
se me vas buscar, búscame nun lugar distante
que eu voume deixar levar por ondas e por ventos
..."

  • 3. "Estou ó pé de ti" [Watashi Ga Iru Yo] de Tomato Cube. (Eps. 64-73).

"Sempre estou ó pé de ti,
ahh, sinto no aire,
a canción que me vén,
para abrazarnos co seu son.
O mar todo xa levou, do castelo teu,
só area quedou.
..."

  • 4. "Isto é un feito" [Sochi no suke] de Suitei Shojo. (Eps. 74-81).

"O mundo é tan inmenso, que se un tesouro esconde,
buscar sen saber onde, conduce ó fracaso.
Guiarse polo acaso, é un grave contrasenso,
carece de sentido, confíar en descubrilo por azar.
Velaí.
..."

  • 5. "Antes do amencer" [Before Dawn] de Ai-Sachi. (Eps. 82-??).

"Incluso este lugar, que non dorme xamais,
logrou prender no sono e dorme xa.
Da noite para a mañá, presíntoo hai algo que,
está a mudar aquí ó meu redor.
..."

Notas

  1. Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción.

Véxase tamén

Ligazóns externas