Gran Premio da India: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ms:Grand Prix India
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: it:Gran Premio d'India
Liña 66: Liña 66:
[[hu:Formula–1 indiai nagydíj]]
[[hu:Formula–1 indiai nagydíj]]
[[id:Grand Prix India]]
[[id:Grand Prix India]]
[[it:Gran Premio dell'India]]
[[it:Gran Premio d'India]]
[[ja:インドグランプリ]]
[[ja:インドグランプリ]]
[[lv:Indijas Grand Prix]]
[[lv:Indijas Grand Prix]]

Revisión como estaba o 17 de outubro de 2012 ás 21:47

O Gran Premio da India será unha carreira de Fórmula Un celebrada no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida, Uttar Pradesh, India. A primeira carreira está prevista para o 30 de outubro de 2011, será a carreira 17 da tempada de 2011. A nova pista foi oficialmente homologada o 1 de setembro 2011.

Historia

Xa en 1997, houbo plans para albergar un Gran Premio da India en Calcuta.

En 2003, a India tiña só dúas circuítos permanentes, un en Chennai (Irungattukottai) e o Kari Memorial Speedway en Coimbatore. Nese momento foron propostos dous lugares de (2´4 km²) nos arredores do aeroporto de Bangalore. Ademais, no estado de Andhra Pradesh, o xefe do goberno Chandrababu Naidu reservou 6´1 km² de terra cerca do aeroporto de Hyderabad. Vicky Chandhok, pai da Karun Chandhok, declarou nunha entrevista que "Andhra Pradesh realmente esta apostando como ningún outro estado! É xenial ver a un ministro xefe de apostar tan duro. Bangalore é un gran lugar debido principalmente polo seu clima". En decembro de 2003, houbo un pre-acordo para organizar o Gran Premio en Hyderabad, asinouse en 2007. A pista íase a construírse preto do pobo de Gopanapally, nos arredores de Hyderabad, e consistia en 5¨53 km² de superficie. Con todo, en 2004 apareciu a competencia de Mumbai, para cambiar a pista a Mumbai en lugar de Hyderabad.

Bernie Ecclestone dono da F1 esperaba que a India acollese un Gran Premio en tres anos, pero ao final ningún destes proxectos levouse adiante, posiblemente debido á lexislación antitabáquica, e a un cambio na política do goberno

Ambos os proxectos fóron declarados "mortos" no segundo semestre de 2004, cando o goberno de Bombai decidiu "non perder o diñeiro no fume dos coches mentres que hai temas máis serios", e a localización de Hyderabad converteuse nun parque de TI para empresas de tecnoloxía

A partir de 2007, cinco lugares competiron na carreira por albergar o Gran Premio da India: Bangalore, o distrito de Gurgaon no estado de Haryana, un circuíto permanente nalgún lugar preto de Nova Deli, un circuíto urbano en Nova Deli, segundo o proposto por Vijay Mallya, e un lugar en Lucknow, Uttar Pradesh.

Tras meses de negociacións, a Asociación Olímpica India (IOA) e Bernie Ecclestone anunciaron en xuño de 2007 un acordo provisional para que a India acollera o seu primeiro Gran Premio Na tempada 2009 de F1. A pista construiríase en Gurgaon, por recomendación do arquitecto Hermann Tilke.

Pero, en setembro de 2007, o IOA, anunciou que a primeira carreira tería lugar en 2010 no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida. Logo de máis avaliacións, Bernie Ecclestone, anunciou en setembro de 2008 que o Gran Premio da India atrasouse a 2011.

Finalmente a carreira de F1 india terá lugar o 30 de outubro de 2011 sendo a carreira número 17 do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2011.

Controversia

Para construír o circuíto, foron compradas as terras duns trescentos campesiños polo goberno do estado. Con todo, en agosto de 2011 - tres meses antes da carreira inaugural - os agricultores en cuestión expresaron a súa insatisfacción co proxecto e ameazaron con desmantelar o circuíto "pola forza se é necesario", esixindo máis diñeiro e dicindo que sentían que a terra debería ser utilizada para construit polígonos industriais e xerar máis emprego na zona.

Gañadores

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2011 Sebastian Vettel Red Bull Buddh Resultados

Notas

Ligazóns externas

Coordenadas: Maps 28°21′01.8″N 77°32′05.3″L / 28.350500, -77.534806