Nora (máquina hidráulica): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Modifico: de:Schöpfwerkde:Schöpfrad
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21: Liña 21:


[[Categoría:Hidráulica]]
[[Categoría:Hidráulica]]
[[Categoría:Arquitectura popular]]


[[ar:نواعير حماة]]
[[ar:نواعير حماة]]

Revisión como estaba o 27 de setembro de 2012 ás 16:00

Nora en Algeciras, (España).
Nora de tracción animal.

Unha nora ou noria é unha máquina hidráulica que serve para extraer auga seguindo o principio do rosario hidráulico. Consiste nunha gran roda con aletas transversais que se coloca parcialmente somerxida nun curso de auga, o cal, grazas ás paletas, imprime á roda un movemento continuo. Esta posúe no seu perímetro unha fileira de recipientes (usualmente canxiróns ou alcatruces) que, co movemento da roda se enchen de auga, a elevan e a depositan nun conduto asociado á nora que a distribúe. Existen tamén noras para tirar auga de pozos, nas que o movemento se consigue xeralmente utilizando tracción animal.

Funcionamento

O funcionamento consiste en que a nora se encontre semimergullada nunha canle de auga ouacequia e, coa forza da auga impulsa unhas palas de perfil plano e produce o xiro desta. Nos seus extremos leva uns caixóns ou "canxiróns" que, ao mesmo tempo, énchense de auga e, ao chegar á parte superior, soltan a auga nunha canle de recollida polo que é capaz de levantar a auga á altura do diámetro da nora.

A nora na península Ibérica

As noras son orixinarias do Oriente Medio e foron introducidas na península Ibérica en tempos da invasión musulmá. Utilizáronse principalmente para regas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas