Alberte I de Bélxica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
depois>despois
Beninho (conversa | contribucións)
m cat.
Liña 26: Liña 26:


[[Categoría:Reis de Bélxica]]
[[Categoría:Reis de Bélxica]]
[[Categoría:Nados en Bruxelas]]


[[ar:ألبير الأول ملك بلجيكا]]
[[ar:ألبير الأول ملك بلجيكا]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2012 ás 22:10

Alberte I da Bélxica, em 1910

Alberte I (Bruselas, 8 de abril de 1875 - Marche-les-Dames, 17 de febreiro de 1934) foi o terceiro rei dos Belgas.

Nacido Albert Léopold Clément-Marie Meinrad, era o fillo máis novo do conde de Flandres e sucedeu o seu tío paterno, Leopoldo II, ao trono. O seu avó, Leopoldo I, foi o primeiro rei dos belgas. A súa tía, Carlota, a primeira princesa de Bélxica, foi tamén a emperatriz de México.

Coa morte do seu irmán, o príncipe Balduíno de Bélxica, en 1891, Alberto converteuse no terceiro na liña de sucesión ao trono. El foi herdeiro presunto do trono belga despois da morte do seu pai, en 1905.

En decembro de 1909, o rei Leopoldo II morreu, facendo Alberto, aos trinta e catro anos de idade, o novo monarca.

Durante a Primeira Guerra Mundial, Alberto I asumiu o mando do exército belga para defender o seu país da invasión alemán, resistindo até o Reino Unido e a Francia se prepararen para a primeira Batalla do Marne, en setembro de 1914.

"Eu goberno unha nación, e non unha estrada", dixo o rei en resposta aos alemáns, que desexaban mover os seus soldados a través de Bélxica. Levou o seu exército ao asedio de Antuerpen e á batalla de Yser.

Ao final da guerra, retornou ao seu territorio como comandante do Grupo Flandres, que consistía en divisións belgas, inglesas e francesas. Foi saudado en Bruselas como un heroe nacional.

Reis dos Belgas

Segue a:
Leopoldo II de Bélxica
Alberte I de Bélxica
Precede a:
Leopoldo III de Bélxica
Saxe-Coburg-Gotha

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.