Floruit: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: pl:Floruit
Liña 24: Liña 24:
[[nl:Floruit]]
[[nl:Floruit]]
[[no:Floruit]]
[[no:Floruit]]
[[pl:Floruit]]
[[pt:Floruit]]
[[pt:Floruit]]
[[ro:Floruit]]
[[ro:Floruit]]

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2012 ás 13:18

Floruit (a miúdo abreviado fl. ou flor.) é unha voz provinte do latín, a terceira persoa de singular do pretérito perfecto de indicativo do verbo florere, florecer, prosperar.

Emprégase para facer referencia a un período de tempo durante o cal unha persoa se atopaba nunha etapa florecente, unha escola, un movemento ou mesmo unha especie biolóxica, e úsase cando non se coñece con seguridade nin a data de inicio (nacemento, formación, creación, etc.) nin a data de finalización (morte, ruptura, destrución, etc.), só algúns fitos que amosan a actividade de tal persoa, escola, movemento ou especie.

O uso desta expresión comezou entre os gregos, onde se facía referencia á idade das celebridades (políticas, literarias, filosóficas) tendo en conta só o momento no que acadara o cumio (ἀκμή transliter. akmé ou acmé) da súa actividade, que en xeral se asociaba a un evento determinado (os Xogos Olímpicos, o acceso ó poder dun gobernante, etc.).