Editorial Nós: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
cursivas
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
A '''editorial Nós''' foi unha casa editorial galega creada en [[1927]]. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista [[Ánxel Casal]]. Da súa imprenta saíron ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' e a revista ''[[revista Nós|Nós]]''. O seu nome completo era ''"Nós, pubricacións galegas e imprenta"''. <ref>http://escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_content&view=article&id=49&Itemid=50&lang=es</ref>
A '''editorial Nós''' foi unha casa editorial galega creada en [[1927]]. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista [[Ánxel Casal]]. Da súa imprenta saíron ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'' e a revista ''[[revista Nós|Nós]]''. O seu nome completo era ''"Nós, pubricacións galegas e imprenta"''. <ref>[http://escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_content&view=article&id=49&Itemid=50&lang=gl "Anxel Casal"], artigo na web da Escola Rosalía de Castro.</ref>


==Historia==
==Historia==

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2012 ás 13:06

A editorial Nós foi unha casa editorial galega creada en 1927. Foi fundada e dirixida polo político e escritor galeguista Ánxel Casal. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. O seu nome completo era "Nós, pubricacións galegas e imprenta". [1]

Historia

A revista Nós naceu en Ourense no ano 1920, mais a partir do número 16 comezou a se imprimir en Pontevedra na busca de menores custos. En novembro de 1924, Ánxel Casal, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Máis tarde, desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós, onde finalmente tería cabida a revista. En 1930 fundou o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só duraría 14 números e arrastraría case que á quebra á editorial Nós.

A editorial pasou axiña a ser o brazo editorial das Irmandades da Fala, coa revista A Nosa Terra.

Notas

  1. "Anxel Casal", artigo na web da Escola Rosalía de Castro.