Carlos Callón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 18: Liña 18:
*''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media'', [[2011]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
*''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media'', [[2011]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
*''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos'', 2011, Xerais.
*''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos'', 2011, Xerais.
*''Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez'', [[2012]], Xerais.


===Obras colectivas===
===Obras colectivas===

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2012 ás 11:34

Carlos Callón.

Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega e portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerce como profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario.

Traxectoria

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 2001 e 2002. A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que preside desde 2002. É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Preside tamén a Fundación Via Galego[1] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

É membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[2]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña.

Obra

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[3].

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[4], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga.

Ensaio

  • Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela), 2005, A Nosa Terra.
  • En castellano no hay problema, 2010, Xerais.
  • Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media, 2011, Sotelo Blanco.
  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, 2011, Xerais.
  • Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, 2012, Xerais.

Obras colectivas

Premios

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas