Reino de Francia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Liña 38: Liña 38:
==== Luís XVI ====
==== Luís XVI ====
[[Ficheiro:Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet.jpg|dereita|miniatura|100px|Luís XVI de Francia]]
[[Ficheiro:Ludvig XVI av Frankrike porträtterad av AF Callet.jpg|dereita|miniatura|100px|Luís XVI de Francia]]
Nado en [[1754]], [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó [[Luís XV de Francia|Luís XV]] en [[1774]]. Casouse con [[María Antonieta de Austria|María Antonieta]] filla de [[Francisco I de Austria]] e a emperatriz [[María Teresa I de Austria|María Teresa]]. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escaseza de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. En [[1791]], tras varios levantamentos e a [[Toma da Bastilla]], se converte en [[monarquía constitucional|monarca constitucional]], tras xurar a nova constitución, o seu título pasa a ser [[Reino dos Franceses|Rei dos franceses]]. Tras un intento de fuxida en [[1792]] e o ''[[Manifesto de Brunswick]]'', se proclama a [[Primeira República Francesa|República]] en Francia e é xulgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o [[21 de xaneiro]] de [[1793]] poñendo fin a 203 anos de goberno dos [[Borbón|Borbones]]. O seu fillo [[Luís XVII de Francia|Luís Carlos]] morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monárquicos o recoñeceron como rei tras a morte de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]].
Nado en [[1754]], [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó [[Luís XV de Francia|Luís XV]] en [[1774]]. Casou con [[María Antonieta de Austria|María Antonieta]], filla de [[Francisco I de Austria]] e a emperatriz [[María Teresa I de Austria|María Teresa]]. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escaseza de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]]. En [[1791]], tras varios levantamentos e a [[Toma da Bastilla]], convértese en [[monarquía constitucional|monarca constitucional]], tras xurar a [[constitución francesa de 1791|nova constitución]], e o seu título pasa a ser "[[Reino dos Franceses|Rei dos franceses]]". Tras un intento de fuxida en [[1792]] e o ''[[Manifesto de Brunswick]]'', proclámase a [[Primeira República Francesa|República]] en Francia e é xulgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o [[21 de xaneiro]] de [[1793]] poñendo fin a 203 anos de goberno dos [[Borbón|Borbóns]]. O seu fillo [[Luís XVII de Francia|Luís Carlos]] morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monárquicos o recoñeceron como rei tras a morte de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]].


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2012 ás 16:46

Modelo:País desaparecido O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV o XVIII co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un réxime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divindade Real e no apoio da Igrexa Católica.

Historia

A Paz de Etaples en (1492) é para algúns, o inicio da idade moderna en Francia. Ó rematar a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) e a firma do Tratado de Picquingny en (1475), en 1492 e 1493, o rei Carlos VIII de Francia asinou tres tratados adicionais con Henrique VII de Inglaterra, Maximiliano de Habsburgo e Fernando II de Aragón respectivamente en Étaples o Tratado de Senlis (1493) e o de Barcelona (1493). Estes tres tratados deixaron vía libre a Francia para tomar partido nas Guerras Italianas (1494-1559), que marcaron o comezo do moderno reino de Francia.

A Francia dos Borbón

Tras a morte de Carlos IX asumiu o trono o seu irmán Henrique III, pero á morte de Francisco de Alençon en 1584, irmán e herdeiro do rei católico Henrique III de Francia, converteu a Henrique de Navarra no lexítimo herdeiro de Francia, o que Henrique III debeu admitir, pois as súas irmás estaban fóra da sucesión pola Lei Sálica.

Henrique IV

Henrique IV de Francia

Henrique de Navarra subíu ó trono en 1553 e converteuse no primeiro rei de Francia da dinastía Borbón. Instaurou a paz relixiosa no país, tralas guerras entre católicos e hugonotes, aumentou o poder real deixando de convocar os Estados Xerais e regulamentando o parlamento. Situou a Francia como unha potencia económica en Europa, e levou a cabo políticas para garantir o benestar dos seus súbditos, o que o fixo moi querido polo pobo francés. Durante o seu reinado se fundaron as primeiras colonias francesas en Canadá. Morre asasinado o 14 de maio de 1610 por François Ravaillac, deiando o trono ó seu fillo, Luís.

Luís XIII

O reinado de Luís XIII estivo marcado polo sometemento dos Grandes e dos protestantes, así como pola loita contra a dinastía Habsburgo. A imaxe deste rei está inseparablemente ligada á do seu primeiro ministro, o Cardeal Richelieu, quen o axudará na reorientación da monarquía francesa.

Luís XIV

Luís XIV de Francia

Luís XIV é o rei máis coñecido desta etapa segundo a maioría dos historiadores. Foi alcumado como o Rei Sol. Nado en 1938, ascende ó trono en 1715. Combate en tres grandes guerras (a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra de Sucesión Española), aumenta a influencia de Francia en Europa, non só no político, senón tamén no cultural, con artistas como Molière. Isto fixo que ascendera en prestixio, Francia, a súa lingua, e o seu rei. Morre en 1715, deixando o trono ó seu bisneto, Luís XV.

Luís XVI

Luís XVI de Francia

Nado en 1754, Luís XVI ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó Luís XV en 1774. Casou con María Antonieta, filla de Francisco I de Austria e a emperatriz María Teresa. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escaseza de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de Luís XIV. En 1791, tras varios levantamentos e a Toma da Bastilla, convértese en monarca constitucional, tras xurar a nova constitución, e o seu título pasa a ser "Rei dos franceses". Tras un intento de fuxida en 1792 e o Manifesto de Brunswick, proclámase a República en Francia e é xulgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o 21 de xaneiro de 1793 poñendo fin a 203 anos de goberno dos Borbóns. O seu fillo Luís Carlos morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monárquicos o recoñeceron como rei tras a morte de Luís XVI.

Véxase tamén