Online Computer Library Center: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: te:OCLC (deleted)
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: en:OCLC
Liña 33: Liña 33:
[[da:OCLC]]
[[da:OCLC]]
[[de:Online Computer Library Center]]
[[de:Online Computer Library Center]]
[[en:OCLC]]
[[en:Online Computer Library Center]]
[[eo:Reta Komputila Biblioteka Centro]]
[[eo:Reta Komputila Biblioteka Centro]]
[[es:Online Computer Library Center]]
[[es:Online Computer Library Center]]

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2012 ás 00:10

O Online Computer Library Center (OCLC) é un servizo de biblioteca por computador en liña e unha entidade de investigación sen ánimo de lucro. Máis de 57.000 bibliotecas en 112 países e territorios ao redor do mundo usan os servizos de OCLC para localizar, adquirir, prestar e preservar material bibliográfico. Foi fundado por Fred Kilgour en 1967. Orixinalmente chamouse Ohio College Library Center. As oficinas están localizadas en Dublin, Ohio (EE.UU.).

Como funciona

Investigadores, estudantes, facultades, bibliotecarios profesionais e outras persoas que buscan información usan os servizos de OCLC para obter información bibliográfica, sumarios e textos completos onde e cando o necesitan.

OCLC e as súas bibliotecas membros producen cooperativamente e manteñen WorldCat - a OCLC Online Union Catalog, o maior catálogo de acceso público en liña (OPAC) do mundo. WorldCat contén rexistros da maioría de bibliotecas públicas e privadas de todo o mundo. WorldCat está dispoñible a través de moitas redes de bibliotecas e universidades.

O programa Open WorldCat crea rexistros de materiais propiedade de bibliotecas na base de datos WorldCat de OCLC para as webs máis populares de procura, sitios bibliográficos e de venda de libros de Internet.

Os rexistros de Open WorldCat poden ser accedidos desde as procuras avanzadas de Google ou Yahoo!, simplemente limitando a procura ao sitio ou dominio "worldcatlibraries.org." No outono de 2004, a colección de Open WorldCat foi ampliada para incluír información sobre todos os rexistros de WorldCat.

En outubro de 2005, o equipo técnico da OCLC iniciou un proxecto wiki que permite aos lectores e bibliotecarios engadir comentarios, e información estruturada asociada con calquera rexistro de WorldCat.

Sistema Dewey de clasificación

A OCLC adquiriu os dereitos de autor e marcas rexistradas asociadas ao sistema Dewey de clasificación ao comprar Forest Press en 1988.

Véxase tamén

Ligazóns externas