Retórica: Diferenzas entre revisións
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Erretorika |
m Bot: Engado: lv:Retorika |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[li:Retorica]] |
[[li:Retorica]] |
||
[[lt:Retorika]] |
[[lt:Retorika]] |
||
[[lv:Retorika]] |
|||
[[mk:Реторика]] |
[[mk:Реторика]] |
||
[[mr:संभाषण कला]] |
[[mr:संभाषण कला]] |
Revisión como estaba o 22 de setembro de 2012 ás 15:49
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Lausberg, no seu Manual de Retórica Literaria, define esta como a arte ou a técnica que consiste na sistematización e explicitación do conxunto de instrucións ou regras que permiten a construción dunha clase de discursos que son codificados para influír persuasivamente no receptor. Debemos ademais de entender por retórica a ciencia que se ocupa do estudo de ditos recursos nos seus diferentes aspectos.
A retórica como ciencia atende tanto á organización textual como ás relacións que dita organización posúe co relator, o público, o referente e o contexto comunicativo. Esta realidade fai necesario distinguir entre o texto ou discurso retórico, por unha banda, e o feito retórico, pola outra:
- A composición do texto ou discurso retórico desenvólvese por medio dos seguintes procedementos ou fases: intelectio, inventio, dispositio, elocutio, memoria e actio.
- O feito retórico, o acto oratorio ante o auditorio ten as seguintes partes: exordium (presentación), narratio (exposición), argumentatio (argumentación), peroratio (conclusión con finalidade conativa)
Historicamente, a retórica é a disciplina clásica do discurso, e ten, ademais, unha función pragmática: convencer ó interlocutor de que unha causa é xusta. Mais a retórica evolucionou moito desde Aristóteles. Hoxe en día, desde unha perspectiva estilística, lingüística e semiótica, obsérvase un renovado interese, que pretende a consecución dunha retórica xeral que teña como obxecto todo texto, as estruturas extratextuais asociadas, a explicación da complexa produción do discurso e o seu tratamento artístico.
Se só nos preocupa o texto literario, a disciplina que se basea na adecuación do instrumental retórico para o estudio literario e do feito literario como fenómeno de produción e recepción social, denomínase poética.