Eclesiastés: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: th:หนังสือปัญญาจารย์ |
m Bot: Engado: vep:Ekkleziastan kirj |
||
Liña 105: | Liña 105: | ||
[[tr:Vaiz (Zebur)]] |
[[tr:Vaiz (Zebur)]] |
||
[[uk:Книга Екклезіястова, або Проповідника]] |
[[uk:Книга Екклезіястова, або Проповідника]] |
||
[[vep:Ekkleziastan kirj]] |
|||
[[yi:קהלת]] |
[[yi:קהלת]] |
||
[[yo:Ìwé àwọn Oniwasu]] |
[[yo:Ìwé àwọn Oniwasu]] |
Revisión como estaba o 30 de setembro de 2012 ás 16:59
O libro do Eclesiastés, (grego εκκλησιαστης, Ekklesiastés, hebreo קֹהֶלֶת, Qohéleth), que pode entenderse como o orador ou o que fala na asemblea. Forma parte, na Biblia cristiá, dos chamados libros Libros sapienciais, colocado normalmente entre os Proverbios e o Cantar dos Cantares.
O libro recolle as reflexións que un sabio de Israel fai sobre o sentido da vida: o poder, a riquexa, a amizade, a vellez, a morte... Sempre deixando unha pegada moi persoal e incluso un chisco heterodoxa, que o convirten nun dos libros máis orixinais da Biblia.
Autor e data de composición
O autor preséntase como o "Qohelet", o orador, tamén como fillo do Rei David, é dicir, o Rei Salomón. Esta atribución a Salomón é moi común na Biblia e non ten ningún valor histórico: a Salomón, o rei sabio, atribuíanselles os libros sapienciais igual que a David, o rei poeta, se lle atribuían os Salmos.
De calquera xeito, estamos ante un "libro de autor", unha soa man é responsable de todo ou case todo o libro.
Deste autor podemos dicir:
- É un sabio de Israel, é dicir, un intelectual bo coñecedor da Biblia e do pensamento contemporáneo.
- Está nunha etapa da vida entre a adultez e a vellez, posto que aos seus coñecementos teóricos une a súa propia experiencia vital, non sempre positiva.
- Posiblemente, polas referencias que fai, é un home que viaxou polo Oriente Medio e Asia Menor e que coñece o pensamento persa e helénico.
Aínda que tamén hai que dicir que na fin do libro hai dous pequenos engadidos obra de autores posteriores:
- O párrafo que comeza dicindo "Qohelet foi un gran sabio...", unha glosa biográfica obra seguramente dun discípulo.
- A frase final, unha reflexión piadosa totalmente contrario ao contido de todo o libro.
En canto á data de composición, tendo en conta á linguaxe e o dito sobre a influencia persa e helenista, habería que situalo no posexilio, na época de dominación persa, antes da expansión do imperio de Alexandre Magno. É dicir, entre a fin do século V e os inicios do século IV antes de Cristo.
Véxase tamén
Bibliografía
- A Biblia. Santiago de Compostela: SEPT. 1989. ISBN 84-7337-036-8.
- SCHMIDT, Werner H. (1983). Introducción al Antiguo Testamento. Salamanca: Sígueme. ISBN 84-301-0916-1.
Outros artigos
Libro anterior: Proverbios |
Levítico (Libros sapienciais) |
Libro seguinte: Cantar dos Cantares |