Diferenzas entre revisións de «Receptor de células B»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hai varias vías de [[sinalización celular|sinalización]] por medio das que o BCR pode [[transdución de sinais|transducir sinais]]. As que se coñecen poden transducir sinais intracelularmente a través da vía PLCy/calcio/NFAT, a vía PI3K, a vía IKK/[[NF-κB]], e a vía ERK canónica. ([http://www.cellsignal.com/reference/pathway/B_Cell_Antigen.html ver imaxe]) <ref name= Kurosaki>{{cite journal|last=Kurosaki|first=Tomohiro|coauthors=Hisaaki Shinohara, Yoshihiro Baba|title=B Cell Signaling and Fate Decision|journal=Annual Review of Immunology|year=2008|volume=28|issue=1|url=http://www.annualreviews.org/doi/full/10.1146/annurev.immunol.021908.132541?url_ver=Z39.88-2003&rfr_id=ori:rid:crossref.org&rfr_dat=cr_pub%3dpubmed|doi=10.1146/annurev.immunol.021908.132541}}</ref> Estas vías de sinalización finalmente orixinan a expresión inicial de certos xenes que posteriormente activan a outros implicados na proliferación das células B, diferenciación e produción de inmunoglobulinas e outros procesos.
 
No caso da '''vía do [[factor de transcrición]] IKK/NF-κB''' o funcionamento é o seguinte:
* O [[CD79]] e outras proteínas, microsinalosomas, activan a [[PLCɣ]] despois de que o antíxeno foi recoñecido polo BCR e antes de que se asocie co [[c-SMAC]] (clúster de activación supramolecular central).
* Despois o [[PIP2]] ([[fosfatidilinositol]] bisfosfato) escíndese en [[IP3]] (inositol trifosfato) e DAG ([[diacilglicerol]]). O IP3 actúa como un [[segundo mensaxeiro]] e fai incrementar moi substancialmente a cantidade de ións [[calcio]] no [[citosol]] (que son liberados do [[retículo endoplasmático]] ou entran desde o medio extracelular por [[canal iónico|canais iónicos]]). Isto orixina finalmente a activación de [[PKCβ]] polo calcio e o DAG.
190.202

edicións

Menú de navegación