Xoán Cuveiro Piñol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Liña 13: Liña 13:
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Nados en 1821]]
[[Categoría:Finados en 1906]]

Revisión como estaba o 22 de setembro de 2012 ás 06:09

Xoán Cuveiro Piñol, nado na Coruña o 28 de maio de 1821 e finado en Valladolid o 13 de maio de 1906, foi un lingüista e escritor galego.

Traxectoria

Integrouse dentro da ideoloxía rexionalista. Emigrou para Cuba, onde estreou a súa obra Pedro Madruga (1897). Aínda que polo título semella que a obra xira en torno á figura de Pedro Álvarez Soutomaior (Pedro Madruga), este drama está baseado sobre todo nunha historia de amor, de maneira que a figura de Pedro Madruga perde protagonismo.

Tamén é autor de poemas, do estudo sobre a lingua galega El Habla Gallega. Observaciones y Datos sobre su Origen y Vicisitudes (1868), dun Diccionario gallego (1876), a versión galega dunha biografía de Calderón de la Barca editada en Granada en 1881 (en colaboración con Vicente Gutiérrez Piñeiro) e Iberia: protohistoria y rectificaciones de algunos hechos históricos (1891).

Colaborou en A Monteira e Revista Gallega e promoveu diversas publicacións periódicas en Pontevedra como Las Musas del Lérez, El Circulador, La Distracción, El Vociclero, El Libre Pontevedrés, La Opinión e La Revista.