Conversa usuario:Kryser: Diferenzas entre revisións
Formato |
|||
Liña 29: | Liña 29: | ||
En Commons (arquivo cun millón de ficheiros multimedia) hai imaxes que se poden poñer coma se estivesen subidos á Galipedia. |
En Commons (arquivo cun millón de ficheiros multimedia) hai imaxes que se poden poñer coma se estivesen subidos á Galipedia. |
||
Tes máis información en [[Wikipedia:Como engadir imaxes]] e [[Wikipedia:Como editar unha páxina]] (ligazóns, tipos de letra, liñas, táboas, caracteres especiais, ligazóns externas,...). |
Tes máis información en [[Wikipedia:Como engadir imaxes]] e [[Wikipedia:Como editar unha páxina]] (ligazóns, tipos de letra, liñas, táboas, caracteres especiais, ligazóns externas,...).--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 16:44, 17 decembro 2006 (UTC) |
Revisión como estaba o 17 de decembro de 2006 ás 16:44
Ola Kryser. Benvido á Galipedia. Grazas por colaborares connosco.
A túa axuda é especialmente importante, pois, visto o artigo Oligomicina, móveste nun campo en que se moven moi poucos usuarios.
Non dubides en contactar comigo (Como contactar con outros usuarios?) cando desexes: estou á túa disposición.
Por certo coloquei ó final artigo Oligomicina a etiqueta [[Category:PendenteCategoría]]. Tódolos artigos deben de estar dentro dunha categoría temática, como eu son de letras e non teño claro onde colocar ese, púxenlle esa etiqueta. Quizais debera estar en Category:Microbioloxía, ou en calquera das subcategorías de Category:Química, Category:Bioloxía ou Category:Medicina. Por certo, podes colocar un artigo en dúas categorías (supoño que xa o sabías).
Grazas e un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:51, 17 decembro 2006 (UTC)
- Ola de novo, editaches na páxina correcta para enviar a mensaxe. De novo, darche as grazas polas túas contribucións. Non te preocupes se non dás categorizado os artigos, pero é conveniente que poñas [[Category:PendenteCategoría]] ó final do artigo para que outro usuario que coñeza ben a estrutura das categorías científicas poida atopar doadamente o artigo, posto que ó engadir esa etiqueta, o artigo pasa a estar listado en Category:PendenteCategoría.
Non te preocupes por non facer as cousas perfectas. Todo o que fagas será benvido se, como ata o de agora, traballas con contidos de calidade enciclopédica. Os erros son corrixibles mentres que as túas contribucións son insubstituíbles.
Sobre o artigo "Electron Transfer Chain" e en catalán "Cadena de transport electrònic", ponlle o nome que che pareza máis apropiado, quizais Cadea de transporte electrónico. Se o día de mañá se quere cambiar ese nome, faise en dous segundos, o importante é que exista o artigo.
Procurarei darlle unha ollada ós artigos que produzas, pero a verdade é que non o fas nada mal, e que tes un bo dominio da lingua para non estares na terra. Conta comigo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:25, 17 decembro 2006 (UTC)
Formato
Vexo o artigo ATP e está ben feito. Quizias te aclararas despois de me enviar a mensaxe.
Primeiramente repara en que se editas unha páxina, inda que non sexa para escribir, podes ver o formato.
- Os parágrafos sepáranse preferiblemente con dobre salto de liña.
- Os títulos entre 2 = (==), os subtítulos entre 3 = (===subtítulo===)
- Sangría poñendo : ó inicio de liña. Dobre sangría con ::
- Para engadir imaxes escribe [[image:nome da imaxe|thumb|right|200px|pequeno texto para o é da foto]]
En Commons (arquivo cun millón de ficheiros multimedia) hai imaxes que se poden poñer coma se estivesen subidos á Galipedia.
Tes máis información en Wikipedia:Como engadir imaxes e Wikipedia:Como editar unha páxina (ligazóns, tipos de letra, liñas, táboas, caracteres especiais, ligazóns externas,...).--Lmbuga Commons - Galipedia 16:44, 17 decembro 2006 (UTC)