Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiño
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Bibliografía: arranxiño na cita libro
Liña 19: Liña 19:
|título = [[Diccionario dos seres míticos galegos]]
|título = [[Diccionario dos seres míticos galegos]]
|autor = [[Xoán Ramiro Cuba|Xoán Ramiro CUBA]], [[Xosé Miranda|Xosé MIRANDA]] e [[Antonio Reigosa|Antonio REIGOSA]]
|autor = [[Xoán Ramiro Cuba|Xoán Ramiro CUBA]], [[Xosé Miranda|Xosé MIRANDA]] e [[Antonio Reigosa|Antonio REIGOSA]]
|edición = [[Vigo]]: [[Edicións Xerais de Galicia]]
|localización= [[Vigo]]
|edición = [[Edicións Xerais de Galicia]]
|ano = [[1999]]
|ano = [[1999]]
|páxinas = 403
|isbn = ISBN 84-8302-363-6
}}
}}



Revisión como estaba o 24 de setembro de 2012 ás 22:59

A Tarasca de Santa Marta, procesión do Corpus Crhisti en Valencia.

A coca ou tarasca é un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. É un animal monstruoso con corpo de dragón e cola de serpe, e do lombo nácenlle dúas enormes ás, semellantes ás dos morcegos. Ten catro patas armadas de fortes gadoupas, e na súa faciana aluman uns ollos terribles, sobre unha enorme boca con agudos dentes.

Lenda

A tradición di que se presentou un día en Redondela. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.

Pénsase que aí ten a súa orixe a danza das espadas e o baile das penlas, cos que anualmente se celebra a morte da coca. Tamén se teñen datos de outras cocas en Galicia: en Verín, en Baiona (que era de Sabarís), en Betanzos (chamada Camelo), A Coruña (chamada Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra (que a mataron uns mariñeiros dunha pequena nao), Ribadavia (Becha), Compostela e Tui. [1]

Notas

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (1999:84-85).

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía