Diferenzas entre revisións de «Valdés»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
corrixo
m (Bot: Engado: oc:Valdés)
(corrixo)
== Historia ==
 
Os datos máis antigos da presenza humana no [[concello]] de Valdés remoótanseremótanse ás épocas [[prehistoria|prehistóricas]], concretamente á etapa do [[achelense]], atopándose ferramentas e industrias de homínidos no xacementositio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]] máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e [[Paredes]]. Dentro da era [[megalitismo|megalita]], localízanse varias [[necrópole]]s [[túmulo|tumulares]] en zonas limítrofes con [[Cudillero]], [[Salas]], [[Villayón]] e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.
 
Dentro da [[cultura castrexa]], varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións privan deimpide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. O único que podemos supoñer é que os localizados no interior eran utilizados polos [[Roma Antiga|romanos]] para os seus traballos nas prospeccións [[ouro|auríferas]], e que os atopados nas proximidades costeiras podían-sepodíanse relacionar co control da [[Lista de vías romanas|vía romana]] que se dirixía a [[Lugo]]. O que si nos achegou a época colonizadora romana son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de [[Paredes]].
 
Os primeiros datos documentados que temos do concello de Valdés corresponden aos séculos [[século X|X]] e [[século|XI]], nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado de [[Oviedo]], como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos do [[municipio]]. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano [[1270]], cando o monarca [[Alfonso X o Sabio]] outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa da [[anarquía]], roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a [[Coroa de España|Coroa]] as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das póboas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.
 
A época [[idade media|medieval]] venvén marcada pola influencia que tiña en toda [[Luarca]] o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. O [[século XV]] ven marcado polas disputas da nobreza ca [[monarquía]], tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto o constitue a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. No [[século XVI]], Valdés aparece nas actas da [[Xunta Xeral do Principado de Asturias]] como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano [[1462]] e que agrupaba os municipios de [[Grado (Asturias)|Grado]], [[Salas]], [[Pravia]], Valdés e [[Belmonte de Miranda|Miranda]]. Durante os séculos XVI, [[século XVII|XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.
 
O [[século XIX]] deixa un acontecimento relacionado coa [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]] contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente a [[Castropol]] e [[Figueras]]. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose líñas regulares de fragatas en dirección a [[América]], e que volverían máis tarde á súa terra natal cun forte poder monetario e social, é o que chamamos a cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.
 
Do [[século XX]] a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en [[1909]], adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituido pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano [[1985]]. Hoxe en día Valdés é un dos concellos asturianos nos que se pode desfrutar dunhas estupendas paisaxes montañosas, unhas bonitas veigas dos ríos, así como dunhas praias realmente belas, conseguindo ser un dos destinos turísticos máis solicitados. Singularmente fermosa é a vila de [[Luarca]], destino de namorados.
 
== [[Parroquia rural de Asturias|Parroquias]] ==
54.155

edicións

Menú de navegación