Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 602: Liña 602:
Desde o pasado día 1, a web de '''[http://www.usc.es/buscatermos Buscatermos]''' (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago) é pública, accesible a todo o mundo. Merece a pena gardar ese enderezo entre os favoritos. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 19:45, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Desde o pasado día 1, a web de '''[http://www.usc.es/buscatermos Buscatermos]''' (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago) é pública, accesible a todo o mundo. Merece a pena gardar ese enderezo entre os favoritos. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 19:45, 4 de outubro de 2012 (UTC)
:Si, vin a nova na TVG pero non conseguira acceder á ferramenta, nas ligazóns que atopara dentro da web da USC mandábanme a unha páxina que pedía usuario e contrasinal...! :). Grazas por esta ligazón. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 08:12, 5 de outubro de 2012 (UTC)
:Si, vin a nova na TVG pero non conseguira acceder á ferramenta, nas ligazóns que atopara dentro da web da USC mandábanme a unha páxina que pedía usuario e contrasinal...! :). Grazas por esta ligazón. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 08:12, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Graciñas, a min vaime ser útil --[[Usuaria:Elvire|Elvira]] ([[Conversa Usuaria:Elvire|Conversa comigo]]) 10:13, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2012 ás 10:13

Esta é a sección xeral da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Imaxes
publicar

Esta sección úsase para discutir sobre temas non cubertos polas outras seccións.

Comezar un novo fío de conversa

Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

Artigo en La Voz de Galicia

Hoxe domingo apareceu na sección de Vigo de La Voz de Galicia o artigo "Wikipedia dice que Vigo es la tercera urbe de Portugal", firmado por Eduardo Rolland. Nel xeralízase sobre os vandalismos na wikipedia, a partir dun caso concreto na wiki:en sobre o artigo Vigo.
Animo á comunidade a escribirmos unha carta ao xornalista e ao director de dita publicación, comentándolle como funciona a wikipedia, a existencia da galipedia, e outros avatares. Sinto non poder colaborar, estarei fóra até o sábado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:42, 17 de xullo de 2011 (UTC)

  • Vino tamén eu circulando por aí. E pensei o mesmo ca ti, Estevo. Este señor que haberá que supoñer xornalista profesional fai o ridículo polo feito de inventar unha nova así, e por riba coa coraxe de asinalo. Eu non me animo a escribila, pero se alguén o fai, si contribúo con correccións. De calquera maneira, moi do nivel de La Voz de Galicia, para a nosa desgraza. --Atobar (conversa comigo) 20:09, 17 de xullo de 2011 (UTC)
Eduardo Rollanda é este. Polo que vexo no currículo, poida que si fose en verdade útil esa carta, porque en principio parece unha persoa que podería rectificar (no sentido de aceptar que quitou unha nova da nada, e sen a menor relevancia). --Atobar (conversa comigo) 20:12, 17 de xullo de 2011 (UTC)

Estimada comunidade: adxunto o mail que lle mandei hoxe; creo que se entende que falo no meu nome, a título persoal, non como administrador. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:07, 25 de xullo de 2011 (UTC)

Prezado Eduardo:
Son Adrián Estévez, colaborador da wikipedia, especialmente en lingua galega, da que son administrador. Escríbolle en relación ao artigo "Wikipedia dice que Vigo es la tercera urbe de Portugal", que apareceu publicado en La Voz de Galicia o pasado día 17.
Ao meu entender, xeraliza vostede sobre un caso particular. Alguén editou de forma vandálica no artigo en lingua inglesa sobre Vigo o día 15 de xullo dicindo que era unha vila portuguesa, pero ao día seguinte a edición xa foi revertida, polo que cando apareceu o artigo xa non tiña pertinencia.
En liñas xerais, existe unha comunidade de usuarias e usuarios habituais que revisan as edicións recentes, desbotando os vandalismos. Ese en concreto, durou 24 horas. É obvio que nunha enciclopedia aberta e participativa, hai lugar para os erros e as barbaridades intencionadas, pero non é xusto xeralizar a partir dun caso concreto.
Por outra banda, convídoo a coñecer desde dentro a existencia da galipedia, como alcumamos agarimosamente á versión en lingua galega da wikipedia. Dado que os datos sobre cidades e vilas galegas están escritos por xente de aquí, adoitan ser bastante fiables. Amais, atopará multitude de datos referenciados de temas tan diversos como o patrimonio arquitectónico e inmaterial, a poboación, o deporte ou a literatura. Pero non só é unha enciclopedia galega, por suposto, senón que inclúe artigos de todos os ámbitos segundo os intereses das persoas colaboradoras: desde pequenas illas hawaianas, até asteroides, historia xaponesa ou música contemporánea.
Os datos incluídos na wikipedia (nas máis de 200 linguas en que existe versión) están publicados con licenza Creative Commons, que permite utilizar o seu contido indicando a súa orixe. Convídoo a usar a wikipedia como fonte fiable, e convídoo a colaborar con ela aumentando os seus contidos.
Un saúdo.
Gústame moito o texto. Boa idea. --Alberte Si, dígame? 17:19, 25 de xullo de 2011 (UTC)
Ben falado. Moi diplomático. --Atobar (conversa comigo) 22:55, 25 de xullo de 2011 (UTC)
Moi ben explicado todo e sen despeinarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:33, 26 de xullo de 2011 (UTC)

Artigo destacado sobre Galicia en agosto

Por favor, galipedistas, ide votar as 4 propostas que hai abertas para artigo sobre Galicia. Xa estamos en agosto e a portada está sen artigo destacado sobre Galiza. Se ao longo da xornada isto non se remeda, daquela haberá que repetir o do mes pasado, pero esperemos que non. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 08:43, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Creo que xa se pode poñer o artigo do Celta de Vigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:06, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Petróglifos de Campo Lameiro

Teño pensado ir mañá a visitar o novo Centro de interpretación dos petróglifos de Campo Lameiro e de paso facer as fotos que poda. Si se quere acercar alguén aínda poderemos estar un pouco de palique. Perdón por avisar tan tarde pero é que estes días ando cun cento de cousas na cachola... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:45, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Como hoxe está o día tan pechado ó final vou ir mañán pola mañá que parece que vai estar mellor día, domingo. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 07:35, 6 de agosto de 2011 (UTC)

Categorías sen sentido

A páxina de Usuario:Neptunerover está categorizado como "Artigo de calidade en gl.wiki | Artigo de calidade en sw.wiki | Artigo de calidade en .wiki". Quixen borrar estas categorías (en vermello, naturalmente) pero non souben como, así que o deixo aquí para que alguén máis experto o faga. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 14:56, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Xa está, tiña na páxina o modelo de Link FA (artigo de calidade) que só é para usar nas páxinas dos artigos, ese modelo debe inserir de forma automática nesas categorías. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:42, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Montes

Por outro asunto fixen unha procura por Montes, e sae unha páxina de homónimos, e cando picas en outros artigos saen máis páxinas de homónimos, non están esas paxinas en bucle?, e non se tería que deixar un título baleiro para cando alguén queira facer un artigo sobre o que é en si un Monte? --Xabier Cancela (fálame) 20:08, 8 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non, Xabier, non hai tal bucle: hai 3 páxinas de homónimos que en "Outros artigos" se relacionan entre si: Monte, Montes e O Monte (e faltaría Os Montes), pensados en homónimos de lugares de Galicia. Falta, efectivamente, o concepto orográfico de monte. Pedro --Lameiro (conversa) 21:06, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Bufo vs Moucho

A parte de que na miña vida lle escoite a ninguén chamarlle Bufo a un Moucho (será unha das típicas caralladas da RAG), creo que os artigos Bufo e Moucho están totalmente repetidos, ademais de existir varios artigos de Bufos e Mouchos, non sería aconsellable que fosen todos ou Bufos ou Mouchos? se alguén controla de aves ...... --Xabier Cancela (fálame) 00:38, 14 de agosto de 2011 (UTC)

  • E, á súa vez, o mesmo contido, pero máis completo e mellor desenvolvido (por Hugo22), está en Estrixiformes. Bufo foi creado por Xoán Carlos Fraga o 1.12.2005, e Moucho) por unha IP o 24.10.2007, pero son exactamente iguais. Habería que borrar eses dous (Bufo e Moucho), e reservar eses nomes para as especies propias. O que xa non sei é que se faría cos historiais. Pedro --Lameiro (conversa) 10:30, 14 de agosto de 2011 (UTC)
Eu sempre entendín que bufo é o castelán "búho" (cuxo representante máis notorio é o bufo real,Bubo bubo) e moucho o castelán "mochuelo" (sendo o máis común o moucho común, Athene noctua). De feito, eu puiden oír o canto do moucho en multitude de ocasións e cheguei a albiscar un par deles, mentres que do bufo só tiven a ocasión de o sentir, que non se deixou ver, unha única vez nun monte de Tomiño. Os seus cantos son nitidamente diferentes. Ademais, tanto bufo coma moucho designan un conxunto de especies, non as especies propias (que serían o bufo real ou o moucho común). --Paradanta (Cóntame) 11:14, 14 de agosto de 2011 (UTC)

unha encarga

Unha encarga para algún bot que estea pouco ocupado: temos que corrixir 43 páxinas con proprio e 34 con propria. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:04, 21 de agosto de 2011 (UTC)

Feito! Feito!. Respectadas as citas, títulos de libros... Tamén había *próprios/as, con acento, *improprios/as, *apropriados/as, *inapropriados/as ... --. HombreDHojalata.conversa 11:19, 27 de agosto de 2011 (UTC)
  • Outra: tamén cómpre corrixir equipa por equipo, pero aquí con tento porque hai casos non que non é substantivo senón do verbo equipar. Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 21 de agosto de 2011 (UTC)
BotDHojalata voluntario para os *proprios (hai que sumar +15 e +6 contando os plurais). Pero os "equipa/s" mellor a man, so hai 34 "equipa" e 9 "equipas" e hai que mudar tódalas construción de tódalas frases do feminino o masculino, cousa moi complicada para o meu bebé-bot.--. HombreDHojalata.conversa 20:33, 21 de agosto de 2011 (UTC)
Xa fixen eu as *equipas á man. Espero que non se me escapara ningunha. Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 9 de setembro de 2011 (UTC)

En canto remate de publicar esta mensaxe vou proceder a pechar esta solicitude de permisos de bot acolléndome ao 5 pilar da Wikipedia, que permite ignorar todas as regras se a situación o require. Neste caso, o bot KuduBot (conversa · contribucións) vainos axudar a arranxar todos os erros derivados da modificación do modelo {{Coordenadas}} e relacionados.

Procedo entón, a conceder o estado de bot ao usuario. Se alguén ten algo que obxectar pode comentalo a continuación. Grazas. --Toliño Fala aquí comigo 18:09, 9 de setembro de 2011 (UTC)

Ben, previsiblemente comezará o traballo a partir do domingo. --Toliño Fala aquí comigo 11:25, 10 de setembro de 2011 (UTC)

¿Por qué Federico García Lorca non está no Dominio Público?

Uns datos interesantes sobre o dominio público en España: http://blogs.zemos98.org/cultura-abierta/2011/08/17/garcia-lorca/, en castelán. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:39, 15 de setembro de 2011 (UTC)

Un par de preguntas

  • ¿Como se fai para subir a Commons unha imaxe que hoxe xa está na Galipedia?
  • Unha vez feita esta operación ¿abonda con marcar para borrar a imaxe en Galipedia?
  • ¿Como se fai a categorización en galego (no noso sistema local de categorización) de imaxes de Commons? ¿Simplemente engadir un "Categoría:imaxes de Oubiña, Cambados"?

Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:31, 22 de setembro de 2011 (UTC)

  • Para pasar imaxes de forma individual podes usar esta ferramenta http://toolserver.org/~magnus/commonshelper.php?interface=es. Si son moitas imaxes hai bots que o fan, podo buscalos se fai falta.
  • Non sei cómo se borran as imaxes da Galipedia pero penso que non se borran, póñeselles o modelo SubidaaCommons ou algo parecido.
  • Simplemente facendo a categoría Oubiña, Cambados dentro da categoría Cambados xa está. E creo que xa o fixeches :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:03, 23 de setembro de 2011 (UTC)
Polo que entendo do que pides en primeiro, hai unha ferramenta que deichei, na miña experiencia o mais simple :
  1. antes de levar a imaxe a Commons tes que gravala na túa computadora
  2. logo en Commons cargas o ficheiro tranquilamente dende a túa computadora
  3. Unha vez feita esa operación tes que saber cunha imaxe utilizada nun artigo, ten que quedar loxicamente, é loxico. Outra cousa pode ser de "descategorizala" e retirala das páxinas de imaxes para ganar espazo. Lembra ca votación en curso de debate di : Progresivamente e a partir do peche, as imaxes almacenadas con anterioridade na Galipedia, e que non foran aínda subidas a Commons, irían movéndose cara alá., non se di como organizamos o que queda, temos un montón de imaxes que son tesouros que non teñen requisitos para ir a Commons e que ainda non temos os artigos que as necesitan (non é hora que atope exemplos) e penso que habra consenso para gardalos.
  4. Polo de momento tes que engadir no ficheiro {{SubidaACommons}} para ter en conta a operación. Esto é o que fago por si pode servir en espera.--Elvira (conversa comigo) 00:24, 23 de setembro de 2011 (UTC)

Por outra banda, discordo profundamente de que teñamos ficheiros que "non teñen requisitos para ir a Commons ". Todos poden ir a Commons, obviamente agás os que xa está "ilegales" na Galipedia (exemplos de "ilegales": Categoría:Imaxes sen Licenza, Categoría:Imaxes sen Orixe, Categoría:Imaxes sen Orixe de posible autoría propia...)--. HombreDHojalata.conversa 07:19, 23 de setembro de 2011 (UTC)

  • Non vira estas respostas ata hoxe. Disculpade. Canto á primeira pregunta (como subir desde Galipedia a Commons) non acabo de entendelo. A ferramenta que dá Elisardo semella fácil pero preciso máis información: un código de idioma (gl), un nome da imaxe (fotografía.jpg), un nome novo (ou non, opcional), un proxecto (¿wikipedia?, non entendo), e un usuario (lameiro ¿ou gl:lameiro?). Tampouco entendo o que vén a seguir: TUSC user name (usuario en Commons) e TUSC password (NOT o contrasinal de Commons). Entón ¿cal?. A alternativa de Elvire é máis facil (collo a foto no meu ordenador e logo e súboa como miña), pero non pode ser: ¿como e onde digo de quen é? Aínda que, de facer estes traballiños faríao coas miñas propias fotos, que as conservo no meu ordenador.

A segunda pregunta queda clara. Con ese marcador logo xa dcidiremos qué facer.

A terceira (categorización) expliqueina mal, parece. Trátase de que eu subo unha foto a Commons e doulle "category:Sculptures of Adam". Pregunto: ¿cómpre darlle tamén unha "Categoría:Imaxes de estatuas de Adán", seguindo o noso sistema local, ou deixamos só a categoría en inglés de Commons? As dúas categorías, á hora de subi-las fotos non van poder ser pois seguro que quedaría en vermello en Commons. Espero explicarme agora mellor. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:39, 25 de setembro de 2011 (UTC)

O TUSC é o Toolserver User Screening Control, un rexistro nas "tools" que facilita algunhas cousas. Non é obrigatorio empregalo.
Como e onde dis de onde saíu a foto? Pois en "orixe" e en "autor", non? (exemplo: File:Sergio Dalma.jpg)
Non, non tes que copiar as categorías da Galipedia en Commons. As imaxes da Galipedia van en categorías con estrutura [Categoría:Imaxes de X] (nunca souben o motivo), e as de Commons simplemente [Category:X]. :Por exemplo Categoría:Imaxes de Vigo / Category:Vigo--. HombreDHojalata.conversa 17:03, 25 de setembro de 2011 (UTC)
Si, o TUSC é o que HombreDHojalata, non é obrigatorio usala pero é moi útil nalgúns casos. En concreto no que nos ocupa vale para non ter que copiar a foto no noso ordenador, a ferramenta traslada a imaxe dunha wiki a outra directamente sen máis nada.
Como tamén comentou HombreDHojalata non se poden copiar as categorías da Galipedia en Commons, por unha banda porque non seguen a mesma estrutura e por outra porque as categorías teñen que poñerse obligatoriamente en inglés. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:51, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Índices de calidade

Resulta que un dos índices de calidade das wikipedias é o número ou porcentaxe de páxinas con ligazóns cara homónimos, cando deberían ligar co artigo correspondente. Segundo podemos ver nunha interesante páxina que atopou HombreDHojalata [1] aquí temos 32.735 ligazóns que non nos levan a onde queremos ir, senón a unha páxina de homónimos (fala dun índice de desprecio da regla de desambiguación do 27,372%, pero non estou seguro de que sexan porcentaxes). As páxinas de homónimos máis ligadas son China (1.176 veces), parroquia (1.033), rock (613), Igrexa Católica (581) e ano (510).

Algúns artigos destacan como “máis ambiguos[2] (é dicir, conteñen un maior número destas ligazóns internas cara homónimos). Encabezan a lista Freguesías de Portugal (62 ligazóns) e Toponimia (39), pero aquí vai ser difícil eliminar esa ambigüidade se non eliminamos corchetes, directamente. O que máis me chama a atención é que entre os 10 primeiros, entre os 10 máis ambiguos temos 4 netamente galegos: o 3º é Reino de Galicia (35 ligazóns), o 4º Historia de Galicia (30), o 7º Historia da lingua galega (28) e o 10º Galicia (23).

¡Canto chollo temos por diante! Pedro --Lameiro (conversa) 17:38, 26 de setembro de 2011 (UTC)

  • Choio do bo, si, e eu diría que prioritaria. --Atobar (conversa comigo) 17:41, 26 de setembro de 2011 (UTC)
    • É que hai páxinas de homónimos que son pouco prácticas. Por exemplo, no caso de China, o lóxico é que esta entrada redirixa con República Popular da China, ficando como páxina de homónimos China (homónimos). É o máis sensato, porque cando un escribe China na maioría esmagadora dos casos quere referirse á China continental, mentres que cando un quere referirse á China insular adoita escribir Taiwán. Penso que é moito máis operativo, ademais de nos aforrarmos un traballo tedioso. --Paradanta (Cóntame) 17:59, 26 de setembro de 2011 (UTC)
      • Si, señor, esa é a idea. Antes de meternos co chollo, un momento de reflexión. Pode ser que unha das causas de tanta ambigüidade sexa a elección do título da px de homónimos. O criterio de forma máis común debería aplicarse, por analoxía, tamén neste caso: no caso de China e Taiwán son 1.176 ligazóns erróneas. E ¿Por que diferenciamos rock e música rock cando para todo quisqui son o mesmo? (613 ligazóns erróneas) ¿Por que titulamos fungo a px de homónimos e reservamos fungi para os fungos? (105 ligazóns erróneas). Sonche ganas de dar traballo e fomentar ligazóns erradas. Creo que, nestes casos, a solución sería mover a páxina de homónimos a unha “concepto (homónimos)” e reservar o título común para o artigo principal. Aforraríanos moitísimo traballo e ademais semella máis lóxico. Pedro --Lameiro (conversa) 18:14, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Aí décheslle, Lameiro. That´s the question...se hai consenso, eu mesmo ofrézome voluntario para mover China a China (homónimos) e deixala como redirección a República Popular da China, e con ese simple movemento arranxamos 1.176 ligazóns dun plumazo. Despois podemos ir vendo casos similares e ir propoñendo a conveniencia dos cambios nas súas respectivas páxinas de conversa. --Paradanta (Cóntame) 19:28, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Tes o me voto de confianza, para empezar, pero supoño que haberá que esperar máis opinións. Quizais sería bo que alguén crease unha paxiniña para ir propoñendo eses casos particulares. Moitos serán de caixón, outros esixirán debate. Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 26 de setembro de 2011 (UTC)
  • Adiante. O caso de China en concreto non parece que admita moita discusión. --Atobar (conversa comigo) 20:46, 26 de setembro de 2011 (UTC)
Feito! Feito! Como se pode crear esa páxina para ir propoñendo os cambios? Alguén máis avezado ca min se atreve a creala? --Paradanta (Cóntame) 07:45, 27 de setembro de 2011 (UTC)

unha de cine

Neste vídeo, fragmento da película O lapis do carpinteiro, vese un mítin na campaña polo Estatuto do 36. ¿Alguén sabe a quen representa o tipo este? ¿Bóveda, quizais? Pedro --Lameiro (conversa) 09:29, 28 de setembro de 2011 (UTC)

teléfonos

Acabo de ver, no artigo sobre a II República Española que aparece o teléfono (vía Skipe) dun tal -supoño- Toribio Echeverría: "O escritor eibarrés Toribio Echeverría redacta, no seu libro Viaje por el país de los recuerdos (ISBN 84-7173-54-1) a proclamación da Segunda República". Supuxen que sería o ISBN pero ó pasa-lo rato por riba vexo que é un teléfono. Xa o vin máis veces pero non lembro agora para darvos exemplos. ¿Que xiustificación ten que apareza ese dato? Non só é provisional (sen continuidade enciclopédica) senón que é absolutamente irrelevante, e indiscreto. Supoño que se insire automaticamente, porque este Skipe é moi metomentodo ¿hai forma de eliminalo? Digo de forma automática, non borrándoo á man, que non é plan. Pedro --Lameiro (conversa) 17:10, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Segundo isto, si que o é. Pero por algún motivo o sistema que ten o wiki para detectar o ISBN non vai (ou é que efectivamente non é un ISBN). --Toliño Fala aquí comigo 17:26, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Entón, se é o ISBN o problema é que Skipe ve unha serie de números e interprétao como un teléfono. Agora que me fixo, no artigo Pedro Benavente tamén aparece algo así e tamén é o ISBN, non un teléfono. Señor, que paciencia. Pedro --Lameiro (conversa) 17:44, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Amañado segundo [3]. Tiña dous erros--. HombreDHojalata.conversa 18:57, 28 de setembro de 2011 (UTC)
¿Amañado? ¿Para todos ou teremos que facelo á man caso por caso? Pedro --Lameiro (conversa) 19:35, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Neste caso non funcionaba porque faltába un número [4]. O sistema funciona perfectamente. O problema non é da wiki, é so dos que tendes o Skype instalado, que "secuestra" os números que lee no navegador. So por facer a proba, desinstala o Skipe e verás (despois non custa muito volver instalalo, se queres). Ó mellor hai forma de configurar o Skipe para que non faga tal cousa, é algo que xa se me escapa. Non o emprego.--. HombreDHojalata.conversa 19:42, 28 de setembro de 2011 (UTC)
Se atopas calquera outro ISBN que non teña 10 díxitos (ou 13 para algún dos editados dende 2007)... malo. Ten un erro--. HombreDHojalata.conversa 19:49, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  • A min pasoume un tempo e efectivamente é cousa ds secuestros que fai o Skype. Non recordo de que maneira, pero puiden desactivalo sen desinstalalo e nunca máis volveu pasar. Fedella no teu skype, Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 20:51, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Artigo na Vanguardia sobre a Wikipedia

Hoxe saleu na Vanguardia un artigo con bastantes detalles da Wikipedia en xeral, podede velo aquí. Vai saír mañá no especial do periódico e analiza a situación da Wikipedia respecto ós editores con distintos comentarios de xente relacionada cos proxectos. Aínda que está centrado na wiki en inglés e algo na castelán sirve para ver algunhas ideas que poden aparecer no futuro nas wikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:19, 21 de outubro de 2011 (UTC)

Voluntarios para o xacemento arqueolóxico de Pena Furada

Os vindeiros 29 e 30 de outubro vai seguirse coas escavacións arqueolóxicas no xacemento de Pena Furada en Coirós, perto da Coruña. Están dirixidas polo arqueólogo Antón Malde e teñen os permisos pertinentes de Patrimonio e do concello de Coirós, e están buscando arqueólogos voluntarios que os axuden, os que estén interesados poden mirar esta páxina e esta ou contactar comigo para ter algo máis de información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:19, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Aproveitando o tema ben se podían sacar unhas fotiños para a wiki :) --Alberte Si, dígame? 20:22, 25 de outubro de 2011 (UTC)
Algunhas fotos xa hai, pero farán falta máis das achegas que se fagan esa finde. Eu non vou estar eses días por aquí así que a ver se alguén pode ir e aproveita. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:31, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Rematado o concurso Wiki Loves Monuments 2011

Saúdos a todos. O pasado día 30 de setembro rematou el concurso Wiki Loves Monuments que distintos capítulos, asociacións e usuarios organizaron en diferentes países europeos para conseguir imaxes con licencia libre do Patrimonio Cultural europeo. Subíronse case 170.000 novas imaxes a Commons entre os participantes de tódolos países o que constitúe un gran éxito. De todas estas fotos preto de 18.000 son de monumentos de España (pódese acceder a elas usando esta ligazón), das que 746 son da Comunidade Autónoma de Galicia e ás que podedes acceder na seguinte ligazón: http://toolserver.org/~platonides/wlm/uploads.php?userlang=gl&provincia=C.A.+Galicia. Esperamos que estas imaxes podan axudar a ilustar os artigos da Galipedia e que podan ser incorporados pouco a pouco ós mesmos.

Actualmente o xurado está revisando as fotos e en breve anunciaranse os gañadores das distintas categorías. O día 5 de novembro realizarase na cidade de Plasencia a cerimonia de entrega de premios, todo o que queira asistir será benvido.

Tamén queremos agradecer a toda a xente que participou no concurso cedendo as súas imaxes, así como a todos os usuarios gracias a cuxo apoio e dedicación fixeron posible realizar este proxecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:31, 25 de outubro de 2011 (UTC)

Xa están seleccionadas as fotos gañadoras de WLM e as nominadas para a fase europea, podedes velas nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:22, 6 de novembro de 2011 (UTC)
Xa están seleccionadas as fotos gañadoras de WLM da fase europea, podedes velas todas con tódalas finalistas de cada país nesta [ligazón]. Moitas fotos boas nun sitio moi pequeno, e todas libres para os nosos artigos :). Saúdos,

Horacio Ferrer

A ver se alguén coñece ou atopa información. Hai un Horacio Ferrer, cantante de tangos, e outro Horacio Ferrer, pintor realista da postguerra. Interesa separalos porque no pavillón español da Exposición Internacional de 1937 había un cadro deste segundo e fixen unha ligazón, que me levaba ó cantante. Non sei o segundo apelido de ningún deles polo que, para evitar confusións, poño o "pintor" tras este segundo, aínda que ben sei que non é forma, pero non se me ocorreu outra solución -provisional- mellor. Pedro --Lameiro (conversa) 20:26, 4 de novembro de 2011 (UTC)

(CdE) ¿O pintor será Horacio Ferrer de Morgado?, según isto participou na Exposición de 1937 co cadro Aviones negros... A ver se atopo os apelidos do outro... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:22, 4 de novembro de 2011 (UTC)
Do outro non atopo nada que diga explícitamente o segundo apelido, pero hai moitas páxinas que poñen o que di Estevo sobre o apelido da súa nai, Aliccia Escurra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:50, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Eleccións no Galzionario

Boas à todas e todos ! Ábrese hoxe, no Galizionario unha votación para a elección de administradores aquí e outra acá. Na Galipedia somos algúns que temos mais de 150 edicións no Galizionario e que fai mais de 60 dias que estamos rexistrados nel, poís temos os requisitos para participar nas votacións. É por iso que permítome dar aviso, os que pensamos ter algún compromiso co proxecto irmán, temos que sabelo para participar. Saúdos a todas e a todos --Elvira (fálame) 18:35, 7 de novembro de 2011 (UTC)

ligazóns a outras linguas

Non me parece correcta a solución de incluír no texto ligazóns a wikis noutras linguas. Hai pouco atopei unha ligazón á wikipedia xaponesa, agora atopo esta á wiki inglesa, no artigo albanelaría: "Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).". Pedro --Lameiro (conversa) 21:37, 7 de novembro de 2011 (UTC)

Non é correcta, non. Retireinas. --. HombreDHojalata.conversa 22:03, 7 de novembro de 2011 (UTC)

lig. cara homónimos

Nos artigos sobre os días do ano comezamos cunha redacción estándar:

  • O 1 de xuño é o 152º día do ano do Calendario Gregoriano e o 153º nos anos bisestos. Quedan 213 días para finalizar o ano.

O problema é esa ligazón leva a unha páxina de homónimos: ano (astronomía) e ano (anatomía) (e outras posibilidades (ano luz, ano bisesto, etc.). Vexo que xa se incluíu o de (astronomía) algúns casos pero aínda faltan moitísimos; e o segundo, no que remata a frase, está ligado nuns casos e noutros non, cando sobraría esta segunda ligazón. ¿Pode algún bot facer os cambios para que o primeiro ligue correctamente a ano (anatomía) e eliminar a segunda ligazón? Pedro --Lameiro (conversa) 18:53, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Usuario:BotDHojalata pode mudar tódolos [[ano]] por [[ano (astronomía)|ano]] en tódolos artigos que están dentro da Categoría:Efemérides. Pero non sabe eliminar ligazóns internas repetidas. --. HombreDHojalata.conversa 19:57, 8 de novembro de 2011 (UTC)

Biografías en www.galiciaaberta.com

Acabo de atopar na web unha ristra de biografías de galegos, coméntoo por se poden valer de referencia para algún artigo, non as revisei así que non podo dicir a calidade que teñen. Están nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 10 de novembro de 2011 (UTC)

Cantigas en cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp

Atopei isto na web da AELG:

"O Instituto de Estudos Medievais, da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa, presentou o pasado 27 de outubro o proxecto Littera. este proxecto procura iniciar, de forma coherente, coordenada e cientificamente consistente, a edición, protección e actualización do patrimonio literario e cultural medieval galego-portugués, nas súas dúas grandes vertentes: poesía e prosa narrativa. O sitio web Cantigas é un servizo público dirixido a docentes, especialistas e público en xeral. A base de datos conta coa totalidade das cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, as imaxes dos manuscritos e a música medieval ou as versións ou novas composicións contemporáneas. Tamén se comparte información sobre todos os autores nela incluídos, os personaxes e lugares referidos nas cantigas, así como a Arte de Trovar, o pequeno tratado de poética trobadoresca que abre o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Portugal, colaboradora neste proxecto.". De seguro que hai moita información que se pode referenciar con esa web, por si alguén o necesita. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:13, 10 de novembro de 2011 (UTC)

Votación no Galizionario

Boas à todas e todos ! Para rematar a actual valoración da administración local necesaria ao proxecto, ábrese o martes 15 de novembro do 2011 aquí unha votación para a solicitude de revogación de administradores inactivos, e péchase o xoves 24 de novembro do 2011. Na Galipedia somos algúns que temos mais de 150 edicións no Galizionario e mais de 60 dias de antigüidade níl, poís temos os requisitos para participar na votación. É por iso que permítome dar aviso, os que pensamos ter algún compromiso co proxecto irmán, temos que sabelo para participar. Saúdos a todas e a todos --Elvira (fálame) 00:26, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 16 de novembro de 2011 (UTC)

Un novo compañeiro na rede: a wiki-Elika

A fundación ELIKA, do País Vasco, acaba de inaugurar a súa propia wiki. Trátase dun portal dedicado á alimentación e á Seguridade Alimentaria, que leva anos ofrecendo información variada e valiosa. Comezou hoxe só cun glosario, que seguro nos será de gran utilidade. E con abre un futuro esperanzador. Quería compartir con vós esta boa nova. Pedro --Lameiro (conversa) 17:30, 30 de novembro de 2011 (UTC)

Non atopei a licenza, ou considerase automaticamente que esta no dominio publico ? --Elvira (fálame) 23:03, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Polo que vexo non está no dominio público. Na ligazón a "Aviso legal" establecen que "Todos los contenidos del sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imágenes, ... se encuentran protegidos por los derechos de propiedad intelectual". Pedro --Lameiro (conversa) 23:34, 6 de decembro de 2011 (UTC)
Engadir que, ó contrario do que di Elvire, se non constara a licencia automaticamente hai que considerar tódolos dereitos reservados. --. HombreDHojalata.conversa 13:01, 8 de decembro de 2011 (UTC)

Calendarios do mundo

No cadro que aparece nos artigos dos anos (véxase, como tal, 1978, 1986, etc.), o dato correspondente ó calendario Samvat devbolve un número de teléfono (cousas do Skipe). Pedro --Lameiro (conversa) 14:14, 6 de decembro de 2011 (UTC)

¿Páxina revisada?

¿Que novo invento é este de "marcar esta páxina como revisada" que está aparecendo nas páxinas de nova creación? ¿Que obxectivo persegue? Pedro --Lameiro (conversa) 23:23, 10 de decembro de 2011 (UTC)

Realmente non é nada novo, dado que xa aparecía nas páxinas novas ao acceder a elas desde Especial:Páxinas novas. Agora parece que aparece tamén ao ir desde os cambios recentes. O que podo dicir é que retira a cor amarela coa que se resaltan as páxinas novas Especial:Páxinas novas para indicar que alguén con traxectoria no proxecto lles botou un ollo e non son vandalismos. As páxinas creadas por administradores márcanse como revisadas automaticamente; tamén ao editar unha páxina un usuario con traxectoria revísase automaticamente. Hai un rexistro que leva a conta: Especial:Rexistros/patrol. --Toliño Fala aquí comigo 12:42, 11 de decembro de 2011 (UTC)
Como dato dicir tamén que o primeiro rexistro é de Albert galiza o 20 de novembro de 2007, de modo que non é nada novo. --Toliño Fala aquí comigo 12:44, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Nova ligazón interesante

Hoxe acabo de atopar a World Register of Marine Species que é unha base de datos accesible por internete con información de milleiros de especies mariñas. Poño aquí este aviso porque paréceme unha fonte moi interesante para os que estén metidos con este traballo xa que TODO o texto contido nas súas fichas ten licencia CC-BY-SA, é dicir, pode copiarse directamente na Galipedia indicando de ónde ven. A única pega é que está en inglés :(. (NOTA: Fishbase é outro servicio similar a este pero a súa licencia é CC-BY-NC o cal impide trasladalo directamente á Galipedia.) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:15, 12 de decembro de 2011 (UTC)

Lei SOPA e a wiki en inglés

Acaban de mandarme un correo sobre un proceso que está sucedendo na wiki en inglés. Como sabedes a wiki en italiano pechou durante 48 horas por un proxecto de lei que ameazaba a súa independencia editorial. Agora pode pasar algo parecido coa lei SOPA (Stop Online Piracy Act) en yankilandia e a wiki en inglés. Jimmy Wales abreu unha conversa para atopar opinións sobre esa posibilidade na súa páxina de usuario. Aínda non vin o que comentan nin sei moito máis da SOPA boba esa, pero aviso por se alguén máis quere ir botando un vistazo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:04, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Niste eido, na wikipedia en francés intentouse en novembro un debate preparatorio (en vano polo momento) para unha votación de decision sobre as modalidades que se poden tomar para utilizar a wikipedia come vector de protesta, xa que andase a comentar por un lado e outro, con opinions varias, o que pasou na wiki en italiano e o da actualidade na wiki en inglés.--Elvira (fálame) 21:42, 13 de decembro de 2011 (UTC)

