Diferenzas entre revisións de «Guerra das Malvinas»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Se ben coa chegada da Royal Navy e a inutilización do Santa Fe a flota arxentina repregárase a posicións máis próximas ó continente, o almirante Fieldhouse desexába firmemente que ficara atracada en porto. Non estaba disposto a arrisca-los seus preciosos buques en batallas navais como as da Segunda Guerra Mundial. Para iso precisáballe asestar un golpe brutal, algo que convencese ós seus almirantes e á Xunta de que saír ó mar era a peor idea posible. Tamén lle facía falla un golpe propagandístico definitivo que ofrecer a Londres, alén da recuperación duns escuros illotes e o éxito dunhas operacións de bombardeo aínda medio segredas.
 
Para o día 30 de abril as unidades máis relevantes da forza de operacións británica xa configuraran dous grupos de operacións na zona das Malvinas, compostos por dous portaavións (HMS Hermes e HMS Invincible), catro destrutores (HMS Glamorgan, HMS Conventry, HMS Glasgow e HMS Sheffield), catro fragatas (HMS Broadsword, HMS Alacrity, HMS Arrow e HMS Yarmouth) e dous buques petroleiros e de suministrosfornecemento (Olmeda e Resource). Coa súa posición así consolidada, o Reino Unido declarou unha «zona de exclusión total» (ZET) de 200 [[milla|mi]] náuticas derredor do arquipélago, cuxo centro non estaba ben definido. Calquera buque ou aeronave arxentino achado dentro destas augas podería ser atacado sen previo aviso. O certo é que, como vimos, a flota arxentina decidira afastarse da área por iniciativa propia en tres grupos moi espallados. O Xeneral Belgrano e os seus dous escoltas patrullaban os bancos de Burdwood, sitos na beira sur desta zona de exclusión. Non semella probable que buques tan antigos cometesen a imprudencia de penetrar na zona prohibida. O mesmo día 30 de abril foron detectados polo submarino nuclear HMS Conqueror, procedente da reconquista das illas Xeorxias do Sur.
 
Londres preferiría ter ben emprazado ó ''25 de Maio'', único portaavións da Armada Arxentina. O Xeneral Belgrano, sen embargo, era o segundo buque máis grande do Grupo de Tareas 79 (nome dado á Flota de Mar arxentina durante o conflito das Malvinas. Sobre o mediodía do [[2 de maio]], e pese a que había unha proposta de paz do Presidente á man sobre a mesa, o goberno de Margaret Thatcher autorizou o afundimento do Xeral Belgrano cos seus 1.093 tripulantes.
Ás 15:00 do 2 de maio de 1982, con ondas de 12 [[metro|m]], vento de 120 km/h e temperatura ambiente por debaixo de 10 ºC baixo cero, o capitán do HMS Conqueror, Chris Wreford-Brown ordeou zafarrancho de combate e carga-los tubos lanzatorpedos con vellos Mk 8 (considerados máis fiables que os novos Tigerfish). Cada un destes torpedos non guiados cargaba 363 qg de alto explosivo. En ningún momento o grupo de tarefas 79.3 deuse de conta de que o ataque era inminente. Sobre as 16:00, e a corta distancia, Wreford-Brown deu a orde de disparar tres torpedos. Un deles puido alcanzar ó Hipólito Bouchard, pero se así foi, non estoupou. Os outros dous deron de cheo ó Xeneral Belgrano. O primeiro alcanzou a sala de máquinas de popa abrindo un furado de 20 m, partindo a quilla e matando a 272 tripulantes. O segundo deu na proa, o que fixo desaparecer 15 m de barco, pero aparentemente sen causar vítimas.
 
O buque estaba perdido. Ás 16:24 o capitán Héctor Bonzo ordenou evacualo. O seu destrutor de escolta ''Piedrabuena'' lanzouse á caza do submarino, pero Wreford-Brown evadiuse fácilmentefacilmente dun buque tan antigo. Non obstante, durante os seguintes días habería sucesivas tentativas de afundir ó HMS ''Conqueror'', todas elas infructuosasinfrutuosas. Voltaría ó Reino Unido despois da guerra, ondeando a ''Jolly Roger'' (a bandeira pirata negra coa caveira e as tépedas cruzadas, símbolo de vitoria na Mariña Británica dende principios da Idade Moderna).
 
323 mariños arxentinos perderon a vida (a metade do total de mortos arxentinos durante o conflito) como consecuencia do afundimento do Xeral Belgrano, que non caeu ben na escena internacional. En moitos países considerárono un emprego desproporcionado da forza sobre un buque obsoleto, con moita tripulación a bordo -en boa parte, mariñería de recruta- e fóra da TEZ, reforzando as posturas [[pacifismo|pacifistas]] en gobernos e cidadanía de todo o mundo. Nembargantes, no Reino Unido foi ocasión de celebracións populares e portadas de xornais como [http://newsimg.bbc.co.uk/media/images/40067000/jpg/_40067978_gotchalong.jpg esta do xornal ''The Sun'']. Por outra banda, outros medios de prensa, comezaron a asomar posturas moderadas e incluso contrarias á guerra, ante tal perda de vidas. Hai posturas que consideran ó afundimento do Belgrano como un críme de guerra xa que este se atopaba fóra da zona de exclusión imposta polo Reino Unido no momento en que foi afundido.
 
 
{| border=1 cellpadding=2 cellspacing=0 align=right style="margin-left:1em;margin-bottom:1em" {{tablabonita}}
|+''Saldo ada batalla''
!Perdas arxentinas!!Perdas británicas
|-----------------
| • 323 mortos.|| • Ningunha.
|}
 
323 mariños arxentinos perderon a vida (a metade do total de mortos arxentinos durante o conflito) como consecuencia do afundimento do Xeral Belgrano, que non caeu ben na escena internacional. En moitos países considerárono un emprego desproporcionado da forza sobre un buque obsoleto, con moita tripulación a bordo -en boa parte, mariñería de recruta- e fóra da TEZ, reforzando as posturas [[pacifismo|pacifistas]] en gobernos e cidadanía de todo o mundo. Nembargantes, no Reino Unido foi ocasión de celebracións populares e portadas de xornais como [http://newsimg.bbc.co.uk/media/images/40067000/jpg/_40067978_gotchalong.jpg esta do xornal ''The Sun'']. Por outra banda, outros medios de prensa, comezaron a asomar posturas moderadas e incluso contrarias á guerra, ante tal perda de vidas. Hai posturas que consideran ó afundimento do Belgrano como un críme de guerra xa que este se atopaba fóra da zona de exclusión imposta polo Reino Unido no momento en que foi afundido.
 
Aínda que os plans navais arxentinos foran frustrados, aínda Arxentina agochaba un ás debaixo da manga, a súa Forza Aérea, que a partires do afundimento do Belgrano comezaría a infrinxir importantes baixas ás Forzas de Tarefas Británicas ----
17.175

edicións

Menú de navegación