Navia (deusa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16: Liña 16:


{{Mitoloxía galega}}
{{Mitoloxía galega}}
{{Deuses celtas}}


[[Categoría:Cultura castrexa]]
[[Categoría:Cultura castrexa]]

Revisión como estaba o 25 de outubro de 2012 ás 16:32

A Fonte do Ídolo en Braga

Navia ou Nabia é unha das deidades galaicas máis testemuñadas, cunha vintena de epígrafes documentando o seu culto nunha área que inclúe a Galaicos e Lusitanos.

Historia e características

Nabia era a deusa dos ríos e da auga na mitoloxía galaica e lusitana. O ríos Navia e Navea en Galiza, e o río Neiva, preto de Braga (antiga capital da Gallaecia), foron bautizados na súa homenaxe. Navia era especialmente adorada entre os Brácaros, tal como é comprobado polas inscricións epigráficas en lingua céltica da Fonte do Ídolo en Braga (Bracara Augusta) e latina de Marecos (Penafiel).

Aínda que a interpretación maioritaria defende un carácter fluvial/acuático para Navia, apoiaría esta interpretación a existencia de hidrónimos modernos como Navia, Navea, ou os antigos Nabalia (Eck, afluente do Rhin), Navaeus (río Naver, en Escocia), Navesbia (actual río Naseby, en Northants) ou Nabarcos (río Neber, en Gran Bretaña). Autores como García-Albalat explicaron o vencello de Nabia cos ríos a partir da concepción céltica da auga como elemento característico do acceso ao máis aló: desde esta perspectiva, Nabia sería unha divindade soberana facilitadora do acceso ao alén a través da auga. Con todo, interpretacións recentes permiten redefinir a perspectiva tradicional dunha mera divinidade fluvial.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coutinhas, José Manuel - Aproximação à identidade etno-cultural dos Callaici Bracari.Porto. 2006.
  • García Fernández-Albalat, Blanca - Guerra y Religión en la Gallaecia y la Lusitania Antiguas. A Coruña. 1990.
  • Olivares Pedreño, Juan Carlos - Los Dioses de la Hispania Céltica. Madrid. 2002.