Diferenzas entre revisións de «Auguste e Louis Lumière»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
Sem resumo de edição
 
== Traxectoria ==
Eran fillos do [[Fotografía|fotógrafo]] [[Antoine Lumière]], dono da empresa de material fotográfico Société Antoine Lumière et fils de Lyon. Foron os creadores do proxector cinematográfico, a partir do cal se desenvolveu a '''[[Cinema|Sétima Arte]]'''. Louis viría máis tarde a dedicar por completo a súa vida ao [[cinema]], realizando documentais curtos, e Auguste, máis tarde, seguiu a carreira na [[medicina]]. Casaron con dúas irmás e moraban todos na mesma mansión.
 
O primeiro espectáculo pago dos Irmáns Lumière ocorreu en París o [[28 de decembro]] de [[1895]], no ''Grand Café'', no Boulevard des Capucines. Fixeron unha digresión co cinematógrafo, en [[1896]], visitando [[Mumbai]], [[Londres]] e [[Nova York]]. As imaxes en movemento rapidamente tiveron unha forte influencia na cultura popular, con ''[[L'Arrivée d'un train en gare de laLa Ciotat]]'' (en galego: ''Chegada dun tren'') e cos filmes de actualidades, moitas veces citados como os primeiros documentais - aínda que o tema sexa algo polémico - tal como ''[[La Sortie de l'usine Lumière à Lyon]]'' (traducido ''Saída dos operarios das Fábricas Lumière'') ou ''[[Le Repas de bébé]]'' (O almorzo do bebé), incluíndo algunhas das primeiras tentativas cómicas coma o humor de slapstick de ''[[L'Arroseur arrosé]]'' (''O regador regado'').
 
Os operadores Alexandre Promio, Felix Mesguich, Francis Doublier e Gabriel Veyre, entre outros, foron adestrados polos irmáns Lumière no manexo do cinematógrafo. Estes operadores viaxaron entre 1896 e 1898 por diversos lugares do mundo filmando breves películas documentais e amosando o novo invento. Grazas ao traballo de todos eles o catálogo de filmes Lumière acadou case os mil títulos.
#''[[La Mer]]'', 38 segundos
 
As imaxes en movemento tiveron unha inmediata e significante influencia na cultura popular, como o famoso ''[[L'Arrivée d'un train en gare de laLa Ciotat]]'' (literalmente, "chegada do tren a La Ciotat") e ''[[Carmaux, défournage du coke]]''.
 
== Notas ==
339.230

edicións

Menú de navegación