Diferenzas entre revisións de «Robert Koch»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Ort.
m
m (Ort.)
Fixo os estudos de [[Ciencias Naturais]] despois de Medicina en [[Göttingen]]. Tivo como profesor a [[Jacob Henle]], un defensor da teoría microbiana proposta par [[Louis Pasteur]] en [[1860]]. Foi médico-adxunto no hospital de [[Hamburgo]]. Posuía un espírito aberto moi salientábel, pois interesouse por ámbitos tan dispares como a [[arqueoloxía]], a [[antropoloxía]] ou a [[parasitoloxía]].
 
Foi o primeiro, en [[1876]], que logrou o cultivo do [[Bacillus anthracis|bacilo]] do [[ántrax]], que fora descuberto en [[1850]] polos franceses [[Pierre Rayer|Rayer]] e [[Casimir Davaine|Davaine]]. Para tal ocasión desenroloudesenvolveu varias técnicas novidosas de coloración, de posta en cultivo e máis de identificación de xermes. En [[1880]], asumiu a xefatura do laboratorio de bacterioloxía de [[Berlín]]. En [[1882]], illou o [[bacilo (forma)|bacilo]] da [[tuberculose]], pondo a punto un método de cultivo ''[[in vitro]]'' e reproducindo a enfermidade en animais a partir da cepa cultivada, probando que o xerme era total responsábel da doenza e invalidando así a teoría celular de [[Rudolf Virchow|Virchow]]. Este xerme, ao que se lle deu o seu nome como [[bacilo de Koch]], foi nomeado cientificamente [[Mycobacterium tuberculosis]]. Esta descuberta entrañaba a utilización de medidas de [[hixiene]] para loitar contra a transmisión da enfermidade. Koch foi tamén quen descubriu a ''tuberculina'', un extracto do bacilo, e o seu papel no diagnóstico da enfermidade. É dicir, achou un principio para o tratamento da tuberculose.
 
En [[1883]], durante unha expedición en [[Exipto]], Koch illou o axente microbiano da [[cólera]] (''[[Vibrio cholerae]]'') con a colaboración de [[Gaffky]] e de [[Bernhard Fischer]]. Probou, de aí a un tempo, o rol da auga na transmisión desa enfermidade. Porén Koch non o probou en experimentos protocolarios. A bacteria fora illada antes polo anatomista italiano Filippo Pacini en 1854, mais o seu traballo ficara esquecido, debido ao predominio das teorías dos miasmas nas explicacións teóricas das orixes das enfermidades. A descuberta de Koch, que ignoraba o labor de Pacini, foi independente e tivo maior relevancia en orde a combater o cólera. En 1965, porén a bacteria foi rebautizada como "Vibrio cholerae Pacini".
* O microorganismo debe estar presente en todos os animais enfermos e ausente nos animais sans.
* O microorganismo debe ser desenvolvido en cultivo puro no exterior dos animais enfermos.
* Un animal san inoculado co tal cultivo puro debe desenrolardesenvolver a enfermidade con todos os seus síntomas.
* O microorganismo illado dese animal debe ser idéntico ao anteriormente aillado.
 
43.063

edicións

Menú de navegación