Conferencias sobre Lois Pereiro

Do 15 ó 17 de decembro a Real Academia Galega vai organizar o Congreso Lois Pereiro en Santiago e A Coruña. Toda a información na súa páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:45, 14 de decembro de 2011 (UTC)

O Goberno Vasco dona artigos á Euskalpedia

Mandáronme un correo cunha ligazón a un artigo que fala do proxecto que xa comentei que ía facer o Goberno Vasto coa Euskalpedia. Pois parece que ese proxecto xa rematou e polo que parece creáronse artigos dende a enciclopedia en papel e en euskera, LUR. Melloraron artigos e crearon bastantes novos, tanto da cultura vasca coma doutros eidos. A ver se van aparecendo máis proxectos apoiando as wikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:19, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

Se vos interesa ler tódalas novas deste tipo que se publican sobre a Wikipedia (ou sobre calquera outro tema) é moi sinxelo empregando servizos do tipo de Google Alerts. So tendes que ir a http://www.google.es/alerts e cubrir o formulario do seguinte xeito (exemplo):
  • Consulta de Busca: Wikipedia (ou Galipedia ou que vos interese)
  • Tipo de resultado: Noticias
  • Frecuencia: Unha vez á semana
  • Cantidade: Tódolos resultados
  • Enviar a: a vosa conta de correo
  • CREAR ALERTA
Pódese repetir o proceso por tantos temas como se desexe.
--. HombreDHojalata.conversa 20:31, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

Un idioma preciso

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela elabora a sección "Un idioma preciso" [5] na que ofrece "para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estábel ou que se empregan de forma inadecuada. Isto plásmase en pequenos estudos nos que se analizan un ou varios conceptos dunha área de especialidade, e se propoñen nomes galegos para eles."

Eu penso que sería bo seguir as súas propostas, por exemplo no caso de: [6] "musgo -> brión, mofo, carriza. Musgo é válido aplicado a alguén que ten os ollos semipechados." cambialo e seguir a precisión: [7]--Imolavirando 12:21, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Algunhas desas recomendacións témolas aplicado, pero non fixemos unha revisión sistemática. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:34, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

Galiciana

Acabo de atopar unha web que non sei se todos coñecedes, Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia. Ten dixitalizados un montón de libros antigos que poden consultase en liña e que poden achegar un bó feixe de referencias ou incluso dos que se poden quitar imaxes antigas para levar a Commons. Ten tamén unha sección especial de cartografía antiga de Galicia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:14, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)

Moi interesante! Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 19:52, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

Un bot para a influenza, please

Temos 210 páxinas que conteñen a palabra influenza, na maioría dos casos erroneamente por "influencia". Demasiadas páxinas para corrixir á man. Por iso pido que algún bot -controlado manualmente para discriminar os casos de uso correcto- faga o traballo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:02, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

Fágome cargo. --. HombreDHojalata.conversa 19:38, 3 de febreiro de 2012 (UTC)
Feito, salvo erro ou omisión. --. HombreDHojalata.conversa 22:53, 19 de febreiro de 2012 (UTC)

Un dos aspectos que se recolle en Wikipedia:O que a Wikipedia non é no apartado A Wikipedia non fai propaganda é que a Wikipedia non é un medio de promoción das propias ideas nin para facer campañas nin proselitismo. Tampouco é o espazo apropiado para elaborar ningún marco teórico para xustificar as propias crenzas nin un lugar para buscar lexitimidade. Na Galipedia sempre prestamos especial atención a todas aquelas edicións que puideran estar encadradas nalgún tipo de campaña ou que puideran revelar unha axenda propia do usuario. Despois de revisar as páxinas creadas a partir de Activismo pedófilo tanto na Wikipedia en galego como noutras linguas, incluídos os historiais e as páxinas de discusión, semella que poida ser o caso. Creouse un usuario para a edición desas páxinas, apreciase o mesmo patrón nas mesmas páxinas noutras Wikipedias ou en páxinas relacionadas co mesmo asunto. Moitas edicións son as mesmas aínda que nalgúns casos vese máis claramente que noutros o intento de agochalas. Tamén se nota a autoreferencia dentro da propia Wikipedia. Hai outras eivas que se poderían debullar polo miúdo pero só o exposto supón un grave problema. Solicito á comunidade que sitúe o foco sobre eses artigos e aos administradores que marquen todos eses artigos co marcador Atención ata que se determine que contidos poden quedar, cales modificarse e cales deben eliminarse. Expoño o problema neste espazo (poñerei tamén unha referencia no taboleiro dos administradores) porque considero que é un problema que afecta a toda a comunidade tamén á credibilidade deste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:19, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Eu xa lle teño o ollo botado hai días. Cando o usuario Néboa cese as edicións, fareille un lavado importante, porque en efecto hai moita autorreferencia e unha boa dose de propaganda. Que haxa follade ruta é algo que xa non sabería dicir. En todo caso, si, parece boa idea a de chantar un marcador de atención como primeira medida. --Atobar (conversa comigo) 11:32, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Grazas. --Prevertgl 11:41, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

O artigo Activismo pedófilo é un artigo ben escrito, ben argumentado, completo e ben referenciado. É lexítimo, respeta todas as regras de Wikipedia e non ten nada que ver con propaganda das propias ideas nin de tipo ningún, proselitismo, lexitimación, procura de marco teórico ningún "para xustificar as propias crenzas" nin campaña ningunha. Todo isto son apreciacións puramente persoais e subxectivas que poderían ser aplicadas sobre outros artigos, por exemplo os de partidos políticos ou asociacións de calquera tipo: ¿Hai que pensar que aquel que escribe o artigo sobre un partido político está a facer proselitismo das ideas do partido ou das súas propias? ¿E quen escribe sobre un filósofo? ¿E un artigo sobre o galego na Galipedia? Non, iso se verá na redacción mesma do artigo e non vai implícito na temática do mesmo, como todo o mundo sabe. O tema do artigo é fundamentalmente científico, sociolóxico e histórico, e está tratado coa máxima obxetividade e o máximo rigor. As ligazóns e referencias, e calquera outro contido do mesmo, son completamente lexítimos en todos os casos e en todos os aspectos. As únicas ideas que se expoñen son as dos investigadores e persoas citadas e as do movemento mesmo do cal é suxeito o artigo, e en caso ningún as do seu autor, que non ten nada que ver co movimento. Non compromete en absoluto a credibilidade do proxecto Wikipédia nin da Galipedia, nin afecta en nada á comunidade, mais pola contra pode ser un exemplo de calidade e rigor dentro do proxecto. É un artigo de calidade evidente, completamente lexítimo dentro do magnífico proxecto Wikipédia, profusamente referenciado e que contén información ampla, completa, contrastada, neutral, creíbel e fiábel. Non hai intención de agochar nada, nin máis problemas cós que se queiran ver. A lexitimidade do artigo, volvo dicilo, é TOTAL e non fai falta situar ningún "foco" sobre nada nin hai máis eivas que debullar. Só queda por ver ata onde chega a liberdade de expresión na Wikipedia, e iso si que non depende dos autores dos artigos. --Néboa 12:42, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Revisarei este tema nas próximas horas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:53, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Non hai motivo para aplicar procedementos e directrices diferentes cando alguén apela á liberdade de expresión como argumento para paralizar o procedemento. O exposto arriba tense aplicado noutras ocasións e noutros temas en circunstancias semellantes, non abonda que un artigo teña certa aparencia formal para ser válido. De feito mesmo o título do artigo Activismo pedófilo está en cuestión, con seguir as ligazóns interwiki do artigo pódense ver a escollas noutras Wikipedias e os debates. Como sinalei antes hai moitas eivas demostrables que pouco a pouco irán aparecendo. Polo de agora vou poñer un exemplo tanxencial do mesmo autor: vexamos o artigo Pablo Santiago, a redacción, os autores e os interwiki. Velaquí as versións en italiano e catalán (o contido é calcado ao creado en galego), velaquí os historiais do artigo e dos autores historial de Pablo Santiago en galego, historial de Pablo Santiago en italiano, historial de Pablo Santiago en catalán, historial do autor de Pablo Santiago en catalán historial do autor de Pablo Santiago en italiano. Se a partir de aí un comeza a cruzar os historiais dos artigos relacionados con Activismo pedófilo aparecen moitos usuarios creados ex profeso e as relacións entre eles sexan o mesmo ou varios. Ese xeito de proceder como é sabido non é lexítimo nin cumpre os requirimentos da Wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:57, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Como dixen, non hai más problemas cós se queiran procurar e tampouco vou entrar en debates absurdos. O título non está en cuestión en ningunha wiki. Noutras wikis, como a francesa ou a inglesa, o que fixeron foi CENSURAR o título, non cuestionar nada. Simplemente censurouse o que non conviña ou concordaba coa opinión dos censores. Os autores respectivos dos artigos nestas wikis chamáronlles "Militantisme pedophile" e "Pedophile activism" cando os crearon hai anos, pero agora chámanse "Apologie de la pédophile" e "Age of consent reform" (e nese ademáis creo que foi censurada unha gran parte do texto), que é tan absurdo como titular "Apoloxía do terrorismo" un artigo sobre a cultura basca, por poñer un exemplo comprensíbel. Sobre isto escribín unha nota na versión en catalán, da que tamén son autor. Nota que tamén vou poñer na versión en galego, vendo o que estás a dicir, para evitar que se produza a mesma censura ou para que, se pasa, se saiba de que se trata. Se uso outras contas non é porque agache nada, senón porque me gusta máis facelo así. ¿Que problema hai? Non teño constancia de que non se permita escribir artigos con distintas contas na Wikipedia nin de que iso deslexitime nada, e se for así non teño problema en usar a mesma conta. De calquera modo, fixarse nas contas con se escribiu un artigo non me parece algo relevante. Eu son o autor do artigo sobre Pablo Santiago nas wikis en catalán, galego e italiano; e tamén o de outros artigos escritos simultáneamente en distintas wikis, que problema hai con iso? Non vexo ningún. Que argumento é dicir que un usuario escribiu un artigo en varias wikis? Onde está o problema ou a importancia? ¿Non pode un colaborar con varias wikis? E que problema hai con enlazar artigos escritos por un mesmo? Xustamente escribín certos artigos relacionados co activismo pedófilo para completar o artigo principal. Onde está o problema? Se o que queres é censurar o artigo e non tes argumentos nin razóns para propoñer a súa eliminación ou mutilación, podes dicir claramente as túas intencións e non fai falta que procures argumentos sen sentido. Entre outras cousas porque faría perder moito tempo argumentar sobre obxeccións absurdas como as que tes exposto. --Néboa 16:13, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

  • Ren moita razón Prevert -sen que sirva de precedente ;)- na advertencia que nos fai. O artigo en cuestión é un claro exemplo de proselitismo coa evidente intención de crear e difundir opinión, cousas especificamente incluídas entras as que a Wikipedia non 'e. Como sexa que existe este ¿movemento? pode entenderse que exista o artigo que o describa, para o que abonda coa introdución, coa definición e con algúns precedentes históricos (e aínda así con moitos matices). Nun artigo sobre o "Activismo pedófilo" non se pode pedir obxectividade porque, por definición, debe describir as teorías dese movemento e non as dos contrarios, pero converter Galipedia na plataforma de difusión da ¿filosofía? pedófila é excesivo, e ata non sei se constitutivo de delito (ese cadro de distincións entre abuso sexuakl e pedofilia ... tiene tela). A creación de contas diferentes para escribir e defender un artigo é unha práctica incorrecta. E a defensa do autor a base de chamar censor a quen defende unha Galipedia distinta da súa é, xa, causa de bloqueo. Tras unha lectura suficiente do artigo, creo que hai que meter unha poda moi drástica. E xa. Pedro --Lameiro (conversa) 19:27, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

En primeiro lugar, gustaríame darlle os parabéns a Prevert polas pescudas. Esta mañá, cando vin esta polémica, o primeiro que pensei foi precisamente en Pablo Santiago, e parece que os fíos conducen a ese punto. Pero iso non ten que ver co que aquí se dirime. Intentarei ser conciso na exposición, antes de tomar as medidas de precaución axeitadas.

