Tomiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: zh:托米尼奥; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 86: Liña 86:
* CEP Pedro Caselles Beltrán
* CEP Pedro Caselles Beltrán
* CRA Mestre Manuel Garcés
* CRA Mestre Manuel Garcés
* CEIP de Tebra

== Deportes ==
== Deportes ==
* Tomiño Fútbol Club (Fútbol)
* Tomiño Fútbol Club (Fútbol)

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2012 ás 16:31

Este artigo trata sobre o concello da comarca do Baixo Miño. Para a planta aromática, ver o artigo tomiño (planta)
Tomiño
Logo de Tomiño
Escudo de Tomiño
Casa do concello.
Situación
Xentilicio[1]tomiñés, -esa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Baixo Miño
Poboación13.604 hab. (2011)[2][3]
Área106,6 km²[3]
Densidade127,62 hab./km²
Entidades de poboación15 parroquias[4]
Capital do concelloTomiño
Política (2011)
AlcaldeSandra González (BNG)
ConcelleirosBNG: 9
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: 1
Eleccións municipais en Tomiño
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes97,02%
Na rede
http://concellotomino.com
Facebook: concellodetomino Instagram: concellodetomino Youtube: UC54msZ3lnjmaSWwgYzJq3oA Flickr: 155653885@N07 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tomiño é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2011 era de 13.604 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é tomiñés.

Evolución da poboación de Tomiño   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
10.186 10.201 9.817 10.499 11.776 13.492 13.604 {{{8}}} {{{9}}} {{{10}}} {{{11}}} {{{12}}} {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Ten unha superficie de 106,6 km², e sitúase no antigo territorio de Turonio. A súa densidade de poboación é de 124,91 hab/km².

O municipio, limitado por montañas, forma parte do val do Miño e fai fronteira con Portugal. De forma natural, encóntrase enmarcado pola serra do Argallo ó oeste, que o separa do municipio do Rosal e de Oia; ó norte, a prolongación dos montes de A Groba e do Galiñeiro, limítao dos municipios de Baiona e Gondomar; ó leste continúan as estribacións desta serra, que vai perdendo altitude a medida que se vai acercando as terrazas fluviais do Miño, relevo que o separa do municipio de Tui; e ó sur, separado tamén polo río Miño, limita con Portugal.

Como chegar

Tomiño encóntrase sito a media hora de Vigo e a 1 hora de Ourense.

Desde a autoestrada do Atlántico débese coller a C-550 (Tui-A Guarda) á altura de Tui, desviándose cara Tomiño.

Indo desde Vigo pola costa pásase por Baiona e chégase ata A Guarda. Desde aí, collendo a mesma comarcal C-550 chégase a Tomiño nuns 20 minutos.

Á altura da Ramallosa (Nigrán) tamén se pode acceder a Tomiño por Gondomar collendo a PO-351.

Desde Portugal, a través da ponte internacional localizada en Tui-Valença sobre o río Miño e que une Galicia con Portugal, podemos chegar a Tomiño pola C-550, ou a través da ponte internacional localizada en Goián-Vilanova de Cerveira.

Alcaldes/Alcaldesas

Colexios

  • IES de Tomiño
  • CEIP Pintor Antonio Fernández
  • CEIP de Sobrada
  • CEP Pedro Caselles Beltrán
  • CRA Mestre Manuel Garcés
  • CEIP de Tebra

Deportes

  • Tomiño Fútbol Club (Fútbol)

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de Tomiño

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Tomiño

Amorín (San Xoán) | Barrantes (San Vicente) | Currás (San Martiño) | Estás (Santiago) | Figueiró (San Martiño e San Campio) | Forcadela (San Pedro) | Goián (San Cristovo) | Piñeiro (San Salvador) | Pinzás (Santa María) | San Salvador de Tebra (San Salvador) | Tebra (Santa María) | Sobrada (San Salvador) | Taborda (San Miguel) | Tomiño (Santa María) | Vilameán (San Bieito)

Lugares de Tomiño

Tomiño ten 134 lugares, agrupados en 15 parroquias. Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Tomiño vexa: Lugares de Tomiño.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Tomiño".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase tamén