Chase Budinger: Diferenzas entre revisións
m cat |
|||
Liña 52: | Liña 52: | ||
[[Categoría:Xogadores Houston Rockets]] |
[[Categoría:Xogadores Houston Rockets]] |
||
[[Categoría:Nados en 1988]] |
[[Categoría:Nados en 1988]] |
||
[[Categoría:Nados en California]] |
|||
[[de:Chase Budinger]] |
[[de:Chase Budinger]] |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2012 ás 00:57
Minnesota Timberwolves – No. 10 | |
Posición | Aleiro |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 22 de maio de 1988 (35 anos) Encinitas, California |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 99 kg (218 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | La Costa Canyon (Carlsbad, California) |
Universidade | Arizona |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44 Por Detroit Pistons |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2009–2012) Minnesota Timberwolves (2012–presente) | |
Información en nba.com |
Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.
O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.
O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]