  1. Sobre a axenda. Efectivamente, e como sinalou Prevert, non é axeitado facer artigos sobre por exemplo, o PP, se es un afiliado ou un seareiro de tal partido. Tampouco sobre a nai dun, por sinalar un tema non ideolóxico. Da lectura de Conflito de intereses despréndese con nidieza cales son os lindeiros das normas. Que neste caso en concreto exista unha axenda, é dicir, unha vontade por parte de Néboa, de facer campaña dunha teoría, ideoloxía ou posicionamento, non está demostrado, e haberá que valoralo. Pero de probarse sería incorrecto, moi incorrecto. E iso non é discutible con arranxo ás normas da Wikipedia.
  2. Sobre as edicións en distintos wikis. Do mesmo xeito tampouco é incorrecto en por si corrixir a data de nacemento de Ángel Nieto en varias wikis, pero si o é esa serie de edicións lexítimas translocen un patrón, unha axenda, de promover ou destacar unha determinada ideoloxía ou posicionamento. Do mesmo xeito que o artigo de Lady Gaga non o debe facer nin a propia Lady Gaga nin o presidente do seu club de fans, o artigo sobre activismo pedófilo, non o pode facer un activista pedófilo (e, por favor, insisto en que non estou dicindo que Néboa o sexa; só que se o fose, estes artigos serían incorrectos).
  3. Sobre a censura. Convido a Néboa a ler atentamente os artigos da Wikipedia onde se explica como se resolven conflitos. Pero a censura non é, nin será, un xeito de facelo. E precisamente por iso mesmo, a acusación de censura non é, nin pode ser, un argumento de defensa sobre a pertinencia dos contidos. Os contidos serán pertinentes se efectivamente se suxeitan ás regras da wikipedia, independentemente de se tratan de pedofilia ou de modelos de automóbiles. E borraranse ou corrixiranse con arranxo a esas regras, non por censura. Desacreditar os procedementos da comunidade non é un bo paso para conseguir o seu apoio.
  4. Sobre o respecto. Independentemente de todo isto, o usuario Prevert é un coñecido e veterano usuario desta wiki que ten demostrado en moitas ocasións o seu respecto polas normas da wiki. Obviamente terase trabucado algunhas veces. Pero as súas opinións, como as de calquera outro usuario da wiki, non poden ser cualificadas de absurdas ou sen sentido. Rebaixemos o ton, e busquemos o consenso necesario.

O que vou facer: Agora vou revisar con máis calma todos os datos achegados por Prevert e o texto dos artigos, un a un. Como medida cautelar vou marcar os artigos creados por Néboa sobre esta cuestión co marcador de Atención. Estou a dispor de Néboa, de Prevert, e de quen sexa, para resolver as dúbidas que cumpran.--Xabier Cid Talk 2 me, please 19:33, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Os meus argumentos xa foron ben expostos aquí, no taboeiro de administradores e na proposta de borrado. Non hai argumento de peso ningún para borrar de golpe unha serie de nada menos que 12 artigos que cumpren con todas as regras da Wikipedia. Isto non é máis que un caso de censura.--Néboa 01:27, 10 de febreiro de 2012 (UTC)

¡Néboa! Que nome mais bonitiño. Non vira este fio, este a de ser o mesmo ao que se lle revertiron as edicions na española. Vou eu tamen a compararlos textos. --Ensada Fala ou cala 00:38, 13 de febreiro de 2012 (UTC)
¿Qué che decía eu? O mesmiño, ollade iste diff, o mesmo cas mesmas verbas. Isto deberíase facer saber en Meta, dende alá un check user pode probar as relacións entre as contas. Saudiña. --Ensada Fala ou cala 00:45, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Off topic

Na páxina principal de Google aparece sempre o anagrama e debaixo o cadro de buscas, pero de cando en vez substitúen ese anagrama por unha ¿animación? máis ou menos bonita para conmemorar unha data especial, polo que adoitan ser moi fugaces. ¿Alguén sabe se se poden buscar animacións antigas? ¿Como se chaman realmente? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:14, 15 de febreiro de 2012 (UTC)

Chámanse doodles. Nesta páxina podes ver os que levan publicados http://www.google.com/doodles/finder/2012/All%20doodles. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:35, 15 de febreiro de 2012 (UTC)
Grazas Prevert. Asómbrame que houbese tantos (será cousa de fixarme máis cando recurro ó Google), pero o caso é que non consigo ver a animación. O que estaba intentanto recuperar é o de onte, día de San Valentín. Grazas en calquera caso. Pedro --Lameiro (conversa) 21:25, 15 de febreiro de 2012 (UTC)
Non vin a animación da que falas, supoño que é esta https://www.youtube.com/watch?v=PkWNlfadXSM --Prevertgl 21:45, 15 de febreiro de 2012 (UTC)

Mapa de galipedistas

Boas, fixen unha carallada na miña páxina de usuario para mostrar a localización dos galipedistas que teñen indicada na súa páxina a súa cidade de residencia. Se alguén non quere sair só ten que avisarme, se alguén quere aparecer que poña esta información na súa páxina de usuario e logo que me avise.

As aplicacións deste mapiña son variadas, pode servir para que podamos saber por ónde anda a xente por se alguén precisa algunha cousa especial dalgún sitio, para organizar encontros ou actividades diversas, e incluso para decatarnos dalgunhas cousas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:05, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Se me queres poñer sen problema pero eu non teño páxina de usuario, terei que facerme cun modelo, sonche moi lorchán. Por certo son do concello de Carballo.--Xabier Cancela (fálame) 17:09, 10 de marzo de 2012 (UTC)

Listo!, por certo, está quedando un mapa bastante interesante. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:28, 11 de marzo de 2012 (UTC)

Demografía en lugares, parroquias e concellos

Xa que hai datos estatísticos a demografía é un dos aspectos que se poden mellorar na páxinas de lugares, parroquias e concellos. O modelo que estamos utilizando nos concellos quedou un pouco antigo. Estiven facendo algunhas probas, tamén ollando o que hai noutras linguas (por exemplo: en:Template:Demography, en:Template:Historical populations), para facer un novo modelo pero paréceme que queda demasiado complicado. O modelo debería permitir a configuración de datas, fonte de orixe de datos, facer un cálculo da variación de poboación nun determinado período (o actual modelo que hai en concellos require revisar todos os concellos se se engade unha data). Tamén hai na Galipedia outros modelos que permiten asignar varias columnas, así e todo o modelo debería ser único e configurable. Nas páxinas de lugares é onde se podería comezar a ensaiar o apartado 'Demografía'. Pensei que, polo de agora, no canto de crear un modelo era mellor inserir unha táboa (valorar se abonda coa táboa ou é imprescindible o modelo), ver o seu funcionamento e debatir sobre as necesidades e o contido da sección 'Demografía' entre todos aqueles compañeiros que veñen editando nas páxinas de lugares, parroquias e concellos xunto co resto dos colaboradores. O exemplo pode atoparse en: Armeá,_Augas_Santas,_Allariz#Demografía (o tanto por cento está calculado coa seguinte expresión: - {{#expr:(100-((6/10)*100))round2}} onde 6 e 10 son os datos de poboación de 1999 e 2010 e o signo menos do principio é debido á caída de poboación, o resto dos valores non varían). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:56, 19 de febreiro de 2012 (UTC) Engadido: en Augas_Santas,_Allariz#Demografía hai un exemplo de aplicación nunha parroquia. --Prevertgl 10:53, 20 de febreiro de 2012 (UTC) Outro engadido: nos cocnellos podería facerse algo semellante ás parroquias coa evolución da poboación con datos de diferentes anos, e a distribución da poboación actual segundo parroquias. --Prevertgl 11:07, 20 de febreiro de 2012 (UTC)

Revisión

Por favor, que alguén revise este feixe de edicións dun enderezo IP. Graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 09:58, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Proxecto Europeo WikiSkills

Boas a tod@s!!

Escribo dende o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga)

dende o Cesga participamos dende este pasado mes de Xaneiro no proxecto Europeo WikiSkills.

Este proxecto conta coa participación de 8 institucións europeas, entre as que se atopan universidades, escolas, empresas e institucións sin ánimo de lucro de España, Suíza, Bélxica, Suecia, Grecia e Austria. Ynternet.org, una fundación suíza para o fomento da e-cultura lidera este proxecto, que ten unha duración de dous anos.

O proxecto pretende analizar e aplicar os beneficios de utilizar as ferramentas wiki baseadas en software libre para a aprendizaxe, ademais de potenciar o comportamento cívico, a inclusión social, emprego, entendemento intercultural e habilidades para aprender de xeito autónomo.

Para contribuír, por exemplo, nunha ferramenta wiki como pode ser a Wikipedia, un usuario precisa desenvolver varias habilidades de xeito transversal. Aceptando este desafío, de igual xeito ca millóns de usuarios que contribúen ás wikis, o proxecto pretende axudar ó usuario final a que se sinta parte da sociedade da información contribuíndo ao coñecemento da potencialidade do uso da wiki no seu desenvolvemento persoal e profesional.

O proxecto WikiSkills pretende xuntar a aprendizaxe dinámico das novas tecnoloxías co aspecto colaborativo que aportan as wikis. Para iso, deseñáranse e avaliaranse materiais de aprendizaxe e cursos sobre ferramentas wiki para distintos colectivos. Estes cursos proverán un entendemento básico das novas tecnoloxías da información e da comunicación, ademais de introducir ó usuario ás ferramentas wiki, as súas fontes, beneficios persoais e efectos sociais.

Gustaríanos saber si, dende a Galipedia, existe xente que queira colaborar connosco neste proxecto, en principio cubrindo unha pequena enquisa que será lanzada a semana próxima (a do 5 de Marzo), sen compromiso a nada máis.

En canto a enquisa estea lista publicarei aquí a ligazón. A verdade e que estariamos encantados se quisexedes participar :)

A wiki que se está a utilizar para o proxecto pódese ver aquí: http://wikiskills.cesga.es A páxina web do proxecto é a seguinte: http://wikiskills.net/ —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cheminha (conversacontribucións) 11:18, 2 de marzo de 2012‎

Estupendo Cheminha. Sen dúbida haberá xente por aquí que queira axudar participando na enquisa. Este pode ser un tema do interese para calquera dos usuarios, non so para os administradores, e, dende logo, non é un problema senón tódolo contrario, por iso, para outra ocasión, é mellor que publiques este tipo de mensaxes na Wikipedia:A Taberna. E non esquezas asinalo premendo no botón correspondente. --. HombreDHojalata.conversa 18:26, 2 de marzo de 2012 (UTC)
Conta comigo Cheminha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:46, 2 de marzo de 2012 (UTC)
Un máis. Saúdos.--Agremon(contacto) 07:51, 3 de marzo de 2012 (UTC)
Eu tamén me apunto. --Xas (conversa) 09:52, 12 de marzo de 2012 (UTC)
Eu tamén. --Beninho (conversa) 10:25, 12 de marzo de 2012 (UTC)

Boas, Cheminha puxo a ligazón á enquisa inicial do proxecto na miña páxina de usuario pero esqueceuse de copiala aquí así que pásovola eu, é: http://enquisas.cesga.es/index.php?sid=37569&lang=es. Esta enquisa tamén ma mandaron nunha lista de correo sobre wikis e pon que o plazo para facela remata o día 17, non sei se neste caso tamén se aplica este plazo pero por seguridade penso que será mellor que os que estén interesados o fagan antes dese día, total a enquisa só se tardan 15 minutos en facela. Tamén é interesante que todos os que podan difundan este proxecto entre tódalas persoas do ámbito da educación que podan estar interesadas, non fai falta que teñan coñecemento ningún de wikis nin nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:58, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Moitisimas gracias a tod@s!!! De momento está tendo moi boa acollida, en canto teña algunha novidade ou resultado informareivos :) --Cheminha (conversa) 07:45, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Boas amigos, en primeiro lugar moitisimas gracias a todos, a enquisa tivo moi boa aceptación :) Tamén comentarvos que a semana posterior a semana santa realizaremos un pequeno workshop de introdución ó proxecto nas instalacións do Cesga (aínda non sabemos o día exacto, pero seguramente a semana do 15 de abril ou a seguinte) ó cal sodes máis que benvidos, incluso cabe a posibilidade de que poidades facer unha pequena visita ó centro e ver o supercomputador. O malo disto é que non temos moito sitio, polo que, estariamos limitados a 15 - 20 persoas máis ou menos. Si estades interesados en vir, podédesnos mandar un email a e-learning@cesga.es mencionando simplemente que queredes participar no workshop, tería unha duración aproximada dunha hora e poderiamos cadrar a data que vos viñese ben :) Un saúdo e de novo moitisimas gracias!! :) --Cheminha (conversa) 08:47, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Boas a todos, como o obradoiro de WikiSkills vai ser o vindeiro martes 17 de abril ás 6:00 no CESGA de Santiago, e segundo o previsto durará sobre unha hora e media, o que se me ocorre é que, se vos apetece e vos vai ben, podemos facer un pequencontro ó rematar o evento para comentar cousas da Galipedia. Poden vir todos os que queran, vaian ou non ó WikiSkills por suposto, ¿quen se apunta?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:24, 13 de abril de 2012 (UTC)
  • Ola. Eu ao WikiSkills non vou, pero se resulta que chegamos a ser catro, eu si me apuntaría a ese encontro de galipedistas. Unha posibilidade que deixo caer sería quedar entre 20.00 e 20.15 na porta Faxeira, por exemplo onde As Marías, que non vos ha quedar lonxe do CESGA a quen queirades acudir ao WikiSkills. Ben, pois Elisardo e mais eu xa somos dous. Hai outros dous por aí, ou máis, que se animen? --Atobar (conversa comigo) 23:30, 13 de abril de 2012 (UTC)
  • Gustaríame poder ir, pero o martes pola tarde teño clase e vaime ser complicado chegar a esa hora a Compostela. --Beninho (conversa) 14:27, 14 de abril de 2012 (UTC)
  • A min tamén me é imposible ir, nin ó CESGA nin ó encontro posterior. Ultimamente levo unha vida demasiado axetreada.--AArizaga (conversa) 11:37, 16 de abril de 2012 (UTC)
  • Non teño ainda claro se poderei acercarme (coincide có meu horario laboral). Tentareino, a ver se consigo air un pouco antes. Un saudo.--Castelao (conversa) 09:52, 17 de abril de 2012 (UTC)
  • Ao final ninguén foi ao encontro, polo que vin. En fin, outra vez será.--Castelao (conversa) 08:49, 18 de abril de 2012 (UTC)
Eu si fun, pero cheguei máis tarde do acordado, síntoo. A ver se para outra vez nos organizamos mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:44, 19 de abril de 2012 (UTC)

A enciclopedia Britannica deixa o papel

Según esta nova a Enciclopedia Britannica non vai facer máis edicións en papel e só se vai a adicar ós contidos dixitais, a última edición en papel será entón a do 2010. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:23, 14 de marzo de 2012 (UTC)

Sobre copyvios

Esta mensaxe é para lembrar que temos que ser coidadosos na comprobación dos copyvios nos textos. Ás veces é unha tarefa ingrata porque veñen por traducións pero teño comprobado nas últimas semanas que textos que son copyvios son etiquetados con diversos marcadores e logo pasan a ser corrixidos no canto de borrarse. En ocasión nótase á primeira que son copias completas outras parciais e hai que seguir investigando. Tamén hai casos nos que aínda sendo copyvio non se atopa a fonte. Normalmente o formato e a redacción nos casos máis flagrantes son bos indicadores. Comprobar os copyvios para que funcione correctamente debe de ser un labor colectivo. Este é un chamamento ao conxunto dos compañeiros para que esteamos atentos e en particular aos administradores, sei que somos poucos pero por favor que os copyvios non pasen a incorporarse como edicións lexítimas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:55, 27 de marzo de 2012 (UTC)

Wikidata

Fai uns días que saleu unha noticia dun proxecto para as wikipedias: Wikidata. Wikidata ten coma obxectivo crear un lugar centralizado, do estilo de Commons, que garde datos que podan ser exportados de forma automática ós artigos de tódalas wikipedias. Outro dos seus obxectivos é ter unha base de datos de interwikis co cal comezará a fin dos bots de interwikis. O proxecto está en fase de diseño e todo o que esté interesado pode participar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:48, 3 de abril de 2012 (UTC)

Pazos e palacios

  • Acabo de crear as seguintes páxinas:
    • pazo, para o edificio señorial e rural. Deixei a redirección Pazo (arquitectura) porque temos moitísimas ligazóns xa creadas a esa forma. (solucionado por Prevert)
    • pazo (homónimos) que remite a ese pazo e mais ós topónimos Pazo. Inclúo como sinónimo palacio
    • palacio, para o edificio nobre, real, ou que alberga unha institución

Suxiro que nas vosas viaxes pola galipedia vaiades comprobando se as lig. internas remiten ó concepto que deben. Pedro --Lameiro (conversa) 12:24, 5 de abril de 2012 (UTC)

Neutralidade?

Queridos compañeiros editores desta enciclopedia,

Estou lendo algúns dos artigos aquí publicados e non acabo de entender a neutralidade de moitos deles, sobre todo os realcionados con temas polémicos como é o independentismo da nosa Comunidade Autónoma ou dalgunha outra como Cataluña ou o País Vasco. E é que aquí pódese apreciar unha clara tendencia social-independentista que censura todo aquilo que non concorde coa ideoloxía daqueles que controlan a galipedia.

Veredes, xa sei que eu non son quen de cambiar o mundo, pero iso non implica que teña que permanecer calado ante as inxustizas. Se é unha enciclopedia libre como díse que é. Debería adoptarse un comportamento acorde coas leis do país (España) e non coas doutrinas de certos sectores políticos.

Deste xeito pódese observar que nas bandeiriñas daqueles personaxes nados na nosa comunidade aparece a bandeira galega, e nos do resto do país (España) aparece a enseña nacional. Isto non é moi neutral non?

Nas cidades ocorre o mesmo... por exemplo se alguén coloca a bandeira de bretaña nunha cidade e alguen cambia esa bandeira pola de francia, isto xa é pecado, posto que viola o dereito de autoderminación dese personaxe que decidíu que bretaña é independente de francia.

Un pouco de seriedade por favor. Que isto parece un circo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 193.153.52.49 (conversacontribucións)

  • Ola, ip. Non é seriedade nin neutralidade o que falta aquí, e dende logo non creo que sexa moi acertado afirmar que parece un circo. Tampouco non é un foro onde avivar ideoloxías, senón unha realidade virtual que aspira a ser a enciclopedia de referencia, de aí que haxa unha pluralidade e un respecto por todas e cada unha das culturas e non só pola española, que dende logo tamén. En todo caso, deixar moi clara unha cousa: a edición en gl.wiki non responde a motivos políticos nin de unha nin doutra cor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:50, 7 de abril de 2012 (UTC)

encarga para un bot

Acabo de ver que temos 170 artigos con "influínte / influinte" e 113 con "influíntes / influintes" cando o correcto é influente. Propoño que algún bot faga as correccións oportunas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:29, 8 de abril de 2012 (UTC)

Pasei o bot, pero unicamente fixo 103 modificacións, se non estou errado. Non obstante, coido que xa está. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:41, 9 de abril de 2012 (UTC)

Rianxeira

Antes de borrar o artigo Rianxeira (conserveira)‎ -que foi o meu primeiro impulso- prefiro deixar aqui un aviso por se alguén quere refacelo, aproveitando as referencias que ten. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:40, 9 de abril de 2012 (UTC)

Xornada Datos abertos en Santiago

O vindeiro 18 de abril pola mañá vai facerse unha xornada sobre Datos abertos organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. O acceso é libre ata completar aforo e podedes consultar o programa nesta páxina. A filosofía de Datos abertos pretende liberar os datos para facilitar o seu uso. O traballo de Datos abertos é moi interesante para as wikipedias porque son fontes de datos que poden servir para referenciar os artigos. Vexo no programa que parece que a Xunta ten, ou quere facer, un portal destes, Abert@s, do que non tiña nin idea. Eu, se podo, vou tentar achegarme por alí a ver o que din e se hai algo interesante poreino por aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:00, 11 de abril de 2012 (UTC)

Número de artigos das distintas wikipedias

Como aquí hai de todo, ¿?onde se pode ver o número de artigos que temos nas diferentes wikipedias? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:37, 13 de abril de 2012 (UTC)

Refíreste a isto? --. HombreDHojalata.conversa 22:43, 13 de abril de 2012 (UTC)

Mini galencontro este martes en Compostela

Esta sección xorde como apéndice de Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Proxecto_Europeo_WikiSkills
  • Boas a todos, como o obradoiro de WikiSkills vai ser o vindeiro martes 17 de abril ás 6:00 no CESGA de Santiago, e segundo o previsto durará sobre unha hora e media, o que se me ocorre é que, se vos apetece e vos vai ben, podemos facer un pequencontro ó rematar o evento para comentar cousas da Galipedia. Poden vir todos os que queran, vaian ou non ó WikiSkills por suposto, ¿quen se apunta?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:24, 13 de abril de 2012 (UTC)
  • Ola. Eu ao WikiSkills non vou, pero se resulta que chegamos a ser catro, eu si me apuntaría a ese encontro de galipedistas. Unha posibilidade que deixo caer sería quedar entre 20.00 e 20.15 na porta Faxeira, por exemplo onde As Marías, que non vos ha quedar lonxe do CESGA a quen queirades acudir ao WikiSkills. Ben, pois Elisardo e mais eu xa somos dous. Hai outros dous por aí, ou máis, que se animen? --Atobar (conversa comigo) 23:30, 13 de abril de 2012 (UTC)

Categorías

O artigo Hemoglobina está categorizada como Categoría:Xenes do cromosoma 11 e Categoría:Xenes do cromosoma 16. Debería eliminarse esta categorización pero non sei como facelo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:36, 14 de abril de 2012 (UTC)

