Diferenzas entre revisións de «Cordilleiras Costeiras Catalás»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
 
== Descrición==
As dúas cadeas que forman o sistema están separadas por unha [[fosa|fosa tectónica]] coñecida como a Depresión Prelitoral. A Cordilleira Prelitoral é a aliñación interior, que se estende desde a desembocadura do [[Río Ter|Ter]] ata o [[Montsià]], e presenta os puntos máis altos do conxunto do Sistema. O [[Parque Natural do Montseny|Montseny]], é o pico máis alto, con 1.712 m. de altitude. A [[Cordilleira Litoral]], por contra, é a aliñación exterior, paralela á costa, que se estende desde o [[Empordà]] ata o Campo de [[Tarragona]], e as súas altitudes son menores. O [[Parque Natural do Montnegre e o Corredor|Montnegre]] é o punto máis alto con 763 m. de altitude.
 
O Sistema Mediterráneo Catalán é dicir - as dúas cordilleiras de xeito paralelas - esténdese de suroeste a nordeste ata unirse co contrafuertes dos [[Pireneos]] que se estenden desde o mar [[Mediterráneo]] cara ao oeste. De feito, os Pireneos e o Sistema Mediterráneo Catalán enmarcan un área interior máis chaira coñecida como a [[Depresión Central Catalá]].
 
== Xeoloxía ==
47.582

edicións

Menú de navegación