Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións
engado algo de etimoloxía |
engado información de es.wiki, pt.wiki e fr.wiki e imaxes |
||
Liña 8: | Liña 8: | ||
O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', topónimo da localidade de [[Tarascon-sur-Ariège]], en [[Ariège]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]]. |
O termo '''tarasca''' ven de ''Tarasque'', topónimo da localidade de [[Tarascon-sur-Ariège]], en [[Ariège]], [[Francia]]. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa [[Marta]]. |
||
== |
== Lendas == |
||
=== A Coca de Redondela === |
|||
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto. |
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto. |
||
Liña 20: | Liña 21: | ||
|isbn = ISBN 84-8302-363-6 |
|isbn = ISBN 84-8302-363-6 |
||
}}</ref> |
}}</ref> |
||
=== A tarasca === |
|||
[[Ficheiro:Old postcard of Saint Martha celebration in Tarascon.jpg|miniatura|A tarasca de Tarascón levada cunha cinta por unha peqena Santa Marta.]] |
|||
Según conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Según se conta era unha especie de [[dragón]] con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cunha de sapoconcho na súa espalda e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun [[escorpión]]. A súa cabeza era coma a dun [[león]] con orellas de [[cabalo]].<ref>Légende dorée, [http://abbaye-saint-benoit.ch/voragine/tome02/106.htm Sainte Marthe], traduction Roze, tome 2, 1902 {{fr}}</ref> |
|||
[[Ficheiro:Abellon-Mag2.jpg|miniatura|Santa Marta e o dragón, atribuído a André Abellon, pintor dominico. Igrexa de María Magdalena en [[Saint-Maximin-la-Sainte-Baume]], [[Var (departamento)|Var]] ([[Francia]]).]] |
|||
O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e convirteu a moitos deles ó [[cristianismo]]. Arrepentidos de dar morte ó domado monstruo, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón. |
|||
Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola [[UNESCO]] como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado ''Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.<ref>[http://www.unesco.org/culture/ich/index.php?lg=es&RL=00153 Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia] {{es}}, {{fr}}, {{en}} e {{ar}}</ref> |
|||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 25 de setembro de 2012 ás 08:37
A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.
Etimoloxía
A primeira referencia documentada do termo coca é a de coquetriz atopada nun texto galego de Ourense datado en 1437. O texto dicía que a coquetriz era un dragón que levaban os zapateiros na procesión do Corpus. Deste documento asúmese que o nome deriva da palabra latina cocatrix, é dicir crocodilo. Noutro documento posterior tamén atopado en Ourense, de mediados do século XV (1441), xa se usan uns nomes moi semellantes ó actual, coqa e qoqa.[1]
O termo tarasca ven de Tarasque, topónimo da localidade de Tarascon-sur-Ariège, en Ariège, Francia. Este nome ten a súa orixe nunha lenda sobre Santa Marta.
Lendas
A Coca de Redondela
A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.
Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [2]
A tarasca
Según conta a lenda, esta criatura vivía en Tarascón, Provenza, e destruía todo ó seu paso. Según se conta era unha especie de dragón con seis patas parecidas ás dun oso, un torso parecido ó dun boi cunha cunha de sapoconcho na súa espalda e unha cola cuberta de escamas que terminaba no aguillón dun escorpión. A súa cabeza era coma a dun león con orellas de cabalo.[3]
O Rei de Tarascón mandara atacar sen éxito á tarasca con tódolos seus soldados, pero Santa Marta encantou á besta coas súas pregarias, e volveu á cidade coa besta domada. Os habitantes aterrorizados atacaron á criatura ó caer a noite, que morreu alí mesmo sen ofrecer resistencia. Entón Santa Marta predicou un sermón á xente e convirteu a moitos deles ó cristianismo. Arrepentidos de dar morte ó domado monstruo, os habitantes cambiaron o nome do pobo a Tarascón.
Desde o 25 de novembro de 2005, as festas da tarasca en Tarascón foron proclamadas pola UNESCO como parte do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade e foron inscritas no 2008 dentro do apartado Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia.[4]
Notas
- ↑ Concello de Redondela (ed.). "Festa da Coca ´2012". Consultado o 8 de agosto de 2012.
- ↑ Xoán Ramiro CUBA, Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA (1999). Diccionario dos seres míticos galegos (Edicións Xerais de Galicia ed.). Vigo. p. 84-85. ISBN ISBN 84-8302-363-6
|isbn=
incorrecto: invalid character (Axuda). - ↑ Légende dorée, Sainte Marthe, traduction Roze, tome 2, 1902 (en francés)
- ↑ Xigantes e dragóns procesionais de Bélxica e Francia (en castelán), (en francés), (en inglés) e (en árabe)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coca |
Outros artigos
Bibliografía
- Xoán Ramiro CUBA, Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA (1999). Diccionario dos seres míticos galegos (Edicións Xerais de Galicia ed.). Vigo. p. 403. ISBN ISBN 84-8302-363-6
|isbn=
incorrecto: invalid character (Axuda).