O tinglado está no Modelo:Proteína, resulta que no artigo Hemoglobina úsase 3 veces co parámetro Cromosoma con valores 11 e 16, os datos deste parámetro son os que meten o artigo nesas categorías. A solución sería quitar eses valores do parámetro pero así estamos perdendo información no artigo e penso que iso é peor ca que aparezan esas categorías en vermello... (máis cedo ou máis tarde haberá que facelas...), pero a ver o que vos parece a vós. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:34, 14 de abril de 2012 (UTC)
E logo non sería axeitado retirar do Modelo:Proteína esta liña: "< includeonly >{ {#if: { { {Cromosoma|} } } | [[Categoría: Xenes do cromosoma {{{Cromosoma}}}]] } }</ includeonly >< noinclude >" no remate do código, para que nunca introduza esas categorías nun artigo no que non son precisas? -- JonnyJonny (conversa) 23:03, 14 de abril de 2012 (UTC)
Pero iso afectaría a tódolos artigos que usan o modelo Proteína e penso que iso non sería moi axeitado. Realmente o problema cal é?, as categorías non son correctas ou é que están en vermello?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:37, 14 de abril de 2012 (UTC)
O problema é que a hemoglobina non pode estar categorizado entre os "Xenes do cromosoma 11", nin 16 (mal categorizada); en que non existe tal categoría nin é previsible que exista en moito tempo, en que a presenza de categorías vermellas é unha eiva que debería evitarse, en que se outras proteínas usan ese modelo tamén habería que correxilas (aínda que o certo é que esas dúas categorías -cromosoma 11 e 16- só conteñen a hemoglobina, como único artigo, e ningunha outra proteína, logo é un problema que só existe neste artigo ou no uso alí dese modelo). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:14, 15 de abril de 2012 (UTC)

Aclarado, entón había que facer o que comentou JonnyJonny, xa fixen o cambio no modelo proteína e agora xa non están esas categorías en Hemoglobina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:57, 15 de abril de 2012 (UTC)

A Galipedia nas xornadas A Historia no Medio

Prezada comunidade de usuari@s:

Desde a Facultade de Historia de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, convidóuseme a participar nas xornadas A Historia no Medio para contar a miña experiencia na Galipedia. O martes 8 de maio formarei parte dunha mesa redonda, cunha breve introdución titulada A Galipedia como medio para achegarse á Historia. Enfocarei a presentación desde dous puntos de vista: como usuario activo da wiki e mais como estudante, falando do feedback bidireccional que se pode crear (ler artigos da wiki sérveme para aprender Historia, e o que aprendo na Facultade sérveme para mellorar a wiki). Comentarei tamén a necesidade existente na wiki de referenciar os artigos en base a outras publicacións: isto é, que a propia wiki non é unha referencia en si mesma.

Aquí podedes ver o programa das xornadas, ás que recomendo que asistades, pois prometen ser ben útiles.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:17, 24 de abril de 2012 (UTC)

Interesante: Retransmisión en directo: http://tv.uvigo.es/ --. HombreDHojalata.conversa 12:48, 24 de abril de 2012 (UTC)
Fenomenal!, unha mágoa non poder achegarme. A ver se grazas a isto conseguimos algún galipedista de Ourense que fai moita falta... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:11, 24 de abril de 2012 (UTC)
Cuns meses de atraso, xa están dispoñibles na rede as presentacións e o debate. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:54, 31 de xullo de 2012 (UTC)

Novos termos de uso para as wikipedias

Según parece o 25 de maio van a actualizarse os termos de uso das wikipedias, podedes consultalos aquí. Só os mirei a correr pero parece que a idea é simplificar as licenzas e aumentar a seguridade legal das wikis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:53, 25 de abril de 2012 (UTC)

Estou traballando na tradución ao galego. Agardo rematala antes de que entren en vigor, se é que podo. Por outra banda, aproveito para deixar constancia da actualización da versión de MediaWiki. Estou seguro de que xa vos decatastes dalgúns cambios notables como a vista das diferenzas, nas que melloraron a lectura para a xente con problemas de visión, por exemplo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13:48, 26 de abril de 2012 (UTC)

Número de idiomas no título do artigo dun país

O artigo de Suíza só ten un nome no título na lingua oficial. Alguén preguntou na páxina de conversa porque só ten un nome na lingua oficial e respondestes que porque están aí as normas. Entón porque o artigo de Bélxica está en tres idiomas Bélxica - België - Belgique - Belgien. ?

O que pido é coherencia. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16:44, 1 de maio de 2012 (UTC)

África do Sur ten 11 linguas oficiais, non creo que sexa práctico titular con 11 formas máis a galega un artigo, é ir por un camiño que non ten saída na miña opinión.--Xián (conversa) 17:35, 1 de maio de 2012 (UTC)

*campiona -> campioa

¿Non podería un bot pouco ocupado corrixir os 37 casos de *campiona en campioa? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:28, 17 de agosto de 2012 (UTC) Feito! Feito! --. HombreDHojalata.conversa 16:51, 22 de agosto de 2012 (UTC)

  • E xa postos, os 87 casos de *estremo por extremo (non mirei os posibles casos de *estrema). Pedro --Lameiro (conversa) 12:33, 17 de agosto de 2012 (UTC)
Ollo, que "estremo" e "estrema" son correctos nalgúns casos. --. HombreDHojalata.conversa 15:45, 22 de agosto de 2012 (UTC)

No artigo aseguramos que o BCE trasladará a súa sede central a partir de 2008 a un novo edificio deseñado por Coop Himmelb(l)au e que estará afastado do actual centro financeiro de Fráncfort. A ver se alguén se anima a confirmar se se trasladou ou non e pasar esa afirmación de futuro e feitos consumados. ¿Está ben escrito ese Himmelb(l)au? Pedro --Lameiro (conversa) 21:05, 18 de agosto de 2012 (UTC)

No sitio web do BCE sempre ten o edificio principal na Eurotower na Kaiserstrasse (polo menos é alí que propoñen de reservar para ir de visita) , non sei de onde sae o traslado para a nova torre no 2008, non será no 2014 ? --Elvira (Conversa comigo) 17:45, 19 de agosto de 2012 (UTC)
Grazas, Elvire. Visto o que dis, borro no artigo a información que citaba ese traslado. Pedro --Lameiro (conversa) 22:24, 19 de agosto de 2012 (UTC)

traballo para un bot

Temos 23 casos de *álbumes. ¿Algún bot podería corrixilo por albums? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:06, 23 de agosto de 2012 (UTC)

Tomo nota, pero é "álbums" (con acento). --. HombreDHojalata.conversa 22:15, 23 de agosto de 2012 (UTC)
Touché. Pedro --Lameiro (conversa) 22:58, 23 de agosto de 2012 (UTC)
Feito! Feito! a man, en trinta minutos e aproveitando para amañar máis cousas. Cando son poucos casos acábase antes a man e permite discernir falsos erros e arranxar outros. Normalmente os artigos con erros ortográficos teñen máis dun.
Finalmente non eran 23. Nalgúns a palabra albumes forma parte de direccións de internet http://www.../albumes/.... Noutros álbumes vai en citas en castelán. E noutro no título dun disco.
Explico un pouco: En varrer toda a wiki, un bot tarda moitas horas. Para *álbumes→álbums, por exemplo, habería que lanzalo en semiautomático, por non estar tódolos casos claros, e habería que estar todo ese tempo pendente do monitor para aceptar ou non a substitución.--. HombreDHojalata.conversa 19:27, 28 de agosto de 2012 (UTC)
  • Outra encarga: temos 80 casos de *sobretodo, cando o correcto é separado. Supoño que neste caso si que procede encargarllo a un bot, xa que non se me ocorre ningún caso conflitivo que esixa comprobación persoal. Pedro --Lameiro (conversa) 10:29, 8 de setembro de 2012 (UTC)
Feito! Feito!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:25, 19 de setembro de 2012 (UTC)

para un bot desocupado

Temos 1.329 artigos que utilizan a forma correcta suleste, pero tamén temos 1.325 que usan *sur-leste, 164 que empregan *sueste, 123 que usan *surleste e 24 que usan *suleste; igual hai tamén máis usos erróneos, polo guión. ¿Npn podería encargarse un bot de corrixilo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 16:08, 12 de setembro de 2012 (UTC)

  • E, cando remate, que siga cos 411 *sudoeste, 12 *suoeste e 1 *sud-oeste. Pedro --Lameiro (conversa) 16:25, 12 de setembro de 2012 (UTC)

Trabucouse Lameiro arriba e onde puxo o primeiro suleste vai sueste, e onde puxo sueste pois vai sudeste (creo).--Calq (conversa) 20:03, 12 de setembro de 2012 (UTC)

  • E, tampouco creo que a forma con guión sur-leste ou leste-sur sexa de todo incorrecta.--Calq (conversa) 20:05, 12 de setembro de 2012 (UTC)
    • Corrixo, logo: forma correcta sueste (1.329 artigos). Formas erróneas: *sureste (164), *surleste (123), *suleste (24). Por outra banda, temos *sur-leste, que marco como errónea porque, existindo a forma aglutinada sueste hai que rexeitar formas cun guión innecesario. É certo que nesas 1.325 páxinas hainas erróneas (ó meu entender) pero tamén hai aparicións de sur e de leste; é dicir, non son 1.325 erros realmente. Pedro --Lameiro (conversa) 20:56, 12 de setembro de 2012 (UTC)

¿axe?

No artigo Medicina dicimos: "a Enfermaría (que estuda e axe nos cuidados co enfermo), a Fisioterapia (que axe no sentido de retornar os pacientes ao máis próximo posíbel do seu estado motor anterior e realizando a reeducación postural global)". ¿Que significa iso de axe? Pedro --Lameiro (conversa) 20:12, 15 de setembro de 2012 (UTC)

  • Ningún, pero entendo que quere ir por agir (actuar, ten que ver con). --Atobar (conversa comigo) 20:45, 15 de setembro de 2012 (UTC)

correccións

Temos a Galipedia inzada de lusismos e castelanismos. É algo asombroso e que deberiamos vixiar máis. Teño unha longa lista de erros léxicos e gramaticais para ir corrixindo ós poucos pero hai dous casos que sobordan calquera intento de facelo manualmente: depois, con 945 aparicións, e entanto (así ou na forma No entanto), con 816 ocorrencias. Máis escasos, pero por riba dos 200, son os perto ou comenzar (e conxugacións). Son incontables os casos de con o, con a, con os, con as, con un. Non sei se un bot podería axudar pero o caso é que é necesario ler os artigos completos porque sempre, sempre, aparecen outras palabras ou construcións erróneas que corrixir, e que só se atopan lendo con calma (¿a quen se lle ocorriría pensar que temos 55 casos de animales?). E así, a pan de millo, non se acaba nunca porque anoto máis erros que os que son capaz de eliminar. ¿Quen se anima a botar unha man? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:04, 18 de setembro de 2012 (UTC)

  • Pedro, no entanto si é galego. Polo demais, levas razón en todo. --Atobar (conversa comigo) 17:37, 18 de setembro de 2012 (UTC)
    • "No entanto" é un lusismo. Común na nosa literatura, pero non é galego. Pedro --Lameiro (conversa) 19:17, 18 de setembro de 2012 (UTC)
      • Si é galego, Pedro. As normas ortográficas e morfolóxicasda lingua galega (2004, Edicións do Cumio). Páx. 125: 20. Conxuncións e locucións conxuntivas / 20.3 Adversativas: no entanto, con nota (número 188) que di: engadiuse no entanto nesta reforma [2003]. E isto está tirado das normas da RAG (páx. 184). --Atobar (conversa comigo) 01:35, 19 de setembro de 2012 (UTC)
        • Touché. Apúntate outro tanto e grazas pola lección. Tódolos días aprenmdo algo con vós. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:22, 19 de setembro de 2012 (UTC)
  • Eu quédome cos depois, ireinos mirando aos poucos en canto vaia tendo algo de tempo. Parecen moitos, pero a forza de restar van quedando menos... --Servando2 (Dime) 17:57, 18 de setembro de 2012 (UTC)
  • Antes de comenzar, voulle ir dando aos animales. E botándolle un ollo aos artigos como dis... --Xas (conversa) 18:11, 18 de setembro de 2012 (UTC)
Este traballo pode coordinarse nunha páxina que xa temos: Wikipedia:Erros de ortografía revisados que ven de Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:29, 18 de setembro de 2012 (UTC)

Commons

En Commons o título das páxinas de axuda escríbese en cada idioma, e non con /gl. Ex: Commons:Commons:Benvido en galego e Commons:Commons:Bienvenido en castelán. Pero hai nomes que son iguais nos dous idiomas, como Commons:Commons:Categorías, entón como se traduce ó galego? Así "Commons:Categorías (gl)"? --Vivaelcelta conversa  · contribucións 03:06, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Eu penso que ó mellor si se pode facer como ti dis, habería que probar, pero eu probaría primeiro con "Commons:Categorías_gl", creo que ó software de Mediawiki non lle gustan moito os parénteses nos nomes de páxinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:46, 19 de setembro de 2012 (UTC)

Galicitas (Wikiquote)

En Galicitas só hai dous administradores e levan inactivos dende o 2007. E creo eu que debería haber algún administrador. Así que suxiro que algún administrador da Galipedia pida en Mediawiki ou no sitio correspondente facerse administrador da Galipedia.--Vivaelcelta conversa  · contribucións 15:24, 23 de setembro de 2012 (UTC)

hehe, :) Paréceme unha idea boa... pero non contedes comigo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 21:09, 24 de setembro de 2012 (UTC)
En realidade hai 6 administradores e 2 burócratas, pero tanto dá porque están todos inactivos. Podedes comprobar que a lista de usuarios activos non é moi ampla (os dous usuarios con máis edicións no último mes son dous bots!). En calquera caso, si que estou a favor de poñer a alguén de administrador. --Toliño Fala aquí comigo 12:43, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Eu creo que debe haber un administrador, por se alguén vandaliza como esta páxina que hai que borrar. Para poder introducir novas ferramentas. Toliño a ti que che parece ser administrador. Se queredes tamén podo ser eu. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12:48, 25 de setembro de 2012 (UTC)
O problema non é só das Galicitas. Podemos meter na saca tamén ao resto de proxectos irmáns (agás o Galizionario). Ningún deles ten actividade significativa. Habería que facer algo con eles. --Toliño Fala aquí comigo 13:22, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Iso acabo de pensar, se os outros tiñan a alguén. Pois só hai unha solución que algún dos administradores da Galipedia se faga administrador, se quere ou eu, que quero selo. Podo selo?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 15:35, 25 de setembro de 2012 (UTC)
Eu non podo, que estarei ausente nos vindeiros meses. Pareceríame magnífico que Vivaelcelta fora administrador, porén, Vivaelcelta, non crees que antes de ser administrador deberías traballar algo como usuario no proxecto? (q:Especial:Contribucións/Vivaelcelta).
Con todo, o mal de Galicitas e dos outros proxectos non é que non teñan administradores. O problema está no que é a base dos wikis, os usuarios e usuarias editores, que non os hai. --. HombreDHojalata.conversa 08:33, 26 de setembro de 2012 (UTC)
Concordo. Se comprendes as responsabilidades de posuír os dereitos de administrador, non hai problema ningún pola miña banda. A min o que me gustaría é meter man ás mensaxes do sistema (o que significa borralas para facelas coincidir coas xenéricas), porque neses proxectos témolas con moitos erros e tamén hai bastantes anticuadas. Ese labor véñoo facendo na Galipedia desde hai tempo, á vez que en translatewiki.net. En caso de que eu pedise tamén os dereitos administrativos nos proxectos irmáns (en Meta pódense pedir dereitos temporais que se revogan automaticamente ao vencer o prazo) sería basicamente para iso, sen contribucións en forma de contidos. Xa verei o que fago. No caso de Vivaelcelta, coido que se pide un mínimo consenso da comunidade (que se pode facer aquí mesmo). --Toliño Fala aquí comigo 10:00, 26 de setembro de 2012 (UTC)
Eu preséntome para que haxa polo menos un administrador. Se nos facemos administradores ten que ser como aquí, indefinido. E si que hai faltas de ortografía, vin algúns meses en con maiúscula inicial nos cambios recentes. É verdade que non fixen edicións, pero alguén ten que administrador estes proxectos, xa que hai vandalismo. Eu se podo quero encargarme dos tres proxectos sen administradores, Galifontes, Galilibros, Galicitas e pido os dereitos para só administrar os proxectos, sen facer colaboracións, pero si revisando cada poucos días a actividade. Cales son as responsabilidades de de posuír os dereitos de administrador? Hai algunha páxina que as indique? Bueno, entón creo eu a consulta ou creala ti Toliño?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:47, 28 de setembro de 2012 (UTC)

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Antes de crear a consulta, bótalle un ollo ás páxinas WP:A e Wikipedia:Elección de administradores. Moitas das cousas que contan han ser igual nos outros proxectos. O problema que vexo é que na páxina de solicitudes en Meta-Wiki din: "If you are requesting adminship to handle one-time vandalism incidents or clearing a deletion backlog, please see Vandalism reports and Steward requests/Speedy deletions". Para os que non entendan o inglés basicamente di que se a solicitude de dereitos administrativos se fai para combater vandalismos puntuais ou baleirar a Categoría:Limpar nun proxecto con ningún ou poucos administradores que o poidan facer, entón encárganse eles se deixamos o aviso. Por suposto sería máis doado de xestionar con alguén, digamos, "local", pero poño isto para avisar de que poden rexeitar a solicitude. Outra cousa que habería que facer é quitar os permisos aos inactivos (agás Agremon (conversa · contribucións), por suposto), porque nos proxectos aínda está Moderador (conversa · contribucións) de administrador! --Toliño Fala aquí comigo 18:10, 28 de setembro de 2012 (UTC)

Vale, pois xa lin as normas máis importantes e quero presentarme. Onde teño que facer a consulta?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 03:00, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Dereitos de administrador para Vivaelcelta nos proxectos irmáns

Vivaelcelta (conversa · contribucións) expresou o seu interese en ter dereitos administrativos nos proxectos irmáns que non contan con administradores activos (as Galicitas, as Galifontes e mais os Galilibros). O seu labor será revisar a mínima actividade que teñen e eliminar os vandalismos que sofren. Para facelo efectivo, en Meta-Wiki piden un mínimo consenso da comunidade. Ademais, tamén se vai pedir a revogación dos permisos de todos os administradores inactivos (agás os de Agremon). --Toliño Fala aquí comigo 20:45, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Eu teño 7.508 en todas Wikipedias e nos proxectos irmáns, aquí podedes comprobalo.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:58, 4 de outubro de 2012 (UTC)

A favor
  1. Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 20:45, 3 de outubro de 2012 (UTC)
  2. Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 14:40, 4 de outubro de 2012 (UTC)
  3. Concordo. --Atobar (conversa comigo) 01:10, 5 de outubro de 2012 (UTC)
En contra
  1. Discordo -- JonnyJonny (conversa) 22:39, 4 de outubro de 2012 (UTC)
  2. Discordo Non vexo a utilidade dun administrador nos "pequenos" proxectos si non hai un mínimo de comunidade para coller unha decisión. "O seu labor será revisar a mínima actividade que teñen e eliminar os vandalismos que sofren." Pódese revisar a mínima actividade sen ser administrador e pedir lixo rápido cando é necesario, usuarios de meta con dereitos pasan a miúdo para limpar.--Elvira (Conversa comigo) 09:58, 5 de outubro de 2012 (UTC)
Neutro
Comentarios

Comentario O usuario Vivaelcelta ten contribuído moito a mellorar as ferramentas das que dispomos na Galipedia, cousa que lle agradezo moito, pero..., non me gusta moito a súa teima en ser administrador. Xa quixo ser administrador da Galipedia, agora quere selo dos outros proxectos, a que ven tanta teima...? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17:50, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Eu cando quixen ser administrador da Galipedia? Nestes tres proxectos non hai administradores e creo eu que fai falta un polo menos, para corrixir erros e polos vandalismos, e primeiro propuxen nesta taberna se algún administrador da Galipedia quería selo e o único que ó mellor se propuña era Toliño e os demais non. E por iso me propuxen eu para que haxa un administrador.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:38, 4 de outubro de 2012 (UTC)
Pois non atopo os diff sobre este tema polo que pode ser que me patinara a neurona, así que risco esa frase e pido desculpas por poñer información sen aportar as debidas referencias. Por suposto non votarei nesta proposta para non influir de ningún xeito nela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:08, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Comentario Discordo para nomear un administrador único dende a Galipedia nos proxectos con moi pouca actividade pero Concordo para pedir a revogación de todos administradores deses proxectos que non teñen ningunha actividade de mais dun ano (si nos últimos 12 meses contribuíron un pouco, inda que non sexa coas ferramentas de administrador, poden quedar cos dereitos). --Elvira (Conversa comigo) 10:06, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Borrar páxinas

Na Wikipedia en español existe un modelo para pedir que un administrador destrúa as páxinas. es:Plantilla:Destruir En galego existe un modelo igual? E se non existe, como se solicita que se borre unha páxina?

Solicito que un administrador borre esta páxina, xa que o nome non ten que ser tan longo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16:54, 23 de setembro de 2012 (UTC)

  • Abonda con marcar como "lixo" a páxina que queres que se borre. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:01, 23 de setembro de 2012 (UTC)

renomear categorías

Creo lembrar que hai pouco se falo da posibilidade de renomear categorías sen necesidade de crear unha nova e mover unha a unha tódolos artigos que contiña. Quizais estea confundido con renoemar imaxes de Commons que pode facer Elisardo, non sei. O caso é que hoxe crearon a "Categoría:Canales de Mediaset España", que habería que converter en Canais, e antes de facelo prefería preguntar por se fose posible algo máis automático. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:43, 29 de setembro de 2012 (UTC)

A min non me sona iso de renomear categorías... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:44, 29 de setembro de 2012 (UTC)
O que se pode facer é dicirlle a un bot que o faga automaticamente.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17:32, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Non é posible mover categorías. O método é o comentado: cómpre ir recategorizando todas as páxinas (á man ou cun bot). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 2 de outubro de 2012 (UTC)
Por certo, temos o modelo {{Redirección de categoría}} que axuda a sinalar a categoría que vai desaparecer. --Toliño Fala aquí comigo 09:48, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Modelo:Citas

Na Wikipedia en español existe un modelo para poñer citas es:Plantilla:Cita. Na Galipedia existe un modelo igual?--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20:04, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Máis sinxelo, imposible: {{Cita}}. --Toliño Fala aquí comigo 20:09, 3 de outubro de 2012 (UTC)
Grazas. Pois creo que buscara, pero xa engadín un interwiki na española e na inglesa.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 09:09, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Ligazóns a toolserver.org

Na páxina Especial:Contribucións abaixo de todo "Número de edicións" e "Artigos creados" ligan co toolserver.org a a http://toolserver.org/~soxred93/pages/index.php?name=Vivaelcelta&namespace=0&redirects=noredirects e http://toolserver.org/~soxred93/count/index.php?name=Vivaelcelta&lang=gl&wiki=wikipedia , respectivamente, pero non funciona. Entrei na Wikipedia en inglés e atopei estoutras que funcionan:

Pido que un administrador cambie as ligazóns.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13:28, 4 de outubro de 2012 (UTC) Tamén pido que se inclúa esta páxina Especial:Autenticación_central/ abaixo de todo. En inglés ten o título de "Contas".--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14:05, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Buscatermos

Desde o pasado día 1, a web de Buscatermos (do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago) é pública, accesible a todo o mundo. Merece a pena gardar ese enderezo entre os favoritos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:45, 4 de outubro de 2012 (UTC)

Si, vin a nova na TVG pero non conseguira acceder á ferramenta, nas ligazóns que atopara dentro da web da USC mandábanme a unha páxina que pedía usuario e contrasinal...! :). Grazas por esta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:12, 5 de outubro de 2012 (UTC)

Graciñas, a min vaime ser útil --Elvira (Conversa comigo) 10:13, 5 de outubro de 2012 (UTC)