Alisio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Liña 59: Liña 59:
[[sr:Пасати]]
[[sr:Пасати]]
[[sv:Passadvind]]
[[sv:Passadvind]]
[[ta:வணிகக் காற்று]]
[[tr:Alizeler]]
[[tr:Alizeler]]
[[uk:Пасати]]
[[uk:Пасати]]

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2012 ás 12:03

Circulación xeral na atmosfera terrestre. A célula de Hadley subtropical, a célula de Ferrell e a célula polar. Os ventos alisios proveñen das latitudes subtropicais, sopran en dirección ó ecuador e son desviados cara o oeste polo efecto da rotación terrestre.

Os alisios son ventos que percorren a franxa ecuatorial e sopran de maneira relativamente constante no verán e algo menos no inverno, en dirección de NE a SO no hemisferio norte, e de SE a NO no hemisferio sur.

Características

Circulan entre os trópicos, dende os 30-35º de latitude cara o ecuador. Diríxense dende as altas presións subtropicais, cara as baixas presións ecuatoriais. O movemento de rotación da Terra desvía aos Alisios cara o oeste, e por iso sopran do nordés ao suroeste no hemisferio norte e do sudeste cara o noroeste no hemisferio sur. As épocas nas que os alisios sopran con menor intensidade constituían un perigo para os primeiros viaxes de veleiros cara o continente americano formándose épocas de calma do vento que impedían avanzar aos veleiros.

No ecuador prodúcese un ascenso masivo do aire quente, orixinando una zona de baixas presións que ven sendo ocupada por outra masa de aire que proporcionan os alisios. As masas de aire quente que ascenden, vanse arrefriando paulatinamente e diríxense a bastante altura en sentido contrario aos alisios, cara as latitudes subtropicais, de onde proceden estes. Os ventos alisios forman parte da circulación de Hadley que transporta a calor dende as zonas ecuatoriais ata as subtropicais reemprazando o aire quente por aire máis frío das latitudes superiores. A rotación terrestre é a que produce a desviación cara poñente destes ventos, desviación que se coñece como a forza ou efecto de Coriolis, cuxo nome procede de Gaspard Coriolis, un científico francés que describiu os mecanismos deste proceso.

Véxase tamén

Ligazóns externas