Lingua castelá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HiW-Bot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: lez:Испан чIал
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: diq:İspanyolki
Liña 201: Liña 201:
[[da:Spansk (sprog)]]
[[da:Spansk (sprog)]]
[[de:Spanische Sprache]]
[[de:Spanische Sprache]]
[[diq:İspanyolki]]
[[dsb:Špańšćina]]
[[dsb:Špańšćina]]
[[dv:އިސްޕެނިޝް]]
[[dv:އިސްޕެނިޝް]]

Revisión como estaba o 24 de outubro de 2012 ás 15:16

Español / Castelán
Falado en: Arxentina, Belice, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, O Salvador, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai, Venezuela e Xibraltar.

Minorías: Andorra, Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Marrocos e Sáhara Occidental
Total de falantes: 333 millóns (primeira lingua) 92 millóns (segunda lingua)
Posición: 3
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Italo-occidental
    Occidental
     Galo-ibérica
      Ibero-románica
       Ibero-occidental
        Español / Castelán
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: España, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Guinea Ecuatorial, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, República Dominicana, Unión Europea, Uruguai e Venezuela.
Regulado por: Asociación de Academias da Lingua Española
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán ou español é unha lingua romance do grupo ibérico, orixinaria de Castela. É falada en toda España, e boa parte de América do Sur, América Central e América do Norte como lingua materna por uns 340 millóns de persoas e por 450 como segunda lingua (estimacións de 2004). É a terceira lingua do mundo en número de falantes, despois do mandarín e do inglés.

Nomes

Esta lingua derivada do latín ten dous nomes, español e castelán. Este último é o preferido dentro do territorio de España debido á presenza doutras linguas cooficiais ou non (galego, catalán, éuscaro, asturiano, occitano...) e a que historicamente é o primeiro nome desta lingua ao xurdir no territorio do condado de Castela; o primeiro é o máis utilizado no contexto internacional. O contexto de uso da palabra inflúe na escolla dunha forma ou outra, pois cando se usa en contraste con outra lingua cooficial adoita usarse castelán, mentres que en contextos internacionais é habitual usar español (esta tendencia vese máis esaxerada aínda nas traducións equivalentes en linguas de fóra da península).

Historia

Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do Sudoeste de Europa entre as que aparece o castelán.

O nacemento da lingua castelá pode situarse na época da Reconquista, en terras de Cantabria. Ó longo de toda a Idade Media, estendeuse por España ó mesmo tempo que o reino de Castela ía arrebatando terreos a Al-Andalus. É moi parecido a o que se falaba na Hispania visigótica antes da desastrosa batalla de Guadalete.

A posterior política centralizadora dos reis da España unificada (dende os Reis Católicos) levouna a converterse, durante moitos anos, na lingua de prestixio en todo o territorio do Estado, tanto na metrópole como nas colonias en América, Filipinas, etc.

Na actualidade, atópase estendida pola meirande parte do territorio de España e América Central e do Sur (agás Brasil e outros estados como Suriname, Güiana, Güiana Francesa, etc.). Conta con importantes comunidades de falantes en Estados Unidos e moitos outros lugares do mundo.

Variantes e lingua estándar

Debido á grande extensión dos territorios nos que é falada, a lingua castelá conta cunha importante variedade dialectal. Así e todo, as diferenzas entre dialectos non son tan grandes como para prexudicar gravemente á intercomprensión. A Real Academia Española é a encargada de establece-la forma estándar do castelán. Tradicionalmente, baseouse na fala peninsular para facelo; nos últimos anos, levou a cabo un importante labor para incluír tódalas variedades americanas dentro do seu dicionario e a súa gramática.

Os pronomes persoais de segunda persoa son un dos principais elementos de diferenciación entre dialectos. Na maioría da España peninsular, emprégase para o singular e vosotros para o plural, reservando as formas usted e ustedes para o trato formal. En toda América Latina, existe unha única forma de plural na segunda persoa (ustedes); en Arxentina, Uruguai e Paraguai, utilízase vos para a segunda persoa singular (este uso aparece tamén en moitos outros países latinoamericanos, pero non se atopa tan estendido a tódolos niveis sociais coma neses tres).

Existen tamén diferenzas fonéticas (coma o seseo) e léxicas.

Trazos caracterizadores respecto doutras linguas románicas

Táboa de vocabulario

Esta táboa presenta unha comparativa do castelán con outras linguas romances.

Latín vulgar Francés Italiano Castelán Occitano (Linguadociano) Catalán (Central) Galego Romanés
clave(m) clef chiave llave clau clau chave cheie
nocte(m) nuit notte noche nuèit/nuèch nit noite noapte
cantare chanter cantare cantar cantar cantar cantar a cânta
capra(m) chèvre capra cabra cabra cabra cabra capră
lingua(m) langue lingua lengua lenga llengua lingua limbă
platea(m) place piazza plaza plaça plaça praza piaţă
ponte(m) pont ponte puente pònt pont ponte pod
ecclesia(m) église chiesa iglesia glèisa església igrexa ---
hospitale(m) hôpital ospedale hospital espital hospital hospital spital
caseu(m) | formaticu(m) fromage formaggio queso formatge formatge queixo ---


Modelo:Lingua románica

Modelo:Link FA Modelo:Link FA