Erzsébet Báthory: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: pt:Isabel Bathory
Paradanta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:


[[Categoría:Hungría|Bathory, Erzsebet]]
[[Categoría:Hungría|Bathory, Erzsebet]]
[[Categoría:Nados en 1560|Bathory]]


[[ar:إليزابيث باثوري]]
[[ar:إليزابيث باثوري]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2012 ás 10:42

Erzsébet Báthory

Erzsébet Báthory (Alžbeta Bátoriová-Nádašdy en eslovaco, 15601614) foi unha condesa húngara, considerada a máis famosa asasina en serie da historia húngara e eslovaca, coñecida como a condesa sanguiñolenta. Viviu a maior parte da súa vida no costelo de Csejte. Ela e catro colaboradores foron acusados de torturar e asasinar a numerosas raparigas, entre 20 e 2000. En 1610 foi condenada a confinamento solitario ata a súa morte.
Algúns historiadores contemporáneos sosteñen que os crimes foron invencións dos seus inimigos políticos.

Biografía

Naceu en Nyírbátor, aínda que pasou a súa infancia no castelo de Ecsed, aos once anos a súa familia prometeuna con Ferenc Nádasdy e trasladouse ao castelo de Sárvár, en 1575 casou con el, quen lle outorgou o castelo de Csejte como regalo de vodas. O seu marido morreu en 1602 ou 1604.
Descoñécese cando comezou cos seus crimes, tanto o seu home como os seus familiares coñecían o que estaba facendo, pero non interviron, e progresivamente aumentou a súa brutalidade. En 1610 debido aos rumores e inquedanzas polo gran número de desaparicións na zona, o conde György Thurzó, primo da condesa, pon fin á masacre ao entrar con seus soldados no castelo.