Freia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 16: | Liña 16: | ||
Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, [[gato]]s da raza chamada ''“Bosque de [[Noruega]]”''). O seu símbolo é o colar ''“Brisingamen”'', forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar [[lágrima]]s de [[ouro]] que se transforman en [[ámbar]], pedra que a simboliza e que, ademais, é denominada tamén ''“lágrimas de Freia”''. |

Entre as súas posesións destaca, á parte do seu carro, un manto máxico de [[pluma]]s que a converte en falcón. |
Entre as súas posesións destaca, á parte do seu carro, un manto máxico de [[pluma]]s que a converte en falcón. |
||
== Véxase tamén == |
|||
=== Outros artigos === |
|||
*[[Lista de deuses xermánicos]] |
|||
{{Mitoloxía nórdica}} |
{{Mitoloxía nórdica}} |
Revisión como estaba o 20 de setembro de 2012 ás 16:15
Freia, tamén chamada Freyja é a deusa nórdica do amor e da fertilidade. Tamén é a muller do deus Óðr.
Nomes
Existen dúas grafías para o nome de esta deusa: “Freyja” e “Freya”, usadas indistintamente nas diferentes linguas xermánicas e escandinavas. En castelán, porén, a forma normalmente utilizada é a segunda, “Freya”. En galego, pódese utilizar a forma alternativa “Freia”, que respectando a fonética orixinal da palabra, adecúase máis a unha grafía propiamente galega. O seu nome significa “A Señora”.
Historia
Freia é, como tódolos Vanes, unha deusa da fertilidade, e, como seu irmán Frey, deusa do amor. Así mesmo, a máis fermosa de entre as deusas tamén é considerada deusa da sensualidade, a sexualidade e a riqueza, personificando as forzas sagradas da vida. Polas súas características, tamén se lle considera a deusa protectora da primavera e de tódalas criaturas asociadas a ela: as flores, as andoriñas, os cucos, as fadas e elfos, a música, etc.
Tamén é unha gran maga, experta na lectura das runas máxicas, os trances e o lanzamento de conxuros, sabedoría que transmitiu ó resto dos deuses, e en particular, a Odín, a quen se dí que lle ensinou a arte do Seidr. A estreita relación entre Odín e Freia queda máis patente aínda se temos en conta que esta última é tamén considerada líder das Valkyrias, e neste rol, repártese ás medias con Odín os heroes mortos en batalla, sendo polo tanto asociada tamén en certo modo á morte.
Xenealoxía
Filla do deus do vento e dos mares Njord e da xiganta Skadi, é irmá de Frey e a muller do seu amado, pero a miúdo ausente deus viaxeiro Orlorval.
Atributos
Freia, a fermosa deusa, é a miúdo representada cunha longa cabeleira loira, montada no seu carro tirado por dous gatos dos bosques (máis en concreto, gatos da raza chamada “Bosque de Noruega”). O seu símbolo é o colar “Brisingamen”, forxado polos ananos con estrelas. Tamén é coñecida por chorar lágrimas de ouro que se transforman en ámbar, pedra que a simboliza e que, ademais, é denominada tamén “lágrimas de Freia”. Entre as súas posesións destaca, á parte do seu carro, un manto máxico de plumas que a converte en falcón.